30/03/2026
📣O Pleno do Concello aprobaba hoxe solicitar ás administracións autonómica e central, competentes en materia de atención á dependencia, avancen cara ao financiamento íntegro dende o 2027 do Servizo de Axuda no Fogar, recurso clave para facilitar que moitos maiores con problemas de autonomía persoal poidan ficar nos seus domicilios👴👵. O asunto debatido na sesión plenaria deste mediodía a proposta dos nacionalistas concitou o respaldo de todos os grupos agás do PP. O rexedor sinalou que a recente suba da contía autonómica outorgada por hora resulta insuficiente, e reclamou que a Xunta asuma dunha vez por todas a prestación do servizo.
👉Prosperaron ademais asuntos como a adhesión a un convenio entre Fegamp e Xunta para dar soporte á administración dixital; cambios “técnicos” nos proxectos de mellora da rede de abastecemento de auga que se incluídos nos POS+ Adicional, a normativa de participación nas redes sociais oficiais; e a moción dos nacionalistas a prol da igualdade e fronte ao rearmamento do machismo.
Máis info en https://acortar.link/KHyfK0 🔗