Terra Galega Narón

Terra Galega Narón Páxina oficial TEGA Narón
Traballamos para seguir transformando Narón na cidade que todas/os queremos Centrista na búsqueda dos consensos.

Os principios ideolóxicos que han de rexer a acción política de Terra Galega son os seguintes:

1) TERRA GALEGA potenciará a identidade nacional de Galicia, definindo noso país como unha comunidade diferenciada que defenda os nosos intereses históricos, culturais, lingüísticos, económicos en pé de igualdade e equilibrio con outros pobos do Estado español, de Europa e do mundo.

2) TERRA GALEG

A defínese como unha forza política democrática, galeguista, dentro do marco da Constitución e do Estatuto da Autonomía, na súa capacidade de unificar nunha soa dirección a forza máis xenuína dos pobos que se organizan dende abaixo, con plena conciencia de responsabilidade compartida. Progresista nos seus posicionamentos estratéxicos cara o desenvolvemento da nosa sociedade.

3) TERRA GALEGA é un partido que defende a autonomía local, no marco da cooperación e solidaridade para o desenvolvemento de Galicia.

4) TERRA GALEGA asume un concepto de ecoloxismo racional, moderno e imaxinativo que harmonice o progreso económico da nosa terra co mantemento da riqueza do medio natural galego e a calidade de vida dos nosos cidadáns e cidadás.

5) TERRA GALEGA defende as liberdades individuais e colectivas nunha sociedade inspirada nos valores da solidariedade e igualdade dos homes e mulleres con todos os dereitos ao traballo, educación, saúde, vivenda, e servizos sociais sen discriminacións ideolóxicas, sexistas, racistas ou de calquera outro tipo.


6) TERRA GALEGA outorga ao sector público galego peso prioritario en aspectos fundamentais para a sociedade galega,como a sanidade e a educación que deben orientarse á consecución dunha orde social máis xusta e solidaria para asegurar a todos os cidadáns unhas condicións de vida dignas.

7) TERRA GALEGA desexa implantar unha organización administrativa moderna e eficaz, que rompa a actual dicotomía inxusta entre a Galicia urbana e a rural, de comarcas prósperas e pobres que marcan diferenzas que compre superar.

8) TERRA GALEGA aposta por vertebrar unha sociedade de economía produtiva e competitiva, sostible, que incentive o esforzo e a creatividade para xerar riqueza e emprego, consolidando un entorno fiscal e laboral que favoreza novas iniciativas empresariais e da defensa das xustas reivindicacións dos traballadores/as e desenvolvemento das que existen para consolidar e fortalecer o estado do benestar.

9) TERRA GALEGA traballa por unha sociedade máis xusta, solidaria e libre entendendo a política coma un exercicio de servizo as persoas.

🌊🤝📜 Día histórico para a nosa cidade! Despois de moitos anos, por fin acadamos un acordo xusto con Ferrol sobre o custo ...
11/06/2026

🌊🤝📜 Día histórico para a nosa cidade! Despois de moitos anos, por fin acadamos un acordo xusto con Ferrol sobre o custo do servizo de depuración de augas que establece o pago en función dos caudais reais vertidos ao sistema.

🎭💃🎶✨🌟🎉 Presentación de "Congostra", o novo espectáculo do Grupo Alxibeira do Padroado da Cultura! 🎉Apuntade nas axendas:...
10/06/2026

🎭💃🎶✨🌟🎉 Presentación de "Congostra", o novo espectáculo do Grupo Alxibeira do Padroado da Cultura! 🎉Apuntade nas axendas: o sábado 11 de xullo, ás 21:00 h, no Pazo da Cultura. Non volo perdades!! ⬇️⬇️

⚠️ Atención familias, aberto desde hoxe o prazo de inscrición para os Campamentos culturais no Pazo!! ⬇️⬇️
09/06/2026

⚠️ Atención familias, aberto desde hoxe o prazo de inscrición para os Campamentos culturais no Pazo!! ⬇️⬇️

☀🕺📽👧🏽👦🏻🎸🧩 Atención, mañá martes abriremos o prazo de inscrición para os "Campamentos culturais no Pazo" cun total de 225 prazas!!

A matrícula estará aberta ata o 14 de xuño, debendo formalizarse de forma presencial no Pazo da Cultura ou a través da Sede Electrónica, con preferencia para as nenas e nenos empadroados en Narón.

O campamento desenvolverase cada día de 9:00 a 14:00 h (haberá servizo de madrugadores de 8:00 a 9:00 h) e entre as actividades que se levarán a cabo estarán xogos tradicionais, baile, música con instrumentos galegos, teatro, cine, excursións pola contorna, etc.

Haberá tres quendas:
📅 Do 6 ao 17 de xullo
📅 Do 20 ao 31 de xullo
📅 Do 3 ao 14 de agosto

E tres grupos de idade:
👉🏻 De 3 a 5 anos
👉🏻 De 6 a 9 anos
👉🏻 De 10 a 12 anos

🎫 O prezo da matrícula será de 80 € por nena/o e quenda.

💻 Sede Electrónica: https://sedeelectronica.naron.es -> Información Pública -> Actividades -> Actividades do Padroado da Cultura

https://naron.gal/cat/gal/novas/get/7061
-------------------------
☀🕺📽👧🏽👦🏻🎸🧩 ¡Atención, mañana martes abriremos el plazo de inscripción para los "Campamentos culturai no Pazo" con un total de 225 plazas!

La matrícula estará abierta hasta el 14 de junio, debiendo formalizarse de forma presencial en el Pazo da Cultura o a través de la Sede Electrónica, con preferencia para las niñas y niños empadronados en Narón.

El campamento se desarrollará cada día de 9:00 a 14:00 h (habrá servicio de madrugadores de 8:00 la 9:00 h) y entre las actividades que se llevarán a cabo estarán juegos tradicionales, baile, música con instrumentos gallegos, teatro, cine, excursiones por la zona, etc.

Habrá tres turnos:
📅 Del 6 al 17 de julio
📅 Del 20 al 31 de julio
📅 Del 3 al 14 de agosto

Y tres grupos de edad:
👉🏻 De 3 a 5 años
👉🏻 De 6 a 9 años
👉🏻 De 10 a 12 años

🎫 El precio de la matrícula será de 80 € por niña/o y turno.

💻 Sede Electrónica: https://sedeelectronica.naron.es -> Información Pública -> Actividades -> Actividades do Padroado da Cultura

🏗️♿️ Avanzan a bo ritmo as obras de accesibilidade na zona da praza do Concello, en Xuvia!!⬇️⬇️
23/04/2026

🏗️♿️ Avanzan a bo ritmo as obras de accesibilidade na zona da praza do Concello, en Xuvia!!
⬇️⬇️

🏗️👷‍♀️🔨🚶‍♀️♿️ As obras de mellora da accesibilidade na contorna da praza do Concello (en Xuvia) avanzan a bo ritmo. Con esta intervención reformamos doce esquinas de cruzamentos e máis de 400 metros cadrados de beirarrúas lineais, garantindo un itinerario continuo e accesible. Tamén traballamos na pavimentación de cruces na rúa Foro, cubrindo unha superficie de preto de 300 metros cadrados. 🚧

A alcaldesa, Marián Ferreiro, xunto co concelleiro de Obras, Pablo Mauriz, estiveron comprobaron sobre o terreo o avance destes traballos que buscan adaptar este espazo urbano ás necesidades actuais de mobilidade peonil.

O investimento total ascende a algo máis de 63.500 euros, financiados a través do plan provincial, e a estimación é que os traballos estean completados este verán.🌞

Agradecemos a vosa paciencia e apoio mentres seguimos traballando para facer de Narón un lugar máis accesible e acolledor para todas e todos. ❤️

https://naron.gal/cat/gal/novas/get/7007
---------------
🏗️👷‍♀️🔨🚶‍♀️♿️ Las obras de mejora de la accesibilidad en el entorno de la plaza do Concello (en Xuvia) avanzan a buen ritmo. Con esta intervención reformamos doce esquinas de cruces y más de 400 metros cuadrados de aceras lineales, garantizando un itinerario continuo y accesible. También trabajamos en la pavimentación de cruces en la calle Foro, cubriendo una superficie de cerca de 300 metros cuadrados. 🚧

La alcaldesa, Marián Ferreiro, junto con el concejal de Obras, Pablo Mauriz, estuvieron comprobaron sobre el terreno el avance de estos trabajos que buscan adaptar este espacio urbano a las necesidades actuales de movilidad peatonal.

La inversión total asciende la algo más de 63.500 euros, financiados a través del plan provincial, y la estimación es que los trabajos estén completados este verano.🌞

Agradecemos vuestra paciencia y apoyo mientras seguimos trabajando para hacer de Narón un lugar más accesible y acogedor para todas y todos. ❤️

🗣️Á asemblea convocada pola asociación Altea en Xuvia para tratar o tema da inseguridade no barrio asistiu a nosa alcald...
18/04/2026

🗣️Á asemblea convocada pola asociación Altea en Xuvia para tratar o tema da inseguridade no barrio asistiu a nosa alcaldesa, Marián Ferreiro, para escoitar á veciñanza e dar resposta as súas preguntas e demandas.
⬇️⬇️

Onte xoves asistimos á asemblea veciñal convocada pola A.V. Altea de Xuvia para abordar o tema da inseguridade na zona, escoitar de primeira man ás demandas das veciñas e veciños e explicarlles as medidas que tomamos. Como comentamos onte, desde o Concello xa reforzamos a presenza da Policía Local na zona. Ademais, temos levado esta cuestión ás xuntanzas de coordinación que mantemos periodicamente coa Policía Nacional para que haxa un maior control policial, algo que xa está a facer. En todo caso, temos o compromiso de seguir traballando para aumentar a vixilancia no barrio ata que logremos solucionar definitivamente estes problemas de inseguridade que causan unha comprensible inquedanza.

🌹🌷❤️💛💜 Os cemiterios do Val e San Mateo e as inmediacións do Pazo da Cultura (xunto á árbore de Guernika) acolleron as o...
14/04/2026

🌹🌷❤️💛💜 Os cemiterios do Val e San Mateo e as inmediacións do Pazo da Cultura (xunto á árbore de Guernika) acolleron as ofrendas florais conmemorativas do 95º aniversario da proclamación da II República e en memoria das vítimas do franquismo.

Aos actos, organizados polo Concello de Narón e a Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, asistiron Pablo Mauriz e Mar Gómez en representación do noso grupo municipal e Bruno González en nome do partido.

🚆✊🌳 Baixo o lema “Polo dereito ao tren. O tren que esta por vir e non chega” e en demanda da modernización do tren na no...
11/04/2026

🚆✊🌳 Baixo o lema “Polo dereito ao tren. O tren que esta por vir e non chega” e en demanda da modernización do tren na nosa comarca, o Foro Cidadán polo Ferrocarril convocou unha concentración diante da estación de Ferrol, seguida dunha viaxe reivindicativa ata Betanzos, onde se deu lectura a un manifesto no que se expuxeron as principais demandas, como a modernización das liñas Ferrol-A Coruña e Ferrol-Ribadeo, a creación de servizos de proximidade e a súa inclusión y nos grandes eixos ferroviarios.

A nosa concelleira de Transportes, Mar Gómez, e o coordinador local do partido, Ibán Santalla, amosaron coa súa presenza o apoio que desde Terra Galega damos a esta reivindicación tan esencial para que as comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal dispoñan dun servizo ferroviario adecuado ao século XXI.

♀️💪💜 A tradicional Cea das Mulleres, broche final ás celebracións na nosa cidade do Día Internacional da Muller, homenax...
14/03/2026

♀️💪💜 A tradicional Cea das Mulleres, broche final ás celebracións na nosa cidade do Día Internacional da Muller, homenaxeou este ano a Mariluz Pumar Muras, Muller do Ano de Narón 2026, exemplo de fortaleza e resiliencia vitais.

A nosa alcaldesa, Marián Ferreiro, as nosas concelleiras Mar Gómez, Olga Ameneiro e María Lorenzo, ademais de varias compañeiras, asistiron a este acto celebrado no Pazo Libunca.

🌿🤝💚 Compañeiras e compañeiros das nosas candidaturas desfrutamos onte dunha xornada moi especial. Grazas ao voso comprom...
08/03/2026

🌿🤝💚 Compañeiras e compañeiros das nosas candidaturas desfrutamos onte dunha xornada moi especial. Grazas ao voso compromiso e traballo durante todos estes anos, Narón avanzou e converteuse nun lugar con máis oportunidades, servizos e calidade de vida ao que nos sentimos moi orgullosas de pertencer. Xuntas e xuntos demostramos que a unión fai a forza, que con honestidade e buscando o ben común por enriba de calquera outra consideración, todo é posible. Sigamos construíndo un futuro mellor!

👟💪♀️🏃🏿‍♀️🏃‍♀️🏃🏽‍♂️ Imos xa pola quinta edición da "Carreira e Andaina pola Igualdade"!! Vémonos o día 8 na Gándara!⬇️⬇️
19/02/2026

👟💪♀️🏃🏿‍♀️🏃‍♀️🏃🏽‍♂️ Imos xa pola quinta edición da "Carreira e Andaina pola Igualdade"!! Vémonos o día 8 na Gándara!
⬇️⬇️

Dirección

Reis Católicos 9
Narón
15570

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Terra Galega Narón publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Terra Galega Narón:

Compartir