07/09/2026
O MÉRCORES VOLVEMOS
E queremos aproveitar para contarche algo que para nós é esencial:
Que significa acompañar desde un grupo de apoio á lactación materna?
Non significa ter todas as respostas.
Nin dicirche o que tes que facer.
Non significa convencerte de nada.
Acompañar é outra cousa.
É escoitar a túa historia antes de falar.
É poder ofrecerche información veraz e actual para que poidas decidir.
É mirar contigo o que está acontecendo, sen xulgar.
É respectar que a túa decisión pode non ser a que nós tomariamos.
É estar tamén cando as cousas non saen como esperabas.
É celebrar contigo cando todo vai ben.
É facerche sitio.
Porque en BBTTA non buscamos nais que o estean facendo ben.
Ás reunións dos mércores reunímonos mulleres que están vivindo unha etapa enorme das súas vidas.
Cada unha coa súa historia.
Coas súas circunstancias.
Coas súas dúbidas.
Coas súas decisións.
E todas merecen ser escoitadas.
Mércores 9 de setembro, retomamos as reunións de BBTTA.
📍 Sala 5 · Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros
🕔 A partir das 17:00 h
Se estás embarazada, se estás amamantando, se tes dúbidas ou simplemente queres coñecernos… ven.
Non tes que traer preguntas.
Non tes que saber nada.
Non tes que coñecer a ninguén.
Podes vir a estar.
Porque acompañar tamén é isto: ter espazo para que cada muller poida vivir a súa lactación e a súa maternidade sen ter que facelo soa.
Vémonos este mércores en BBTTA.