Biblioteca Pública Municipal de Narón

Biblioteca Pública Municipal de Narón Biblioteca Pública Municipal de Narón

📚 Xa temos aquí as primeiras lecturas desta nova tempada dos nosos Clubs de lectura para persoas adultas con dúas propos...
07/09/2026

📚 Xa temos aquí as primeiras lecturas desta nova tempada dos nosos Clubs de lectura para persoas adultas con dúas propostas ben diferentes para comezar a compartir páxinas, ideas e conversacións:

📖 Club de lectura xeral: "Golpes de luz", de Ledicia Costas, unha novela sobre os segredos familiares, as lembranzas e os vínculos que nos unen.

🌿 Club de lectura feminista: "La vuelta al mundo en 72 días y otros escritos", de Nellie Bly, para achegarnos á escritura e á mirada dunha xornalista pioneira.

As persoas que conseguiron praza para estas actividades xa poden vir a retirar os libros na biblioteca. Que comece a nova tempada! 📖

♟️🎶 Esta semana pechamos cada xornada ao ritmo de François-André Danican Philidor, compositor francés e, curiosamente, u...
07/09/2026

♟️🎶 Esta semana pechamos cada xornada ao ritmo de François-André Danican Philidor, compositor francés e, curiosamente, un dos xogadores de xadrez máis célebres do seu tempo.

Hoxe 7 de setembro fanse 300 anos do seu nacemento e queremos conmemoralo cunha das súas obras musicais: a «Obertura de Le Maréchal ferrant», unha ópera cómica estreada en París en 1761. 🎻

Philidor destacou en dous mundos que, a primeira vista, parecen ben diferentes: a música e o xadrez. Foi compositor de máis dunha vintena de obras musicais, pero tamén publicou en 1749 "Analyse du jeu des Échecs", un tratado fundamental na historia do xadrez. ♟️📖

La Simphonie du MaraisConducted by Hugo Reyne

📚 Se algunha vez unha bibliotecaria ou un bibliotecario deixaron pegada en ti, quizais esta sexa unha boa ocasión para p...
05/09/2026

📚 Se algunha vez unha bibliotecaria ou un bibliotecario deixaron pegada en ti, quizais esta sexa unha boa ocasión para poñelo por escrito.

✍ Con motivo do Día das Bibliotecas, que celebraremos cada ano o 24 de outubro, o Ministerio de Cultura convoca un concurso de microrrelatos moi especial: «Carta a mi bibliotecario/a».

O tema escollido este ano emociona especialmente a quen traballamos nas bibliotecas: recoñecer e poñer en valor as persoas que están detrás destes espazos, acompañando, orientando, facilitando o acceso á información e á cultura e facendo da biblioteca un lugar para todas e todos. ❤️📖

O reto? Escribir un microrrelato en forma de carta a un bibliotecario ou bibliotecaria (reais ou imaxinarios/as), cun máximo de 200 palabras.

Establécense dúas categorías:

👩‍💻 Adultos/as, a partir de 18 anos.
🧑‍🎓 Xuvenil, de 12 a 17 anos.

📝 O prazo para participar está aberto do 3 ao 30 de setembro de 2026.

👉 Consulta as bases completas e participa! bit.ly/3SS9uBM

📚 Unha vez rematado o prazo de preinscrición para a tempada 2026-2027 dos nosos Clubs de lectura, o listado de participa...
04/09/2026

📚 Unha vez rematado o prazo de preinscrición para a tempada 2026-2027 dos nosos Clubs de lectura, o listado de participantes queda da seguinte maneira:

🌿 No Club de lectura feminista, todas as persoas que se preinscribiron no prazo establecido teñen praza, xa que recibimos menos solicitudes que prazas dispoñibles. Outra praza cubriuse hoxe mesmo e nestes momentos queda só unha!

📖 Para o Club de lectura xeral, ao haber máis solicitudes que prazas, realizamos un sorteo esta mañá coa presenza de tres das persoas preinscritas. Na imaxe podedes consultar o resultado mediante os códigos alfanuméricos asignados durante a preinscrición.

💚 Grazas a todas as persoas que queredes seguir compartindo lecturas e conversas connosco! Imos a tope con esta nova tempada! 💪

📚✨ O   de hoxe tráenos "A Lupita le gustaba planchar", de Laura Esquivel, unha novela negra protagonizada por unha perso...
04/09/2026

📚✨ O de hoxe tráenos "A Lupita le gustaba planchar", de Laura Esquivel, unha novela negra protagonizada por unha personaxe pouco convencional que se ve envolta nunha investigación criminal nun mundo marcado pola corrupción, as desigualdades e os intereses ocultos. 🔎

Gústanos esta obra polo seu humor negro e por ter unha protagonista tan imperfecta como fascinante. 😉📖

🌍 Viaxar, descubrir e investigar sen saír da biblioteca! 📚🔎A Axencia de lectura da Gándara incorpora novas coleccións en...
03/09/2026

🌍 Viaxar, descubrir e investigar sen saír da biblioteca! 📚🔎

A Axencia de lectura da Gándara incorpora novas coleccións en DVD ao seu fondo de audiovisuais con dúas propostas moi interesantes:

🏛️ “Patrimonio de la Humanidad”, para descubrir lugares, culturas e marabillas que forman parte do noso patrimonio.

❓“Grandes enigmas de la humanidad”, unha viaxe polos misterios, preguntas e historias que seguen espertando a nosa curiosidade.

Achégate á , que ata o mércores 9 aínda abre co seu horario de verán:

▪ Luns de 10:30 a 13:30
▪ Martes de 18:00 a 21:00
▪ Xoves de 18:00 a 21:00

📚 Xa case volvemos ao horario de inverno! 🍂Lembrámosvos que a partir do mércores 9 de setembro recuperamos o noso horari...
02/09/2026

📚 Xa case volvemos ao horario de inverno! 🍂

Lembrámosvos que a partir do mércores 9 de setembro recuperamos o noso horario habitual. 🕘

Esta é a derradeira semana de horario de verán, así que tomade nota do cambio para non levarvos unha sorpresa na próxima visita á biblioteca. 😉

A Axencia de lectura da Gándara retoma tamén o mércores 9 seu horario de luns a venres de 17:00 a 19:00.

📚✨ Novas lecturas para despedir agosto!Hoxe incorporamos novas obras ao noso fondo de ficción para público adulto, que e...
31/08/2026

📚✨ Novas lecturas para despedir agosto!

Hoxe incorporamos novas obras ao noso fondo de ficción para público adulto, que estarán dispoñibles para o préstamo a partir desta tarde.

Nesta nova selección atoparedes novelas en galego e en castelán e de temáticas moi variadas: intriga e misterio, historias baseadas na vida real, novela romántica, política, temática social... 🔎❤️📖 E tamén hai un pequeno espazo para a poesía cun novo poemario. 🌿

📍 Podedes pasar esta tarde pola biblioteca e escoller a vosa próxima lectura!

🎶 O pasado martes 25 morreu Dolly Parton e con ela marchou non só unha das grandes representantes da música country, sen...
31/08/2026

🎶 O pasado martes 25 morreu Dolly Parton e con ela marchou non só unha das grandes representantes da música country, senón tamén unha apaixonada polos libros, a lectura e a filantropía. 📚🎶

📖 En 1995 creou Dolly Parton’s Imagination Library, un programa de promoción da lectura infantil que comezou no seu Tennessee natal coa intención de facer chegar cada mes un libro gratuíto aos nenos e nenas. Hoxe, máis de 30 anos despois, o programa distribúe millóns de libros cada mes en diferentes países e xa superou os 300 millóns de exemplares entregados. 🌍📚

👨‍👧 A iniciativa tiña, ademais, unha historia moi persoal detrás: o seu pai, Robert Lee Parton, a quen Dolly consideraba unha das persoas máis intelixentes que coñecera, non sabía ler nin escribir. Ela converteu esa experiencia nunha razón para que outras persoas tivesen dende pequenas acceso aos libros e á oportunidade de descubrir todo o que a lectura pode abrir. 📖✨

🎵 Esta semana soará nos últimos minutos de apertura da biblioteca «9 to 5», un dos seus grandes éxitos. Deste xeito rendémoslle homenaxe á cantante, compositora e intérprete, pero tamén á muller que fixo dos libros e da lectura unha parte fundamental do seu legado. 💛📚🎶

Official music video for ”9 To 5” by Dolly PartonListen to Dolly P...

📚 Volven os nosos clubs de lectura!!En outubro comezamos unha nova tempada do Club de lectura xeral e do Club de lectura...
29/08/2026

📚 Volven os nosos clubs de lectura!!

En outubro comezamos unha nova tempada do Club de lectura xeral e do Club de lectura feminista da biblioteca. Se che gusta ler, compartir impresións e descubrir novas voces, esta é a túa oportunidade!

👥 As prazas son limitadas.

🗓 O martes 1 de setembro abrimos o prazo de preinscrición.

🔗 Toda a info sobre datas, horarios e funcionamento aquí 👉 bit.ly/4goqloV

Dirección

R/25 De Xullo, S/n
Narón
15570

Horario de Apertura

Lunes 18:00 - 21:00
Martes 09:00 - 14:00
Miércoles 09:00 - 14:00
18:00 - 21:00
Jueves 09:00 - 14:00
Viernes 09:00 - 14:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Biblioteca Pública Municipal de Narón publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir