BNG Muros

BNG Muros Somos a asamblea local do BNG en Muros. Facemos política municipal en chave de pais dentro do Bloque

21/08/2026

No último pleno, o PP de Muros quixo dar leccións sobre dereitos laborais e acabou recoñecendo que, durante os seus catro anos de goberno, non foron quen de conseguir unha mellora das condicións laborais do persoal municipal.

Hoxe esa realidade é ben distinta: conseguimos mellorar as condicións laborais dos postos peor retribuídos e está xa avanzada a RPT (Relación de Postos de Traballo), a ferramenta que permite ordenar os postos do Concello, definir funcións e responsabilidades e establecer unhas condicións e retribucións acordes co traballo que realiza cada persoa.

Unha RPT que o anterior goberno non foi quen de sacar adiante por falta de interese político.

Así que, PP de Muros, menos dar leccións desde a oposición e máis mellorar a vida das persoas cando se goberna.

09/08/2026

El estudio, que el Ayuntamiento ha remitido a Costas, apunta que el pasamanos está suelto y que hay soldaduras rotas

Un ano máis homenaxeamos ao Mestre Agrelo no Día das Letras Galegas.Reivindicamos a nosa lingua e tamén a súa labor á ho...
17/05/2026

Un ano máis homenaxeamos ao Mestre Agrelo no Día das Letras Galegas.

Reivindicamos a nosa lingua e tamén a súa labor á hora de crear, a través do teatro popular, un espazo desde o que defender, dignificar e manter vivo o galego entre a veciñanza.

Temos un patrimonio enorme que temos a obriga de preservar, coidar e transmitir.

Grazas pola lección, Mestre.

A Asemblea Local do BNG de Muros escollemos por unanimidade a María Lago como candidata ás eleccións municipais de 2027....
27/04/2026

A Asemblea Local do BNG de Muros escollemos por unanimidade a María Lago como candidata ás eleccións municipais de 2027.

Facémolo coa vontade de dar continuidade a unha etapa política que naceu desde abaixo, que medrou co traballo da militancia e que hoxe se expresa no goberno municipal.

María Lago agradeceu a confianza das compañeiras e compañeiros e reivindicou o papel colectivo dunha organización que sostén, acompaña, debate e empurra nos momentos difíciles.

Pola súa banda, o noso responsable local, David Miranda, fixo un balance positivo do momento que vive o BNG de Muros, poñendo en valor o crecemento da organización, a confianza construída coa veciñanza e o traballo desenvolvido desde a Alcaldía.

Chegamos a este novo ciclo máis fortes, máis maduros e máis convencidos do camiño iniciado, cun proxecto que demostra que se pode gobernar desde a proximidade, a escoita e o compromiso coas e cos muradáns.

María volverá encabezar o noso proxecto para seguir mellorando Muros desde o concreto: as parroquias, os servizos públicos, o mar, o comercio local, as familias e a vida diaria da xente.

Seguimos traballando por Muros.

Comunicado do BNG de MurosDesde o BNG de Muros queremos trasladar á veciñanza que, nos vindeiros días, explicaremos con ...
20/04/2026

Comunicado do BNG de Muros

Desde o BNG de Muros queremos trasladar á veciñanza que, nos vindeiros días, explicaremos con detalle os feitos relacionados coa sentenza que condena ao Concello de Muros a indemnizar a unha das traballadoras municipais, así como o contexto no que se produciron e as actuacións levadas a cabo. Trátase dun asunto cun percorrido xudicial longo e, precisamente por iso, queremos abordalo co máximo rigor.

O que si consideramos necesario aclarar de maneira inmediata, ante a campaña de desinformación e as medias verdades difundidas polo PP e polo PSOE, é unha cuestión fundamental: esta situación non se pode reducir á actuación dunha soa persoa.

O que esta sentenza pon enriba da mesa é unha carencia de fondo no propio Concello. Durante anos non existiu unha avaliación de riscos psicosociais, que é obrigatoria desde 1995, nin houbo ferramentas claras para previr e actuar ante situacións deste tipo no ámbito laboral municipal.

En relación ao publicado polo PP nas redes sociais, cómpre lembrar algo moi sinxelo: esta situación non nace agora. Durante o seu goberno, o Concello non contou cunha avaliación de riscos laborais nin puxo en marcha medidas claras de prevención. Tiveron catro anos para facer ese traballo e non o fixeron.

Por iso, asumindo sempre a nosa responsabilidade como forza que goberna o Concello desde 2023, resúltanos cando menos chocante que quen non fixo ese traballo queira agora dar leccións e presentarse como defensor da clase traballadora. Máis aínda cando se atreve a pedir dimisións como se nunca tivese gobernado Muros.

En realidade, tampouco sorprende demasiado. Falamos dun partido que leva tres anos na oposición intentando ocultar o seu paso polo goberno e sen achegar nada útil ao debate público, máis alá do ruído, dos bulos e das medias verdades.

En relación ao comunicado do PSdeG-PSOE de Muros, cómpre sinalar que formar parte dun goberno implica asumir responsabilidades políticas, dar explicacións e actuar con coherencia co lugar que se ocupa dentro do executivo.

A fórmula de atribuírse os acertos do goberno e sinalar ao BNG cando hai erros non é máis ca unha mostra de falta de responsabilidade política e de respecto á veciñanza e ao persoal municipal.

Estamos vendo como este xeito de facer política, baseado no ruído, nos bulos e na confrontación interesada, só contribúe a deteriorar a confianza da xente nas institucións. E nese camiño non gaña ninguén: perde Muros.

Desde o BNG cremos que hai que actuar con responsabilidade, asumir o que nos corresponde e traballar para que Muros se sinta orgulloso do seu Concello. É o que merece a veciñanza. É o que nos debemos como representantes públicos.

Queremos trasladarlle publicamente ao persoal laboral do Concello o noso compromiso para reverter esta situación e seguir reforzando as garantías de protección dos seus dereitos.

E facémolo sabendo que de todo isto tamén hai que aprender: para corrixir erros, mellorar o que falla e garantir que nada semellante volva acontecer, goberne quen goberne.

Dirección

Praza De Galiza 3
Muros
15250

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando BNG Muros publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a BNG Muros:

Atajos

Compartir