Concello de Muxía

Concello de Muxía Muxía é un concello da provincia da Coruña, situado na Costa da Morte.

📢 AVISO | Cambio de localizaciónCon motivo da celebración da Romaría da Barca, a Feira de Artesanía da Deputación estará...
07/09/2026

📢 AVISO | Cambio de localización

Con motivo da celebración da Romaría da Barca, a Feira de Artesanía da Deputación estará finalmente situada na Praza do Coído.

Por motivos loxísticos relacionados coa montaxe e para garantir a seguridade, o pregón da Romaría da Barca e o concerto de SÉS, previstos para este venres, trasládanse tamén a esta localización.

🕗 Pregón · 20:00 h
🎶 Concerto de SÉS · 20:30 h
📍 Praza do Coído

⚠️ Os horarios mantéñense segundo o previsto. O único cambio é a localización das actividades.

Agradecemos a vosa comprensión e pedímosvos que compartades este aviso para que a información chegue ao maior número de persoas posible.

A sexta quenda do ConciliaMux Verán 2026 continúa avanzando entre xogos, aprendizaxes e experiencias compartidas. 🌞 Dura...
07/09/2026

A sexta quenda do ConciliaMux Verán 2026 continúa avanzando entre xogos, aprendizaxes e experiencias compartidas. 🌞

Durante estes días, a rapazada segue fortalecendo amizades e estreitando a súa conexión con Muxía, descubrindo diferentes aspectos do noso patrimonio natural e cultural, entre eles os relacionados coa Barca. 💙

O xogo compartido continúa sendo o fío condutor para aprender, convivir e desfrutar xuntos de cada xornada.

Seguimos sumando momentos e experiencias que quedarán na memoria das nosas crianzas. ✨

Este domingo temos unha nova proposta para descubrir Muxía desde o mar e a súa tradición. 🌊 A visita guiada de turismo m...
05/09/2026

Este domingo temos unha nova proposta para descubrir Muxía desde o mar e a súa tradición. 🌊

A visita guiada de turismo mariñeiro “Vila Muxía. A ruta do percebe” propón un percorrido pola cultura do percebe da Barca da man dun percebeiro profesional, achegándonos a un dos oficios máis singulares e duros da Costa da Morte.

📅 Luns, 7 de setembro
🕚 De 11:00 a 13:00 h
📍 Punto de encontro: M.E_café, Rúa Real 27, Muxía
🎟️ Actividade gratuíta
📞 Inscricións: 618 32 00 33

Unha oportunidade para coñecer de preto o noso patrimonio mariñeiro e o traballo das persoas que o manteñen vivo.

Muxía Itinerante continúa levando a cultura ás nosas parroquias! 🎭 Este domingo facemos parada en Merexo con “Vicio houb...
04/09/2026

Muxía Itinerante continúa levando a cultura ás nosas parroquias! 🎭

Este domingo facemos parada en Merexo con “Vicio houbo sempre”, un espectáculo de narración oral de Atenea García dentro de Historias ao Serán.

Unha nova oportunidade para xuntarnos arredor das historias e desfrutar da cultura preto da casa. 📖✨

📅 Domingo 6
🕕 18:00 h
📍 Escola Unitaria de Merexo
🎟️ Entrada: 1 €

Agardámosvos!

O teatro tamén forma parte da Semana Cultural Ecos da Barca! 🎭A Escola Municipal de Teatro sobe ao escenario este doming...
04/09/2026

O teatro tamén forma parte da Semana Cultural Ecos da Barca! 🎭

A Escola Municipal de Teatro sobe ao escenario este domingo coa obra “Delicatessen”. Unha boa oportunidade para desfrutar e apoiar o teatro feito na casa.

📅 Domingo 6 · 20:30 h
📍 Salón do Voluntariado
🎟️ Entrada: 1 €

Agardámosvos!

📢 AVISO | Suspensión do concerto de Do RivésInformamos de que o concerto de Do Rivés, previsto para este domingo 6 de se...
04/09/2026

📢 AVISO | Suspensión do concerto de Do Rivés

Informamos de que o concerto de Do Rivés, previsto para este domingo 6 de setembro dentro da programación da Semana Cultural Ecos da Barca, queda suspendido por motivos alleos á organización.

Lamentamos as molestias que esta cancelación poida ocasionar e agradecemos a vosa comprensión.

O resto da programación de Ecos da Barca continúa segundo o previsto.

Seguimos desfrutando de Ecos da Barca coa música de Do Rivés! 🎵Este domingo temos unha cita coa presentación de “Contrab...
03/09/2026

Seguimos desfrutando de Ecos da Barca coa música de Do Rivés! 🎵

Este domingo temos unha cita coa presentación de “Contrabando”, o seu novo disco.

📅 Domingo 6 · 13:30 h
📍 Malecón

Vémonos! 🙌

Comezamos a Semana Cultural Ecos da Barca coa música da nosa Coral Virxe da Barca. 🎶 Unha cita nun escenario moi especia...
02/09/2026

Comezamos a Semana Cultural Ecos da Barca coa música da nosa Coral Virxe da Barca. 🎶

Unha cita nun escenario moi especial para ir abrindo boca de cara aos días grandes da Barca. 💙

📅 Venres 4 · 20:30 h
📍 Exterior do Santuario da Nosa Señora da Barca

Agardámosvos!

01/09/2026

Pleno 1/8/26

🟣 A Galería Mulleres do Concello de Muxía dedica o mes de setembro a Natalia Rebolledo Robert, referente na xestión da a...
01/09/2026

🟣 A Galería Mulleres do Concello de Muxía dedica o mes de setembro a Natalia Rebolledo Robert, referente na xestión da auga, a innovación social e a loita fronte ao cambio climático.

Administradora pública chilena e creadora da Fundación Un Alto en el Desierto, Natalia impulsou diferentes iniciativas para facer fronte á escaseza hídrica a través da educación ambiental, a innovación e a reutilización da auga.

💧 Entre os seus proxectos destacan a recollida de auga das nubes mediante paneis atrapanéboa e a reciclaxe de augas grises para a rega. Solucións que, combinadas co traballo directo coas comunidades, xa beneficiaron a máis de 30.000 persoas en Chile.

A súa traxectoria demostra como a innovación e o compromiso social poden ofrecer respostas concretas ante grandes retos ambientais.

📚 Cada mes, a Galería Mulleres achéganos a figura dunha muller destacada para coñecer a súa traxectoria e contribuír a visibilizar o seu legado. Este setembro animámosvos a descubrir a historia e o traballo de Natalia Rebolledo Robert.

Dirección

Rúa Real, 35
Mugia
15124

Horario de Apertura

Lunes 08:30 - 14:30
Martes 08:30 - 14:30
Miércoles 08:30 - 14:30
Jueves 08:30 - 14:30
Viernes 08:30 - 14:30
Sábado 00:00 - 00:15

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello de Muxía publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Concello de Muxía:

Atajos

Compartir

Categoría