Centro de Interpretación de Caldoval

Centro de Interpretación de Caldoval Xacemento arqueolóxico 🏺
Un balneum romano adicado á saúde e ao deporte único en Galicia 💦 C. situado no Concello de Mugardos.

O Centro de Interpretación de Caldoval é un xacemento romano do século I d. Trátase dun balneum, un baño doméstico, o único en Galicia que conta cunha palestra adicada á práctica do deporte e ao coidado do corpo.
-----
El Centro de Interpretación de Caldoval es un yacimiento romano del siglo I d.C. situado en el Concello de Mugardos. Se trata de un balneum, un baño doméstico, el único en Galicia que cuenta con una palestra dedicada a la práctica del deporte y al cuidado del cuerpo.

Con motivo do IX aniversario do Centro de Interpretación de Caldoval 🩵, realizaremos un obradoiro especial sobre o zodía...
04/09/2026

Con motivo do IX aniversario do Centro de Interpretación de Caldoval 🩵, realizaremos un obradoiro especial sobre o zodíaco na Roma Antiga ♍️. Ademais de aprender máis sobre o zodíaco, neste taller deseñaremos os signos zodiacais correspondentes ás persoas participantes!

🤔 A quen vai dirixida esta actividade gratuíta? A todos os públicos a partir dos 8 anos.

🗓️ Cando terá lugar? O sábado 12 de setembro, en dúas quendas (ás 11:30 h e ás 17:30 h).

📝 Como podedes asegurar a vosa praza? Pois contactando connosco a través do correo [email protected] 📩 ou por teléfono, en el 687 07 21 16 ☎️ (atenderemos durante o horario de apertura).

Lembrade! O prazo de inscrición rematará o venres 11!

Diccionario de termos arqueolóxicos de Caldoval 📘Hoxe falamos das SOLEAE BALNARES, un básico dos baños romanos, como as ...
01/09/2026

Diccionario de termos arqueolóxicos de Caldoval 📘
Hoxe falamos das SOLEAE BALNARES, un básico dos baños romanos, como as zocas que habería en Caldoval 🩴

👀 Así pasou o mes de agosto en Caldoval, con visitas guiadas e obradoiros, algúns dos cales foron novidades dentro da pr...
30/08/2026

👀 Así pasou o mes de agosto en Caldoval, con visitas guiadas e obradoiros, algúns dos cales foron novidades dentro da programación de verán...e ollo, que queda setembro con novas actividades!

O   continúa este setembro cun bo feixe de novidades!Comezaremos o mes cunha Xincana Romana 🔍, a cal consistirá nun xogo...
28/08/2026

O continúa este setembro cun bo feixe de novidades!

Comezaremos o mes cunha Xincana Romana 🔍, a cal consistirá nun xogo de pistas que levará as persoas participantes por todos os recantos do centro. Amais, o grupo campión recibirá un agasallo!

🗓️ Cando terá lugar? O sábado 5 de setembro, ás 11:30 h.

📝 Como podedes asegurar a vosa praza? Pois contactando connosco a través do correo [email protected] 📩 ou por teléfono, en el 687 07 21 16 ☎️ (atenderemos no horario de apertura).

Mais lembrade! O prazo de inscrición rematará o venres 4!

Aínda queda   dabondo!Neste novo obradoiro expecial ☺️🖌️ descubriremos como eran os graffitis romanos, para logo recreal...
20/08/2026

Aínda queda dabondo!

Neste novo obradoiro expecial ☺️🖌️ descubriremos como eran os graffitis romanos, para logo recrealos empregando as técnicas tradicionais.

Esta actividade ideouse para todos os públicos, dende os 6 anos. No entanto, as prazas son limitadas, polo que cómpre inscribirse a través do correo [email protected] 📩 ou do teléfono 687 072 116 ☎️ (atenderemos durante o horario de apertura).

* Inscricións até o venres 28!

Como poderiamos traducir ao galego algúns dos aforismos latinos 📜 máis famosos? Hoxe tentamos resolver esta pregunta 🤔, ...
18/08/2026

Como poderiamos traducir ao galego algúns dos aforismos latinos 📜 máis famosos?

Hoxe tentamos resolver esta pregunta 🤔, buscando os seus equivalentes máis próximos da lingua galega!

16/08/2026

A IX edición da nosa xa tradicional Noite de Estrelas ✨ terá lugar en setembro. Como podedes estar ao día e así asegurar a vosa praza nesta observación astronómica tan especial?

Contámosvos como neste vídeo! 👀

O   continúa cun novo obradoiro 💍… Desta vez, de xoiería romana! 🗓️ O sábado 22 de agosto teredes a ocasión de realizar ...
14/08/2026

O continúa cun novo obradoiro 💍… Desta vez, de xoiería romana!

🗓️ O sábado 22 de agosto teredes a ocasión de realizar as vosas propias pulseiras con mensaxes en latín, que poderedes levar logo convosco a casa. Teredes dúas quendas para facelo; unha ás 11:30h e outra ás 17:30h.

Esta actividade está pensada para todo o público, a partir dos 6 anos. Iso si, as prazas son limitadas, polo que é necesario inscribirse a través do correo [email protected] 📩 ou do teléfono 687 072 116 ☎️ (atenderemos durante o horario de apertura).

* Inscricións até o venres 21!

Presaxios de morte ou sinais de advertencia das deidades? 🤔Como interpretaba o pobo romano as eclipses? Descubrídeo conn...
11/08/2026

Presaxios de morte ou sinais de advertencia das deidades? 🤔

Como interpretaba o pobo romano as eclipses? Descubrídeo connosco! ✨

Dirección

Rúa Camiño Do Cemiterio
Mugardos
15620

Horario de Apertura

Viernes 10:30 - 14:00
16:30 - 20:00
Sábado 10:30 - 14:00
16:30 - 20:00
Domingo 10:30 - 14:00
16:30 - 20:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Centro de Interpretación de Caldoval publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Centro de Interpretación de Caldoval:

Atajos

Compartir