Concello de Mos

Concello de Mos Páxina oficial do Concello de Mos

Nesta páxina poden coñecer en profundidade a localidade mosense a través das publicacións de novas e axenda diarias que informan pormenorizadamente sobre a actualidade municipal.

Hoxe estivemos no Pazo de Mos acompañando unha tarde dedicada á obra de Diego de Giráldez, no marco da exposición “Diego...
03/09/2026

Hoxe estivemos no Pazo de Mos acompañando unha tarde dedicada á obra de Diego de Giráldez, no marco da exposición “Diego de Giráldez. Esencia da mente. Realismo-NAS”.

O auditorio do Pazo acolleu a conferencia de Gerardo Pérez Calero, catedrático emérito de Historia da Arte da Universidade de Sevilla, quen achegou ao público a súa visión sobre a obra e a traxectoria do artista.

A xornada contou tamén coa actuación da Coral Santa Eulalia de Mos, que puxo o broche musical a este encontro coa arte e a cultura.

🎨 A exposición “Diego de Giráldez. Esencia da mente. Realismo-NAS” continúa aberta no Pazo de Mos ata o 24 de setembro.

📍 Pazo de Mos
🗓️ Ata o 24 de setembro

ConcelloDeMos

📍 Reunión de traballo co equipo de Goberno para seguir avanzando en Mos.Durante a semana, estas reunións son necesarias ...
03/09/2026

📍 Reunión de traballo co equipo de Goberno para seguir avanzando en Mos.

Durante a semana, estas reunións son necesarias para coordinar o traballo, revisar as actuacións en marcha e marcar os próximos pasos.

Porque detrás de cada proxecto hai moitas horas de traballo e coordinación. Seguimos a pé de rúa, escoitando e traballando para Mos. 🤝

🍂 O ALFACUCA PICNIC VOLVE A MOS! 🌿O sábado 19 de setembro, a Aldea Alfacuca énchese de actividades para toda a familia: ...
03/09/2026

🍂 O ALFACUCA PICNIC VOLVE A MOS! 🌿

O sábado 19 de setembro, a Aldea Alfacuca énchese de actividades para toda a familia: andaina, obradoiros, observación de aves, picnic colectivo, música, maxia e espectáculos. ♻️🎶

Unha xornada para g***r do rural e seguir coidando da nosa contorna.

📍 Aldea Alfacuca
🕚 De 11.00 a 21.00 h

👉 Vístete do rural e ven celebrar o outono con nós!

🚔 Axentes da Policía Local de Mos deteñen un home de 34 anos por un presunto delito contra a saúde pública e un delito l...
03/09/2026

🚔 Axentes da Policía Local de Mos deteñen un home de 34 anos por un presunto delito contra a saúde pública e un delito leve de falsificación de moeda.

A actuación iniciouse ao detectar na rúa Ludeiro un vehículo que circulaba coa ITV caducada. O nerviosismo amosado polo seu condutor motivou unha inspección do turismo.

No rexistro, os axentes localizaron:

🔹 Catro billetes de 50 euros presuntamente falsificados.
🔹 110 comprimidos potenciadores se***is de procedencia estranxeira e non autorizados para a súa comercialización en España.
🔹 680 euros en efectivo, distribuídos en billetes de diferente valor.
🔹 Outros medicamentos en menor cantidade.

A cantidade de potenciadores se***is intervidos, carentes das necesarias garantías de procedencia, composición, conservación e control sanitario, xunto coa presenza de diñeiro fraccionado, constituíu un indicio dunha posible actividade de venda ou distribución irregular.

O detido foi trasladado á Xefatura da Policía Local de Mos, onde se instruíron as correspondentes dilixencias. Unha vez rematadas, foi entregado, xunto cos efectos intervidos, á Garda Civil de Mos para a súa custodia e posterior posta a disposición xudicial, que se produciu ao día seguinte.

Este tipo de actuacións enmárcanse no compromiso da Policía Local de Mos coa protección da saúde pública, a prevención de actividades ilícitas e a seguridade da cidadanía, en coordinación co resto das Forzas e Corpos de Seguridade.

Hoxe, a praza do Concello de Mos encheuse para dicir, alto e claro, que Ceuta é España e que non está soa.Grazas a todas...
02/09/2026

Hoxe, a praza do Concello de Mos encheuse para dicir, alto e claro, que Ceuta é España e que non está soa.

Grazas a todas as persoas que vos achegastes para mostrar o voso apoio e solidariedade coa veciñanza de Ceuta.

Desde Mos, con Ceuta. 🇪🇸

02/09/2026

Hoxe, o Concello de Mos sumouse á concentración convocada pola FEMP en apoio a Ceuta e á súa veciñanza.

Desde Mos quixemos facer visible a nosa solidariedade e acompañamento neste momento, xunto con outras entidades e concellos que tamén se sumaron a esta iniciativa.

Grazas a todas as persoas que participaron e que quixeron compartir este xesto de apoio.

Mos con Ceuta. 💙

💚 Un día para a historia de Mos.Hoxe inauguramos o renovado Parque Multiocio da Pesqueira, un espazo que medra para ofre...
02/09/2026

💚 Un día para a historia de Mos.

Hoxe inauguramos o renovado Parque Multiocio da Pesqueira, un espazo que medra para ofrecer máis posibilidades de ocio, deporte e convivencia á veciñanza.

🛹 Zona de skate
🧗 Rocódromo
💦 Parque de auga, con novos tobogáns e praza de chorros
🛝 Ampliación da zona infantil, con novos equipamentos e zona de calistenia
🌳 Novas zonas de descanso

Un parque para xogar, facer deporte, pasar tempo en familia e g***r da contorna do río Louro.

Un día para lembrar e un novo espazo para vivir Mos. 💚

Ocio

Dirección

Rúa Reguengo S/n/Saída 660
Mos
36416

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 14:00
Martes 09:00 - 14:00
Miércoles 09:00 - 14:00
Jueves 09:00 - 14:00
Viernes 09:00 - 14:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello de Mos publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir