30/05/2026
O vindeiro 6 de xuño queremos encontrarnos en Crecente e A Torre para compartir unha xornada pensada para mirar ao pasado, vivir o presente e seguir construíndo comunidade.
Será un día para camiñar xuntas, conversar, lembrar historias, compartir mesa e desfrutar de actividades abertas a toda a veciñanza: andaina, proxección, mapeo colectivo, teatro, música e mercadiño.
Gustaríanos que este encontro fose un espazo vivo, participativo e aberto. Un momento para achegarnos, coñecernos mellor e seguir facendo comunidade desde as persoas e desde todo o que nos une.
11:00 h 🥾
Andaina pola Torre de Fornelos e o río Ribadil
3 km · Dificultade baixa
12:30 h 🎥
Proxección do documental Las esclavas de la Torre
🍽️ Comida popular
16:00 h 🗺️
Mapeo colectivo de Crecente
17:00 h 🎭
Performance do grupo de teatro de EVD
🎶 Música a cargo do grupo O Castriño
🛍️ Mercadiño EVD
🍷 Haberá cantina
📞 Reserva a túa mesa no 605 544 908