13/09/2024
𝐈𝐌𝐏𝐎𝐑𝐓𝐀𝐍𝐓𝐄 𝐏𝐀𝐑𝐀 𝐀𝐒 𝐅𝐀𝐌𝐈𝐋𝐈𝐀𝐒 𝐃𝐄 𝐌𝐎𝐒 𝐂𝐎𝐍 𝐂𝐀𝐓𝐈𝐕𝐀𝐃𝐀 𝐄𝐍 𝐈𝐃𝐀𝐃𝐄 𝐄𝐒𝐂𝐎𝐋𝐀𝐑❗❗❗
𝗔𝗣𝗘𝗥𝗧𝗨𝗥𝗔 𝗗𝗘 𝗣𝗥𝗔𝗭𝗢 𝗔𝗫𝗨𝗗𝗔𝗦 𝗠𝗔𝗧𝗘𝗥𝗜𝗔𝗟 𝗘 𝗖𝗢𝗠𝗘𝗗𝗢𝗥 𝗘𝗦𝗖𝗢𝗟𝗔𝗥❗
➡👉Hoxe venres día 13, comeza o prazo para solicitar as axudas municipais para a adquisición de libros e material escolar e uso do servizo de comedor. 𝑶 𝒑𝒓𝒂𝒛𝒐 𝒆𝒔𝒕𝒂𝒓𝒂́ 𝒂𝒃𝒆𝒓𝒕𝒐 𝒂𝒕𝒂 𝒐 30 𝒅𝒆 𝒔𝒆𝒕𝒆𝒎𝒃𝒓𝒐.
👧👦🍝📚✏️Son axudas para o alumnado de educación infantil, primaria e secundaria dos centros educativos do noso municipio, dirixidas a favorecer a conciliación da vida laboral e familiar e apoiar as familias con dificultades socio-económicas, tras ser publicadas as mesmas no día de hoxe no Boletín Oficial da Provincia.
📒As axudas de material escolar están dirixidas as familias do alumnado empadroado ou escolarizado nos centros educativos do noso concello, dende o primeiro ciclo de educación infantil ata secundaria, sendo as contías máximas que se poden conceder as seguintes:
• Educación Infantil (1º ciclo)................ata 40,00 €
• Educación Infantil (2º ciclo)................ata 80,00 €
• Educación Primaria..............................ata 80,00 €
• Educación Secundaria..........................ata 80,00 €.
🥗Das axudas de comedor escolar poderán ser beneficiarias as familias do alumnado matriculado nos CEIP Públicos do noso Concello (CEIP Atín-Cela, CEIP Mestre Martinez Alonso, CEIP Mestre Valverde Mayo, CEIP Pena de Francia e CEIP Petelos), e a axuda será de 2€/menú/día.
ℹ️ Para calquera dúbida poden pórse en contacto no correo electrónico [email protected] ou no telefono 986 339 404.