05/09/2026
🏫 V Carreira 10K Monterroso.
🏆 A V Carreira 10K Monterroso pechou a xornada coa entrega de premios aos gañadores e gañadoras das diferentes categorías. Os galardóns foron entregados polo alcalde de Monterroso, Eloy Pérez; os edís do equipo de Goberno Jessica Rodríguez e Balbino Martínez; o xerente do GDR Miño-Ulla, Javier Medela; e Suso Vicente Castro, da Pizzería Bahía.
🏃 A proba regresou este ano, tras non celebrarse desde 2022, cun alto nivel de participación, que superou as 400 persoas inscritas no conxunto das categorías. Unha cifra que amosa o éxito desta quinta edición.
🤝 O Concello de Monterroso agradeceu a participación de todos os corredores e corredoras, así como o traballo das persoas e entidades que contribuíron ao desenvolvemento da carreira, entre elas ChampionChip Norte e o 'speaker' Hernán García Amelio.
🎁 O Concello de Monterroso fixo tamén entrega de detalles aos colaboradores da proba.
ℹ️ A V Carreira 10K Monterroso estivo organizada polo Concello de Monterroso e o Miño Ulla Gdr, dentro do XII Circuíto Miño-Ulla de Carreiras Populares.
🔗 Clasificación completa: https://ccnorte.com/resultados/