BNG Monterroso

BNG Monterroso Páxina do Bloque Nacionalista Galego en Monterroso

Hoxe, por fin, terá lugar o pleno de agosto ás 20.30 no Centro Sociocultural.Ademáis da proposta que vos amosamos onte s...
03/09/2026

Hoxe, por fin, terá lugar o pleno de agosto ás 20.30 no Centro Sociocultural.

Ademáis da proposta que vos amosamos onte sobre o lavadoiro de Ligonde levamos outra solicitude para que aumente a frecuencia e intensidade da desratización na vila.

Aproveitaremos as propostas doutros grupos para falar do SAF e Escola Infantil, investimentos e calidade da auga.

🏛️ UN LAVADO DE CARA PARA O LAVADOIRO DE EIREXE💧En Eirexe (Ligonde), no propio trazado do Camiño de Santiago, temos un e...
02/09/2026

🏛️ UN LAVADO DE CARA PARA O LAVADOIRO DE EIREXE💧

En Eirexe (Ligonde), no propio trazado do Camiño de Santiago, temos un elemento do noso patrimonio que leva tempo sufrindo o abandono e a falta de mantemento.

O lavadoiro, que antigamente recibía auga dunha fonte próxima, hoxe permanece sen auga, mentres o deterioro continúa avanzando.

♻️ Recuperar este espazo non require grandes discursos, nin orzamentos, senón mantemento, limpeza e vontade de poñelo de novo en valor.

Por iso levamos ao Pleno de mañá a proposta para

💧 Recuperar a chegada de auga ao lavadoiro 🧹 Realizar labores de limpeza e mantemento 🏛️ Poñer a punto e conservar este ben público.
🥾 Aproveitar as actuacións do Convenio do Camiño Francés e as axudas que recibe o noso Concello polo Camiño para abordar tamén o arranxo da travesía de Ligonde, Lameiros e Eirexe, así como do camiño A Currucha, localizadas estas ubicacións na propia parroquía pola que pasa o Camiño.

O Camiño de Santiago é tamén patrimonio, historia e vida das nosas parroquias. Coidar estes elementos é coidar Monterroso e poñer en valor o noso rural. 🌿

19/08/2026

PREZO DO LIXO (PARTE 2)

♻️ É necesario actuar para mellorar a xestión dos residuos en Monterroso

No último Pleno defendemos a necesidade de revisar a ordenanza reguladora da taxa de recollida de residuos, unha cuestión que afecta directamente a todas as familias do municipio.

Desde a aprobación da actual ordenanza, a veciñanza está asumindo un importante incremento no custo do servizo. Por iso consideramos necesario avaliar se o modelo actual é o máis axeitado e, sobre todo, se existen alternativas que permitan reducir a carga económica para os fogares e mellorar a xestión dos residuos.

Entre as medidas que consideramos necesario estudar están a implantación de novas fórmulas de separación e reciclaxe, como o contedor marrón, a aplicación de bonificacións vinculadas a unha mellor xestión dos residuos e concienciación e educación ambiental, especialmente nos centros educativos.

🏠 Unha revisión da ordenanza que teña en conta a realidade económica das familias e permita avanzar cara a un sistema máis xusto.

🌱 Porque unha mellor xestión dos residuos tamén pasa por reducir a cantidade de lixo que xeramos. Menos residuos significa menos custos de tratamento e, polo tanto, pode contribuír a unha taxa máis eficiente e equitativa.

Desde o BNG de Monterroso seguiremos defendendo que os servizos públicos deben mellorar ao mesmo tempo que se garante que o seu custo sexa razoable para a veciñanza.

Non se trata de mirar cara atrás nin de buscar culpables. Trátase de buscar solucións e avanzar.

17/08/2026

PREZO DO LIXO (PARTE 1)

♻️ Pedimos que se cumpra un compromiso.

Unha parte do acordo ao que queríamos chegar coa proposta era volver traer ao Pleno a ordenanza da taxa de recollida de lixo e revisala entre todos para tentar chegar a algunha rebaixa do prezo.

Non estamos dicindo que a redución teña que ser dun 10%, dun 50% ou dun 100%. Primeiro hai que sentarse para analizar o servizo podendo poñer enriba da mesa todas as propostas.

🤝 Se queremos mellorala, teremos que facelo entre todos, achegando cada grupo o seu punto de vista e buscando o mellor resultado posible para a veciñanza.

Pero a cuestión máis importante e que non podemos esquecer é que foi o propio Goberno municipal quen se comprometeu a facelo fai 15 meses, cando se aprobou a suba do dobre no prezo.

E por iso a pregunta é clara, 👉 Cumpriuse ese compromiso? 📢

No pleno de xullo tamén debatemos outras propostas, como esta que ten que ver con vivenda.🏠 Monterroso necesita máis viv...
09/08/2026

No pleno de xullo tamén debatemos outras propostas, como esta que ten que ver con vivenda.

🏠 Monterroso necesita máis vivenda protexida... e tamén máis axilidade.

Votamos a favor da cesión do solar da Avenida de Pontevedra ao IGVS, para que a Xunta poida impulsar a construción de vivendas protexidas no noso concello.

É unha decisión que apoiamos porque Monterroso precisa ampliar a súa oferta de vivenda, especialmente para a mocidade, as familias e todas aquelas persoas que queren desenvolver aquí o seu proxecto de vida.

Pero tamén quixemos poñer sobre a mesa unha realidade que non podemos ignorar.

⏳ Este tipo de proxectos non poden demorarse durante anos. A necesidade de vivenda é actual e require respostas áxiles por parte de todas as administracións.

Ademais, consideramos imprescindible avanzar nunha verdadeira política de alugueiro social, que permita ofrecer alternativas ás persoas con máis dificultades para acceder a unha vivenda digna.

🏡 Apostar pola vivenda é apostar por fixar poboación, atraer novos veciños e garantir o futuro de Monterroso.

Seguiremos apoiando todas aquelas iniciativas que sexan positivas para o noso concello, pero tamén reclamando que se executen con rapidez e pensando nas necesidades reais da veciñanza.

♻️ Aprobouse a nosa proposta para revisar a ordenanza do lixo.✅ Estudar bonificacións que permitan reducir o importe que...
05/08/2026

♻️ Aprobouse a nosa proposta para revisar a ordenanza do lixo.

✅ Estudar bonificacións que permitan reducir o importe que pagan as veciñas e veciños.
✅ Facer a taxa máis xusta e adaptada á realidade do municipio.
✅ Mellorar o servizo de recollida de residuos.

Consideramos que a suba da taxa debe ir acompañada dunha mellora real do servizo e de medidas que fomenten unha xestión máis eficiente e sostible dos residuos.

Seguiremos traballando para que esta revisión se traduza en menos carga económica para a veciñanza e nun mellor servizo para Monterroso.

🌿 Máis prevención de incendios

Solicitamos actuar con urxencia no desbroce e limpeza dos camiños públicos situados nas parroquias con maior risco forestal. Uns camiños ben conservados non só melloran o día a día da veciñanza, senón que tamén facilitan o acceso dos medios de extinción e contribúen á prevención dos incendios.

🏕️ Planificar o futuro da Peneda

Tamén pedimos que o Concello comece xa a preparar a nova licitación da área recreativa e do cámping da Peneda.

Adiantar este proceso permitirá garantir a continuidade do servizo e evitar problemas cando remate a concesión actual, asegurando que a tempada de verán de 2027 se desenvolva con total normalidade.

♻️ O xoves aprobouse a proposta que presentamos para revisar a ordenanza fiscal reguladora da taxa de recollida de lixo,...
03/08/2026

♻️ O xoves aprobouse a proposta que presentamos para revisar a ordenanza fiscal reguladora da taxa de recollida de lixo, co obxectivo de analizar unha posible redución do importe que abonan actualmente os veciños e introducir criterios que permitan unha aplicación máis equitativa da taxa.

🤝 A iniciativa saíu adiante co apoio do BNG e dos concelleiros non adscritos. Ademais, Antonio Gato tamén asinou previamente esta proposta.

📉 O sentido da proposta é claro, os veciños continúan afrontando un recibo excesivo en relación co servizo que se presta. O incremento da taxa non foi acompañado dunha mellora na recollida de residuos, polo que consideramos necesario revisar a situación.

♻️ A proposta aprobada tamén incide na necesidade de avanzar en políticas de xestión de residuos orientadas á reciclaxe e á redución da cantidade de lixo xerada.

🌱 Menos residuos, menos custo. Un sistema máis eficiente, máis sostible e máis xusto para toda a veciñanza.

Entre outros, algúns aspectos que poderían mellorar a ordenanza son as 👨‍👩‍👧‍👦 bonificacións para colectivos con maiores dificultades económicas, favorecendo unha taxa máis xusta e adaptada á realidade social e🏡 ter en conta as diferenzas entre o casco urbano e o rural, xa que a frecuencia e as condicións da recollida non son iguais en todos os puntos do municipio.

La iniciativa apuesta por introducir criterios sociales, bonificaciones y diferencias entre el rural y el casco urbano para hacer más justo el recibo de recogida de residuos

Dirección

Monterroso
27560

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando BNG Monterroso publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir