BNG Monforte

BNG Monforte Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de BNG Monforte, Partido político, Monforte de Lemos.

📢 CAMPAÑA DE INFORMACIÓN SOBRE O PROXECTO DA NOVA PONTE DO MALECÓNHoxe comezamos o reparto de folletos informativos para...
03/09/2026

📢 CAMPAÑA DE INFORMACIÓN SOBRE O PROXECTO DA NOVA PONTE DO MALECÓN
Hoxe comezamos o reparto de folletos informativos para explicar o impacto real da nova ponte.
O noso obxectivo é claro: que a veciñanza dispoña de toda a información necesaria para coñecer o proxecto, valorar o seu impacto e formar unha opinión fundamentada.

😡Neste sentido, denunciamos que O CONCELLO LEVA TEMPO OCULTANDO INFORMACIÓN RELEVANTE sobre o impacto real da ponte.
🔎 Algúns exemplos:
▪️ As rampas de case 3 metros de altura previstas no encontro da ponte co Paseo do Malecón, que non se mostran nas imaxes compartidas polo concello.
▪️ As reiteradas afirmacións do alcalde de que non se van cortar árbores, cando o propio proxecto contempla a eliminación de 18 exemplares, tal e como se pode comprobar nos seus planos.

RETIRAR O TRÁFICO DA PONTE VELLA É UNHA PRIORIDADE, PERO E SE FACEMOS PRIMEIRO UN PLAN DE MOBILIDADE?
Antes de tomar decisións innecesarias e irreversibles, cómpre analizar as necesidades de Monforte e estudar as alternativas existentes, con medidas de mobilidade e reorganización do tráfico que permitan buscar a mellor solución para a vila.

📌 A veciñanza ten dereito a coñecer toda a información. Por iso, poñemos sobre a mesa os datos e a documentación do proxecto para que cada persoa poida coñecelos e sacar as súas propias conclusións.

📲 No folleto incluímos un código QR desde o que se pode acceder ao proxecto completo e ás infografías elaboradas por profesionais da arquitectura e do urbanismo a partir da información técnica do proxecto para Salvemos o Malecón.

👉 Antes de decidir sobre unha obra que marcará Monforte durante décadas, cómpre coñecer toda a realidade do proxecto.

03/09/2026
No BNG somos plenamente solidarios co drama humano que se vive en Ceuta e en toda a fronteira, pero non participaremos e...
30/08/2026

No BNG somos plenamente solidarios co drama humano que se vive en Ceuta e en toda a fronteira, pero non participaremos en actos de propaganda que deshumanizan as persoas migrantes.

Como pobo historicamente emigrante, rexeitamos a criminalización da migración e a xenofobia. Defendemos políticas de acollida dignas e o respecto aos Dereitos Humanos, fronte ao control policial, as deportacións e o recorte de dereitos.

A memoria emigrante de Galicia e da comarca de Lemos debería facernos especialmente sensibles con quen hoxe chega aquí buscando unha vida mellor.

El concejal Manuel Luaces, recuerda que «en Monforte conviven cada día persoas de diferentes procedencias que forman parte da veciñanza e contribúen á vida da cidade»

29/08/2026

El concejal Manuel Luaces, recuerda que «en Monforte conviven cada día persoas de diferentes procedencias que forman parte da veciñanza e contribúen á vida da cidade»

⚠️ A dignidade das persoas maiores e de quen as coida non pode depender de recortes de persoal.A CIG U.L. Monforte denun...
27/08/2026

⚠️ A dignidade das persoas maiores e de quen as coida non pode depender de recortes de persoal.

A CIG U.L. Monforte denuncia a falta de persoal na residencia DomusVi de Monforte, unha situación que repercute directamente tanto nas condicións laborais das traballadoras como na calidade da atención que reciben as persoas residentes.

E, por se fose pouco, máis de dous meses despois do brote de sarna, o sindicato denuncia que o protocolo de actuación non se tería activado de maneira efectiva.

Desde o BNG de Monforte consideramos imprescindible garantir persoal suficiente, condicións laborais dignas e todos os medios necesarios para ofrecer unha atención segura e de calidade ás nosas persoas maiores.

👉 Toda a información na nota de prensa publicada por El Progreso Ribeira Sacra.

Non é pedir máis. É esixir unhas condicións dignas e seguras para traballar e para ser coidado. ✊

Censuran que no se activó de manera efectiva el protocolo de actuación ante la sarna tras el brote detectado hace más de dos meses 

O noso concelleiro Emilio J. Sánchez asistiu hoxe á inauguración da XXVII Feira do Libro de Monforte, un acto no que tam...
27/08/2026

O noso concelleiro Emilio J. Sánchez asistiu hoxe á inauguración da XXVII Feira do Libro de Monforte, un acto no que tamén estivo presente a nosa compañeira Iria Castro, deputada provincial da Área de Cultura.

A Deputación participa nesta edición cunha caseta do seu Servizo de Publicacións, dedicado á edición e divulgación de obras sobre a historia, a cultura e o patrimonio da nosa provincia.

O pregón inaugural correu a cargo da escritora bovedense Yolanda Álvarez, dando comezo a unha nova edición desta cita coa lectura e coa cultura, na que participan librarías de Monforte e doutros puntos de Galicia.

📖 Animámosvos a achegarvos á feira e desfrutar da súa programación.

27/08/2026

Reclámalle á dirección da empresa a activación inmediata do protocolo de seguridade

✊ A saúde non pode esperar. Defendamos a sanidade pública!Hoxe o BNG de Monforte estivemos na Pobra do Brollón apoiando ...
25/08/2026

✊ A saúde non pode esperar. Defendamos a sanidade pública!

Hoxe o BNG de Monforte estivemos na Pobra do Brollón apoiando a veciñanza na súa mobilización para reclamar a cobertura da praza médica vacante no centro de saúde.

🏥 O que acontece na Pobra non é un caso illado. Forma parte do deterioro progresivo da sanidade pública que estamos sufrindo en toda a comarca, tamén en Monforte, e no conxunto do país. Falta de profesionais, prazas sen cubrir, sobrecarga do persoal e cada vez máis dificultades para acceder a unha atención sanitaria digna e de calidade.

Non podemos aceptar que vivir no rural signifique ter menos servizos e menos dereitos. Desde o BNG seguiremos defendendo unha sanidade pública forte, con persoal suficiente e estable, tanto na atención primaria como no Hospital de Monforte.

📢 Médico XA para A Pobra do Brollón! Por unha sanidade pública digna para todas e todos.

CON Suso de Toro. CONTRA O SILENCIO.Denunciar o xenocidio non é delito ✊🏻Palestina libre 🇵🇸
25/08/2026

CON Suso de Toro. CONTRA O SILENCIO.

Denunciar o xenocidio non é delito ✊🏻

Palestina libre 🇵🇸

Dirección

Monforte De Lemos
27400

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando BNG Monforte publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría