Centro Deportivo Monforte de Lemos

Centro Deportivo Monforte de Lemos Complexo deportivo por excelencia na provincia de Lugo.

11/07/2026
26/06/2026

📣O Alcalde anuncia a interrupción do servicio da Piscina Municipal debido á realización de traballos de mantemento que se van executar, como sempre que é necesario, para acometer tarefas de conservación, mellora e revisión, que permitan garantir o correcto funcionamento das instalacións e a calidade de servicio que se presta ao longo do ano.

❗️O peche ó público producirase dende o luns día 29 ata o 3 de xullo e unicamente afecta á piscina xa que o resto de instalacións: ximnasio, vestiarios...permanecerán abertos ao público no seu horario habitual.

🧰Os traballos previstos inclúen a revisión e posta a punto de equipos, sistemas e infraestruturas, ademais de intervencións preventivas e correctivas, incluídas labores específicas de limpeza, desinfección e revisión dos sistemas de auga das instalacións, que requiren a paralización temporal da actividade para poder desenvolverse coas máximas garantías.

🏊‍♀️Unha vez concluídos estes traballos, a piscina municipal retomará a súa actividade con unha amplía oferta estival que incluirá diferentes modalidades adaptadas ás necesidades dos usuarios, facilitando aos veciños e visitantes, unha alternativa deportiva e saudable durante os meses de verán.

📌O Alcalde agradece a comprensión dos veciños e veciñas, seguro de que comprenderán a necesidade destas tarefas de conservación e mellora das instalacións coa finalidade de garantir o mellor estado das instalacións e unha calidade óptima do servicio.

08/05/2026
26/02/2026

O Alcalde anuncia a apertura o luns 2 de marzo do novo Ximnasio Municipal, "co que completamos a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela".

José Tomé visitou este xoves as novas instalacións, equipadas con material completamente renovado tralo subministro de máquinas de musculación e cardiovasculares, que se adxudicou por un importe de 106.791,98€ á empresa Jonhson Health Technologies SL..

O Concello de Monforte completou a dotación coa colocación de espellos na zona de peso libre, pequeno material funxible de adestramento e un reloxo dixital, que suman unha aportación de 7.253,12€ máis, elevando a inversión total a 114.000€.

-Respecto da sala anterior, o novo Ximnasio gaña en superficie: 300 m2 útiles distribuídos en cinco zonas de adestramento e unha ampla cristaleira con vistas ao exterior co fin de facer máis agradable a experiencia deportiva.

-A instalación abrirá no mesmo horario que a Piscina Municipal e, como novidade, contará cun monitor encargado de asesorar aos usuarios sobre o funcionamento dos equipos.

Así mesmo, o Alcalde anunciou que a xestión da cafetería que dará servizo a todo o complexo deportivo licitarase nos próximos días.

https://www.monfortedelemos.es/gl/novas/2026/alcalde-anuncia-apertura-novo-ximnasio-municipal-completamos-renovacion-integral-complexo-deportivo-pinguela

La vuelta…
21/10/2025

La vuelta…

O Alcalde de Monforte informa da posta en funcionamento da Piscina Municipal o vindeiro luns 27 de outubro.

-As persoas interesadas en darse de alta nalgún dos servizos que se prestan na instalación deportiva, tanto antigos socios como persoas que queiran darse de alta por primeira vez, poderano facer a partir do propio luns 27 no horario de apertura do centro deportivo.

-Todas persoas que foran socias da piscina no momento do seu peche, antes da reforma, estarán exentos do pago desta matrícula.
-Os días 3, 4 e 5 de novembro en horario de 17:00 a 20:00 h. realizaranse as probas de nivel para a oferta de cursos de idade infantil e nenos.

-Os abonados poderán matricularse en cursos de natación os días 6 e 7 de novembro, e os non abonados os días 10 e 11 de novembro. Os cursos comezarán a impartirse o 17 de novembro.

-Os centros educativos, ANPAS e asociacións de Monforte poderán solicitar actividades de natación escolar do 3 ao 7 de novembro; e do 10 ao 14 de novembros se son de fora de Monforte.

https://www.monfortedelemos.es/gl/novas/2025/alcalde-informa-posta-funcionamento-piscina-municipal-vindeiro-luns-27

Dirección

Carretera De Sober S/n
Monforte De Lemos
27400

Horario de Apertura

Lunes 07:30 - 14:00
15:00 - 23:00
Martes 07:30 - 14:00
15:00 - 23:00
Miércoles 07:30 - 14:00
15:00 - 23:00
Jueves 07:30 - 14:00
15:00 - 23:00
Viernes 07:30 - 14:00
15:00 - 23:00
Sábado 10:00 - 14:00
18:00 - 22:00
Domingo 10:30 - 14:30

Teléfono

+34982402646

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Centro Deportivo Monforte de Lemos publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría