Concello de Monforte de Lemos

Concello de Monforte de Lemos Monforte, cidade monumental e de servizos ¿Sabía que o chamado Escorial de Galicia está en Monforte?

Esta é unha das moitas sorpresas que lle agardan aquí, porque Monforte é unha cidade con importantes monumentos, museos e centros de interese, ademáis de hoteis, restaurantes, taperías, tendas e lugares para relaxarse despois dun día de excursións. Aquí encontrará tamén con facilidade, servizos que pode precisar durante as súas vacacións: bancos, hospital, farmacias, librarías, cine, tren, autobu

ses, etc. Ademais Monforte é a capital da Ribeira Sacra, un paraíso no interior de Galicia que merece a pena descubrir.

🎶 O Concello de Monforte abre o prazo de inscrición na Escola Municipal de Música.📅 Desde mañá, martes 8 de setembro, xa...
07/09/2026

🎶 O Concello de Monforte abre o prazo de inscrición na Escola Municipal de Música.

📅 Desde mañá, martes 8 de setembro, xa podes inscribirte para o curso 2026-2027, que se desenvolverá do 16 de setembro ao 15 de xuño.

🎵 Especialidades desde os 6 anos:

Percusión tradicional galega
Canto tradicional con pandeireta
Teclado
Guitarra
Gaita, clarinete e frauta
Saxofón
Trompa, trompeta e trombón de varas
Tuba/Bombardino
Linguaxe musical

📍 Información de prazas: Secretaría do Edificio Multiusos
🕙 De 10:00 a 13:00 h.

📋 Posteriormente, a solicitude deberá tramitarse no Rexistro do Concello de Monforte ou a través da sede electrónica.

👉 https://www.monfortedelemos.es/gl/novas/2026/concello-monforte-abre-prazo-inscricion-escola-municipal-musica-monforte

O Concello de  Monforte conmemora este domingo a Xornada Europea da Cultura Xudía con dúas visitas guiadas pola zona de ...
06/09/2026

O Concello de Monforte conmemora este domingo a Xornada Europea da Cultura Xudía con dúas visitas guiadas pola zona de ámbito xudeu da cidade, dirixidas polo investigador monfortino Felipe Aira.

A primeira desenvolveuse esta mañá, desde as 11:30 horas cunha gran afluencia de público. O intinerario percorre o casco histórico de Monforte con paradas en espazos moi significativos como a rúa Santo Domingo e a muralla, a Praza de Pescaderías, a rúa da Falagueira, a Porta Nova ou o Campo da Virxe, onde os participantes poden descubrir a pegada da presenza xudía na nosa cidade.

📍 Saída desde a Oficina Municipal de Turismo (Rúa do Comercio, 6)
🕕 Seguinte visita, ás 18:00 h
🎟️ Actividade gratuíta

Estas visitas organizadas polo Concello de Monforte coa colaboración da Red de Juderías de España-Caminos de Sefarad, forman parte do no programa do Verán Cultural do Concello.

👉 https://www.monfortedelemos.es/gl/novas/2026/concello-conmemora-xornada-europea-xudia-visitas-guiadas-gratutias-ambito-xudeu-monforte

🤝 O Alcalde, José Tomé Roca, participou hoxe na xuntanza anual do Colexio de Xestores Administrativos de Galicia, que re...
05/09/2026

🤝 O Alcalde, José Tomé Roca, participou hoxe na xuntanza anual do Colexio de Xestores Administrativos de Galicia, que reuniu a máis de 200 persoas no Parador de Monforte.

🏅 A xornada, que celebra a festividade de San Cayetano de Thiene, patrón dos xestores administrativos, incluíu a entrega de distincións a colexiados polos seus 25 e 50 anos de traxectoria profesional.

José Tomé agradeceu ao Colexio escoller Monforte para esta celebración e animou aos participantes a coñecer e desfrutar da nosa cidade e da Ribeira Sacra.

👉 https://www.monfortedelemos.es/gl/novas/2026/alcalde-participa-celebracion-patron-xestores-administrativos-galicia-monforte

🧵 O Alcalde, José Tomé Roca, inaugurou hoxe o IV Encontro de Palilleiras de Monforte de Lemos, Capital da Ribeira Sacra,...
05/09/2026

🧵 O Alcalde, José Tomé Roca, inaugurou hoxe o IV Encontro de Palilleiras de Monforte de Lemos, Capital da Ribeira Sacra, que reúne na Explanada da Compañía arredor de 400 participantes de 34 asociacións procedentes de diferentes puntos de Galicia, Castela e León e Huelva.

🧶 Unha xornada para compartir técnicas, experiencias e coñecementos e, sobre todo, para manter viva unha tradición artesanal que continúa pasando de xeración en xeración.

🗣️ O rexedor destacou que este encontro é xa “unha cita imprescindible no noso calendario de actividades e, en particular, no programa do Verán Cultural do Concello de Monforte”.

✅ Puxo tamén en valor o papel das asociacións: “As administracións debemos apoiar aquelas iniciativas que contribúen a manter vivas as nosas tradicións e que, ao mesmo tempo, son capaces de crear espazos de encontro, de convivencia e de intercambio de coñecementos”.

📍 O encontro conta ademais con arredor dunha decena de postos especializados en encaixes e materiais para palillar.

🎁 Como mostra de agradecemento pola súa presenza e polo labor de conservación desta tradición, o Concello fixo entrega dun agasallo institucional ás representantes das 34 asociacións participantes.

👉 https://www.monfortedelemos.es/gl/novas/2026/alcalde-inaugura-iv-encontro-palilleiras-monforte-ribeira-sacra-34-asociacions-400-persoas

📣 O Alcalde de Monforte, José Tomé, presentou este venres unha nova edición do programa municipal de envellecemento acti...
04/09/2026

📣 O Alcalde de Monforte, José Tomé, presentou este venres unha nova edición do programa municipal de envellecemento activo, o Programa Activa 2026-2027, unha iniciativa que promove o benestar, a autonomía e a participación social.

📍 Oferta un total de 741 prazas, con programa no Centro Cívico-Social e nos locais sociais das parroquias.

🆕 Como novidade, incorpórase CuidArte, e as actividades interxeracionais estarán abertas a maiores de 14 anos.

✅ O programa e totalmente gratuíto para os participantes, cun investimento municipal de 65.000 €, 5.000 máis que na edición anterior.

🗣️ José Tomé: “O Programa Activa é moito máis ca un programa de actividades, é unha ferramenta para facer comunidade, porque sabemos que a soidade non desexada pode ter consecuencias negativas sobre o benestar das persoas, e no Equipo de Goberno entendemos que promover espazos de encontro, convivencia e participación é tamén unha forma de prevención”.

📝 Inscricións: do 16 ao 30 de setembro.
📅 Programa: do 19 de outubro ao 11 de xuño.

👉 https://www.monfortedelemos.es/gl/novas/2026/alcalde-monforte-presenta-programa-activa-novena-edicion-2026-2027-envellecemento-activo

🏃‍♀️🏊‍♂️ O Alcalde informa da apertura dunha nova edición das Escolas Deportivas Municipais de Monforte e dos cursos de ...
03/09/2026

🏃‍♀️🏊‍♂️ O Alcalde informa da apertura dunha nova edición das Escolas Deportivas Municipais de Monforte e dos cursos de natación na Piscina Climatizada, cunha oferta total de 574 prazas para diferentes idades e modalidades.

👉 Escolas Deportivas Municipais: 283 prazas en 8 actividades
Nenos e nenas: ⛳ Golf · 🎾 Pádel · 🥋 Kung Fu · 💃 Zumba infantil

Persoas adultas:🏃 Ximnasia de mantemento · 🧘 Tai Chi · Ioga · Zumba

📅 As actividades desenvolveranse de outubro de 2026 a maio de 2027, durante 8 meses.

📌 Inscricións nas Escolas Deportivas: do 7 ao 18 de setembro. Cada persoa poderá solicitar unha actividade.

🏊‍♀️ Piscina Climatizada Municipal:
➡️ 264 prazas distribuídas en 26 grupos, con cursos para bebés, nenos e nenas, adultos e ximnasia acuática.
➡️ Socios/as: matrícula a partir do 14 de setembro.
➡️ Non socios/as: a partir do 17 de setembro.

José Tomé: "Desde o Equipo de Goberno seguimos apostando polo deporte e por facer chegar as actividades deportivas á poboación monfortina de todas as idades. Facilitar a práctica deportiva é tamén investir na saúde, no benestar e na calidade de vida dos nosos veciños e veciñas".

📍 Máis información e inscricións: Concello de Monforte de Lemos e Piscina Climatizada Municipal.
👉 https://www.monfortedelemos.es/gl/novas/2026/alcalde-monforte-apertura-escolas-deportivas-municipais-cursos-natacion-oferta-574-prazas

📜 O Concello de Monforte conmemora este domingo, 6 de setembro, a Xornada Europea da Cultura Xudía cunha actividade para...
02/09/2026

📜 O Concello de Monforte conmemora este domingo, 6 de setembro, a Xornada Europea da Cultura Xudía cunha actividade para coñecer e descubrir a pegada xudía na historia da nosa cidade.

🚶‍♀️🚶‍♂️ Serán dúas visitas comentadas pola zona de ámbito xudeu de Monforte, que correrán a cargo do investigador monfortino Felipe Aira.

🕦 11:30 h
🕕 18:00 h

📍 Saída: Oficina Municipal de Turismo
Rúa Comercio, 6

✅ É preciso inscribirse previamente na Oficina Municipal de Turismo.

Unha oportunidade para coñecer o rico pasado medieval de Monforte e a súa pegada hebrea, dentro das actividades do programa do Verán Cultural que organiza o Concello.

👉 https://www.monfortedelemos.es/gl/novas/2026/concello-monforte-organiza-visitas-guiadas-gratuitas-ambito-xudeu-domingo-setembro

O Alcalde anuncia a aprobación inicial e exposición pública do proxecto da nova Ponte de Ferro do Malecón, “un paso deci...
01/09/2026

O Alcalde anuncia a aprobación inicial e exposición pública do proxecto da nova Ponte de Ferro do Malecón, “un paso decisivo” para peonalizar a Ponte Medieval.

✅ Unha actuación que permitirá mellorar a mobilidade de Monforte e avanzar cara a un dos grandes compromisos do Alcalde e do Equipo de Goberno: facer peonil a Ponte Medieval.

🗣️ José Tomé: "Estamos ante un proxecto que avanza, que ten todas as autorizacións necesarias e que agora entra nunha fase decisiva que nos acerca á necesaria peonalización da nosa Ponte Medieval".

📍 A nova ponte conectará Santa Clara e Corredoira co Paseo do Malecón reducindo o tráfico pola rúa Hortas e polo centro da cidade.

🌳 O proxecto está deseñado sen apoios no río Cabe e respectando a zona verde e as árbores de ribeira do Malecón.

Ademais, recuperará a imaxe da antiga Ponte de Ferro que existiu na zona da actual Ponte Nova da avenida de Galicia e que colapsou nos anos 50 do século XX.

💶 Investimento: 5.126.356,71 €
• Concello de Monforte: 2.839.299,71 € (55 %)
• Deputación de Lugo: 2.287.057 € (45 %)

📄 O proxecto xa está en exposición pública durante un mes, ata o 1 de outubro, e pode consultarse na Secretaría do Concello, na Sede Electrónica e na web municipal.

Os interesados en facer esta consulta presencial poden solicitar cita no Concello.

📅 A previsión é licitar as obras antes de que remate 2026, adxudicalas aproximadamente en abril de 2027 e iniciar os traballos no verán.

Información e proxecto➡️ https://www.monfortedelemos.es/gl/novas/2026/alcalde-monforte-aprobacion-inicial-exposicion-publica-ponte-malecon-paso-decisivo-peonalizar-ponte-medieval

O Concello de Monforte manifesta o seu apoio e solidariedade con Ceuta, pero non participará na concentración convocada ...
31/08/2026

O Concello de Monforte manifesta o seu apoio e solidariedade con Ceuta, pero non participará na concentración convocada “unilateralmente” pola presidenta da FEMP.

José Tomé: “Non lle imos facer esa campaña ao Partido Popular, porque a presidenta da FEMP, tomou esa decisión sen contar cos representantes do resto de grupos”.

O rexedor pídelle aos monfortinos e monfortinas “que non perdan o tempo, porque isto é para utilizar como campaña política de cara ás eleccións xerais”.

En todo caso, o Alcalde de Monforte quere deixar claro que “esta decisión do Concello de Monforte non supón, en ningún caso, cuestionar a necesidade de mostrar solidariedade coa cidade de Ceuta e coa súa cidadanía ante a situación que está a vivir, totalmente allea ao Goberno central e ao Goberno de España”.

👉 https://www.monfortedelemos.es/gl/novas/2026/concello-monforte-apoio-ceuta-non-participara-concentracion-convocada-unilateralmente-presidenta-femp

✅ O Alcalde de Monforte, José Tomé, anuncia a adxudicación do contrato para modernizar a rede de comunicacións do Concel...
31/08/2026

✅ O Alcalde de Monforte, José Tomé, anuncia a adxudicación do contrato para modernizar a rede de comunicacións do Concello de Monforte.

☎️📱🛜 O contrato corresponde á prestación dos servizos de comunicacións municipais que integran a telefonía fixa, telefonía móbil, datos e internet tanto no Concello de Monforte como nos seus centros dependentes.

📳 A adxudicataria é a empresa Orange Espagne S.A.U., que prestará estes servizos por un importe total de 144.665,18 euros e durante un período de 4 anos coa posibilidade de engadir 1 ano adicional de prórroga.

🙌🏻 O Alcalde, José Tomé, indica que a finalidade “é manter, potenciar e mellorar os sistemas de comunicacións, impulsando o despregue da administración electrónica e as relacións coa cidadanía tanto no Concello de Monforte como nos seus centros adscritos”.

👉 https://www.monfortedelemos.es/gl/novas/2026/alcalde-adxudicacion-contrato-servizos-modernizar-rede-comunicacions-concello-monforte

Dirección

Campo De Santo Antonio S/n
Monforte De Lemos
27400

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello de Monforte de Lemos publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir