Bng Mondoñedo

Bng Mondoñedo Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Bng Mondoñedo, Organización política, Mondoñedo.

O ABANDONO DO DÍA A DÍA E A DESORGANIZACIÓN DO CONCELLO TEN CONSECUENCIAS PARA A VECIÑANZA. Como pode ser que nos orzame...
04/07/2026

O ABANDONO DO DÍA A DÍA E A DESORGANIZACIÓN DO CONCELLO TEN CONSECUENCIAS PARA A VECIÑANZA.

Como pode ser que nos orzamentos deste ano se contemplen prazas e persoal laboral temporal suficiente para manter o servizo de socorrismo nas piscinas municipais no verán e agora por falta de persoal as instalacións este fin de semana teñen que estar pechadas pola falta dun ou dunha socorrista?

Como pode ser que concellos do redor como Valadouro, Alfoz, Lourenzá, Trabada ou Riotorto consigan socorristas e ofrecer un servizo con normalidade de luns a domingo e aquí o goberno municipal non é capaz de asegurar e manter o servizo durante dous meses ao ano?

Será que as bases que regulan o proceso de selección de dous empregos de carácter laboral temporal de socorristas saíron publicadas no boletín da provincia nada máis e nada menos que o 19 de xuño a dúas semanas da apertura das instalacións?

Nun contexto no que se sabe de ante man que hai dificultades para conseguir socorristas o goberno municipal ten que prever esta situación con antelación suficiente para garantir unha apertura das piscinas con normalidade e sen sobresaltos polo que esta situación é inadmisible e non se xustifica, así que lle pedimos ao goberno urxencia nas xestións e lle devolva á veciñanza un servizo de calidade ao que ten dereito e polo que paga un abono.

“ABANDONO DO DÍA A DÍA” É decepciónante ver hoxe a pasarela que conduce á entrada da Cova do Rei Cintolo tomada pola mal...
28/06/2026

“ABANDONO DO DÍA A DÍA”

É decepciónante ver hoxe a pasarela que conduce á entrada da Cova do Rei Cintolo tomada pola maleza en plena temporada de verán.

Isto non apareceu así da noite para a mañá polo que demostra unha vez máis a desatención e o abandono dos servizos cotiáns que ten que prestar o goberno do Partido Popular no noso concello.

Esta mala xestión do goberno local ademais de afectar a veciñanza tamén perxudica gravemente a imaxe exterior da nosa cidade polo que pedimos un plan de rozas sistemático e non un servizo “improvisado” que só actúa cando hai queixas.

Hoxe toca desfrutar da primeira Rapa das Bestas da comarca no curro do Campo do Oso. Unha tradición que vai xa pola 47 e...
28/06/2026

Hoxe toca desfrutar da primeira Rapa das Bestas da comarca no curro do Campo do Oso.
Unha tradición que vai xa pola 47 edición
e a partires das 13h poderanse degustar de hamburguesas de poldro, grazas ao programa da Vicepresidencia. Deputación de Lugo en colaboración coa asociación de criadores de cabalo co que se.busca promover o coñecemento e o consumo de carne de poldro, un produto ligado ás razas autóctonas e á gandeiría extensiva.
Parabén a tod@s os que fan posible que unha festa como esta se siga mantendo e celebrando ano tras ano.

02/06/2026
O BNG DE MONDOÑEDO DEMANDA MEDIDAS QUE GARANTAN A SALUBRIDADE DAS AUGAS  MUNICIPAIS EN DOUS BARRIOS DO CONCELLO A nefast...
27/05/2026

O BNG DE MONDOÑEDO DEMANDA MEDIDAS QUE GARANTAN A SALUBRIDADE DAS AUGAS MUNICIPAIS EN DOUS BARRIOS DO CONCELLO



A nefasta xestión do Partido Popular no concello pón en perigo a sáude da poboación



Mondoñedo 27 de maio do 2026. O BNG de Mondoñedo levará ao vindeiro pleno rogos e preguntas para ver de solucionar os problemas de abastecemento de auga potable aos barrios do Monfadal e Maariz.

Concretamente segundo apuntan os nacionalistas as augas das traídas municipais que chegan a estes barrios carecen dun tratamento para a potabilización ou desinfección que garanta a seguridade da auga para o consumo humano, os depósitos están rotos, sucios e sen ningún tipo de blindaxe contra calquera contaminación externa.



Situación inaceptable

Eloi Cabanas, voceiro do BNG no concello, considera inaceptable esta situación e esixe unha intervención inmediata por parte do goberno local para que se poña en contacto coa empresa concesionaria e corrixir sen máis demoras estas deficiencias. "A veciñanza está farta de escoitar ao señor alcalde falar de investimentos que nunca chegan mentres seguen sen consumir auga da traída municipal polo risco que iso leva consigo" manifestou Cabanas.



Barrio do Monfadal e A Fonte, sen ningún tipo de tratamento potabiizador

O depósito que suministra a auga municipal a parte da veciñanza do barrio do Monfadal e ao lugar da Fonte non está operativo, a entrada de auga ao depósito orixinal de formigón está anulada e como solución instalouse un depósito de material plástico que almacena de forma directa a auga sen ningún tipo de blindaxe que protexa o interior deste para logo introducir a auga á rede municipal sen ningún tipo de tratamento potabilizador.



Barrio de Maariz, co depósito roto e a auga sen potabilizar

O depósito está roto, non é capaz de gardar todo o volume auga para o que foi construído e carece dun tratamento de potabilización que garanta a seguridade da auga que chega á veciñanza.



O goberno municipal do Partido Popular tén que dar explicacións pola súa nefasta xestión e ofrecer unha solución inmediata á veciñanza

O grupo municipal do BNG no concello pediralle explicacións ao goberno sobre a potabilidade da auga que chega a estes barrios a través de diversas preguntas así como a reclamación da suspensión de cobro da taxa do subministración de auga mentres non se resolvan as deficiencias que presentan estas traídas municipais.

Eloi Cabanas expresa a súa fonda preocupación pola inacción do goberno ante estes problemas que a veciñanza destes barrios vén denunciando e poñendo en coñecemento do alcalde, Manuel Otero, desde fai máis dun ano polo que esixe unha explicación que dea seguridade e certeza aos máis de trinta veciños e veciñas afectadas. “A nefasta xestión desta situación evidencia unha vez máis a tendencia xeneralizada coa que o goberno municipal administra o concello, causando frustración entre a veciñanza que ve como cada día que pasa Mondoñedo presenta un estado de abandono máis evidente” concluíu Eloi.

"Para garantir ese itinerario alternativo é necesario que desde o Goberno se proceda a arranxar é adecuar a N-634, prolo...
18/05/2026

"Para garantir ese itinerario alternativo é necesario que desde o Goberno se proceda a arranxar é adecuar a N-634, prolongando o terceiro carril desde o punto quilométrico 596 ate a rotonda de ligazón coa A-8 no Alto da Xesta. Un tramo de tan só 4,5 quilómetros entre Mondoñedo e Abadín para convertelo nunha auténtica alternativa á A-8 en situacións de intensa néboa que imposibilitan a condución pola A-8. Esta actuación permitiría mellorar a seguranza viaria e favorecer a fluidez do tráfico que tería tra alternativa"


Na sesión da Comisión de Transportes do Senado celebrada esta tarde tratouse un tema que tanto o BNG como a veciñanza de Mondoñedo e a comarca levan demandando desde hai anos, que é a prolongación do terceiro carril na N-634 desde Mondoñedo ata o Alto da Xesta. O motivo desta demanda era e é facilitar un itinerario alternativo cómodo, seguro, e que facilita a fluidez do tráfico, frente aos continuos peches da A-8 no Fiouco por motivo da néboa.

Esta proposta do terceiro carril formulada pola senadora do BNG Carme da Silva como emenda de adición a unha moción do PP que reclamaba un sistema de balizamento láser e o reforzo dos sistemas de control, análise e avaliacion das condicions meteorolóxicas na A-8, foi aprobada.

En Mondoñedo analisando as experiencias en urbanismo nos centros históricos.Políticas que aposten por colocar o espazo p...
08/05/2026

En Mondoñedo analisando as experiencias en urbanismo nos centros históricos.

Políticas que aposten por colocar o espazo público municipal ao servizo dun urbanismo que promova igualdade, accesibilidade, vivenda, comercio local, e coidado do patrimonio.

ACTO PÚBLICO DO BNG SOBRE A VIVENDASerá o vindeiro venres 8 de maio ás 19:30 no centro comarcal - Pazo San Tomé- en Mond...
30/04/2026

ACTO PÚBLICO DO BNG SOBRE A VIVENDA
Será o vindeiro venres 8 de maio ás 19:30 no centro comarcal - Pazo San Tomé- en Mondoñedo.

Contaremos con Xaquín Moreda (arquitecto e concelleiro de Servizos Urbanos en Pontevedra) e María Xosé Piñeira (doutora en Xeografía e Historia pola USC) ademáis do deputado no Parlamento Galego Daniel Castro e Eloi Cabanas portavoz municipal do BNG en Mondoñedo.

XORNADAS SOBRE EXPERIENCIAS MUNICIPAIS O BNG PRESENTA NA MARIÑA O SEU MODELO DE POLÍTICA MUNICIPALFortalecemento e ampli...
29/03/2026

XORNADAS SOBRE EXPERIENCIAS MUNICIPAIS

O BNG PRESENTA NA MARIÑA O SEU MODELO DE POLÍTICA MUNICIPAL

Fortalecemento e ampliación dos servizos públicos, participación da veciñanza, xeración de riqueza desde o local, piares básicos destas propostas

O BNG de Bng Mondoñedo participa nesta xornada sobre política municipal aprendendo das diferentes experiencias de como aplicar a política do BNG no local.

MAÑÁ ÁS 20:00 Hrs HAI PLENO:O BNG DE MONDOÑEDO PROPÓN ELABORAR UN PLAN DE ACCESIBILIDADE PARA EDIFICIOS E ESPAZOS PÚBLIC...
25/03/2026

MAÑÁ ÁS 20:00 Hrs HAI PLENO:

O BNG DE MONDOÑEDO PROPÓN ELABORAR UN PLAN DE ACCESIBILIDADE PARA EDIFICIOS E ESPAZOS PÚBLICOS MUNICIPAIS

Mondoñedo, 25 de marzo do 2026.

O grupo municipal do BNG no Concello de Mondoñedo presentará no vindeiro pleno unha moción para impulsar a elaboración dun plan de accesibilidade para os edificios e espazos públicos de titularidade municipal, co obxectivo de garantir que todas as persoas poidan acceder en condicións de igualdade.



Desde o BNG lembran que o acceso autónomo e seguro aos edificios e espazos públicos é un dereito que debe estar garantido para toda a cidadanía, independentemente da súa condición de mobilidade, idade ou capacidade. Porén, sinalan que en Mondoñedo existen diversos inmobles municipais que non cumpren coas condicións básicas de accesibilidade, o que dificulta ou mesmo impide o uso normal dos servizos que prestan.



-A CASA DO CONCELLO COMO EXEMPLO MÁIS EVIDENTE-

Entre os exemplos que mencionan, o BNG destaca o propio edificio do Concello, onde se sitúa a alcaldía, o salón de plenos e varias oficinas municipais e segundo explica o voceiro do nacionalista no concello, Eloi Cabanas, o acceso ás plantas superiores só pode realizarse a través das escaleiras, sen ningún sistema alternativo que permita salvar a barreira arquitectónica que presenta. “Non hai alternativa e a única forma que ten a cidadanía para poder solicitar de forma presencial información sobre trámites administrativos, realizar xestións ou asistir ás celebración plenarias ou outros actos institucionais ou culturais que alí se celebran é a de acceder ás plantas superiores do consistorio polas escaleiras do edificio”.



Ademais, indican que esta situación non se limita á casa consistorial. Outros edificios municipais como o Consistorio Vello, que alberga a Oficina de Turismo e a Biblioteca Municipal, ou a Casa da Xuventude na rúa Pacheco, tamén presentan problemas de acceso.

A moción presentada polo grupo nacionalista propón en primeiro lugar que o Concello elabore un estudo detallado de todos os edificios e espazos públicos municipais para identificar obstáculos que dificulten o acceso a persoas con discapacidade, mobilidade reducida ou familias con carriños de bebé.

Unha vez realizado este estudo, o BNG solicita que o goberno municipal leve a cabo as actuacións necesarias para corrixir os problemas detectados e mellorar a accesibilidade nos espazos públicos.

Por último, a iniciativa tamén reclama que o Concello actúe con maior celeridade no mantemento das prazas de estacionamento reservadas para persoas con mobilidade reducida, xa que a falta de sinalización ou de pintado adecuado fai que en moitos casos non resulten plenamente funcionais.

Desde o BNG consideran que avanzar cara a unha accesibilidade universal é unha cuestión de dereitos e igualdade, e confían en que o pleno municipal apoie unha proposta que busca facer de Mondoñedo unha vila máis accesible para todas as persoas.

Dirección

Mondoñedo

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Bng Mondoñedo publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir