08/03/2026
Hoxe celebramos o camiño que tantas mulleres abriron antes ca nós, un legado que segue vivo e que inspira cada paso que damos. A historia está feita de talento, esforzo e compromiso, e continúa a medrar grazas ás mulleres que hoxe constrúen comunidade, coidan, investigan, crean, emprenden e lideran.
Desde o CIM de Mondoñedo reivindicamos un pasado que merece ser lembrado, un presente no que seguimos avanzando e un futuro no que a igualdade sexa unha realidade plena. Os fitos acadados son moitos, mais os que están por chegar serán froito da forza colectiva, da educación en igualdade e do respecto polos dereitos de todas.
Neste 8M reafirmamos o noso compromiso: acompañar, informar, sensibilizar e traballar para que cada muller poida vivir libre, segura e con todas as oportunidades ao seu alcance.
Porque a historia continúa, e escríbese cada día.