04/09/2026
🎠🎡 Programa das Festas Patronais da Virxe dos Remedios
Do venres 4 ao sábado 12 de setembro, ás 9,00 e 19,30 horas, Novena da Nosa Señora dos Remedios no seu Santuario.
VENRES, 11 DE SETEMBRO:
Ás 20,30 horas, VI edición do Festival “Mamá quero Cantar”. No auditorio municipal “Pascual Veiga”.
SÁBADO, 12 DE SETEMBRO:
Ás 12,30 horas, espectáculo infantil “DiverS@S” con Bátega Teatro. No xardín da Igrexa dos Remedios. Se chove, no auditorio.
Ás 13,45 horas, sesión vermú na alameda coa orquestra MIRAMAR.
Ás 14,00 horas, actuación do grupo tradicional “A Requinta de Lampai”. Na praza do Concello. Organiza Gaita Escola.
Ás 17,30 horas, obradoiro de iniciación ao baile tradicional (actividade aberta e de balde). Organiza Gaita Escola.
Ás 18,00 horas, espectáculo infantil A NENA E O GRILO CAMIÑO DAS CORES. No auditorio municipal.
Ás 20,00 horas, comezo da “XIII XUNTANZA DE CANTOS DE TABERNA DE MONDOÑEDO”. A saída terá lugar dende a Praza do Concello percorrendo os locais de hostalería. Organiza Gaita Escola.
Ás 22,00 horas, verbena na alameda coa orquestra MIRAMAR e Discomóbil ONDA NORTE.
Ás 23,30 horas, foliada aberta dos Cantos de Taberna. Na praza do Concello. Organiza Gaita Escola.
DOMINGO, 13 DE SETEMBRO:
Ás 11,30 horas, saída da Comitiva da Casa do Concello cara ao Santuario da Nosa Señora dos Remedios, acompañada pola Banda de Música de Vilalba.
Ás 12,00 horas, MISA DE OFRENDA Á VIRXE DOS REMEDIOS, presentada pola Ilma. Sra. Alcaldesa do Concello de Vilalba, dona Marta Rouco, e que será presidida polo Excmo. e Rvdmo. S. Obispo de Mondoñedo-Ferrol, Don Fernando García Cadiñanos. A misa será cantada pola “Coral Polifónica Vilalbesa".
Seguidamente, solemne PROCESIÓN polo itinerario de costume.
Ás 13,30 horas, sesión concerto na alameda coa Banda Municipal de Música de Vilalba.
Ás 14,00 horas, sesión vermú na alameda coa orquestra “SALSARENA”.
Ás 18,00 horas, partido de fútbol entre o Mondoñedo F.C e o Meira F.C. No campo municipal Viñas da Veiga.
Ás 22,00 horas, verbena na Alameda coa orquestra SALSARENA e Discomóbil ONDA NORTE.
LUNS 14, DE SETEMBRO - LUNS DOS REMEDIOS (FESTIVO LOCAL)
Ás 12,30 horas, MISA DE COFRADES no Santuario da Nosa Señora dos Remedios, cantada polo “Coro Mindoniense”.
Ás 13.30 horas, sesión vermú coa orquestra SUAVECITO. A actuación prolongarase ata as 16 horas.
Día do Neno:
Ás 18,00 horas, Festa da Bicicleta desde a praza da Catedral ata a alameda dos Remedios. Descontos nas atraccións infantís.
A COMISIÓN ORGANIZADORA AGRADECE AS APORTACIÓNS ECONÓMICAS RECIBIDAS POR PARTICULARES, NEGOCIOS E ADMINISTRACIÓNS E DESÉXALLES FELICES FESTAS.