Servizos Sociais Concello de Mondoñedo

Servizos Sociais Concello de Mondoñedo Información e recursos do Concello de Mondoñedo

🌍 Os nosos nenos e nenas do campamento coidan do Concello! Os/as máis peques tiñan unha súper misión: cambiar o mundo! 🚀...
17/08/2026

🌍 Os nosos nenos e nenas do campamento coidan do Concello!

Os/as máis peques tiñan unha súper misión: cambiar o mundo! 🚀

Durante a mañá do pasado venres, realizaron unha actividade de sensibilización ambiental. Saíron á rúa para demostrar que o coidado do planeta comeza precisamente aquí: nas nosas rúas, prazas e parques. 🌳🏢

Os obxectivos desta experiencia foron:
• ♻️ Aprender a reciclar: Descubrir como usar correctamente os diferentes colectores de reciclaxe.
• 👁️ Observar a contorna: Analizar as rúas e zonas verdes ao tempo que comprenden o impacto de todo o lixo que se xera no entorno e a importancia de reducir o consumo de plásticos.
• 🤝 Conciencia ecolóxica: Demostrar que coidar o noso entorno é tarefa de todos e todas, traballando en coordinación e valorando o esforzo en equipo.
• 💡 Aprendizaxe activa: Preservar o medio ambiente como unha ferramenta educativa, unindo a teoría coa práctica para lograr un impacto visible e positivo.
• 🚸 Respecto polo común: Aprender a respectar o espazo que compartimos cos demais, demostrándolles que as súas accións teñen un valor real no día a día.

Unha experiencia compartida que deixa pegada e que os/as axuda a valorar e protexer os espazos nos que xogan cada día.

PROGRAMA DE RESPIRO FAMILIAR 🫂➡️ O obxecto do programa é a concesión de axudas económicas dirixidas a aquelas persoas co...
12/08/2026

PROGRAMA DE RESPIRO FAMILIAR 🫂

➡️ O obxecto do programa é a concesión de axudas económicas dirixidas a aquelas persoas coidadoras habituais non profesionais que atendan de forma continuada a unha ou máis persoas dependentes ou con discapacidade ou en situación de necesidade de terceiros para as actividades da vida diaria

📌 Para facilitar o descanso e a conciliación da vida persoal, familiar e laboral das persoas coidadoras hai 3 modalidades de achegas nesta convocatoria: respiro no fogar, respiro nun centro de día ou respiro nunha residencia

📆 As solicitudes poderán realizarse ata 15 de outubro

Máis información
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?langId=es_ES&codtram=BS614B

E no departamento de Servizos Sociais do Concello e no 982 524 003-ext 8

Obradoiro "Con voz propia: empoderamento, igualdade e prevención da violencia de xénero"💜Impartido pola Asociación BUMEI...
11/08/2026

Obradoiro "Con voz propia: empoderamento, igualdade e prevención da violencia de xénero"💜

Impartido pola Asociación BUMEI en colaboración co Concello de Mondoñedo

📅 Data: 14 de agosto
⏰Horario: 11:00 -12:30 h
🏢Lugar: sala multiusos do Pazo San Tomé de Mondoñedo

O obxectivo desta actividade é reforzar a autoestima, impulsar o empoderamento persoal e ofrecer ferramentas clave para detectar e previr a violencia de xénero nun espacio seguro, participativo, respetuoso e transformador

Máis información nas oficinas de servizos sociais e no teléfono 982 524 003- extensión 8

PROXECTO ALOUMIÑOSO Concello de Mondoñedo informa da posta en marcha do Proxecto Aloumiños.Este proxecto é unha iniciati...
12/06/2026

PROXECTO ALOUMIÑOS

O Concello de Mondoñedo informa da posta en marcha do Proxecto Aloumiños.

Este proxecto é unha iniciativa dirixida á poboación adulta, prioritariamente ás persoas maiores de 55 anos.

Ten como obxectivo promover hábitos e entornos saudables, crear espacios de benestar e promover a calidade de vida, o apoio social e as relacións interpersoais. tamén busca reducir a sensación de soidade, promover a adherencia a tratamentos de saúde.

Vaise realizar na escola de Vilamor os luns de 11:00 h a 12:30 h.

As persoas interesadas poden poñerse en contacto con Nerea, educadora social do proxecto no teléfono 694 314 515 ou acudir ao Departamento de Servizos Sociais do Concello de Mondoñedo.

CAMPAMENTO DE VERÁN 2026⚽️🏓🥅🛝🛼🤸‍♂️⛹️‍♀️🎤🎲♟️🧩 ➡️Dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos👦👧📍 Lugar: recinto do CEIP Álvaro ...
09/06/2026

CAMPAMENTO DE VERÁN 2026⚽️🏓🥅🛝🛼🤸‍♂️⛹️‍♀️🎤🎲♟️🧩

➡️Dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos👦👧

📍 Lugar: recinto do CEIP Álvaro Cunqueiro Mora (colexio novo)

📆Datas: desde o 22 de xuño ata o 4 de setembro

🖊️ Prazo de inscrición: ata o 19 de xuño nas oficinas de servizos sociais do Concello de Mondoñedo

☎️ 982 524 003-ext 8

📣 BENESTAR EN BALNEARIOS💦🚿⛲️➡️ A Xunta de Galicia volve a poñer en marcha o programa Benestar en Balnearios pensado para...
29/05/2026

📣 BENESTAR EN BALNEARIOS💦🚿⛲️

➡️ A Xunta de Galicia volve a poñer en marcha o programa Benestar en Balnearios pensado para seguir gañando en saúde e calidade de vida, a través do descanso e dos beneficios das augas termais.

Dirixido a:
👥 Persoas maiores de 60 anos residentes en Galicia, así como a persoas pensionistas maiores de 55 anos. Poden asistir con acompañante e no caso de ter un fillo ou filla cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33% tamén pode participar.

🔵 En que consiste?
Estadías de 10 días e 9 noites en réxime de pensión completa -inclúe aloxamento, almorzo, xantar e cea- a escoller entre 15 balnearios de Galicia, con quendas dispoñibles entre xullo e decembro de 2026 así como tratamentos termais e actividades socioculturais.

📆 Prazo de solicitude
Ata o 26 de xuño de 2026

✏️ Solicitude
Preferentemente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (procedemento BS607A)
Presencialmente nas oficinas de atención á cidadanía e de rexistro da Xunta, ou nas oficinas de Correos.

📍 Máis información:
Pode acudir ao Departamento de Servizos Sociais do Concello e no teléfono 982 524 003-ext 8.

https://politicasocial.xunta.gal/gl/recursos/plans-e-programas/benestar-en-balnearios
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?langId=es_ES&codtram=BS607A

24/04/2026

PROGRAMA FSE+ DE ASISTENCIA MATERIAL BÁSICA

Aberto o prazo para solicitar as axudas do Programa FSE+ de asistencia material básica (Programa Básico) na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciado pola Unión Europea.

Ten como finalidade facer fronte á privación material das familias máis desfavorecidas con menores a cargo, a través dun sistema de tarxetas e/ou vales físicos ou electrónicos intercambiables por alimentos e outros produtos de asistencia material básica, así como apoiar a súa inclusión social, a través das medidas de acompañamento que se establezan.

REQUISITOS DOS DESTINATARIOS DO PROGRAMA
-Formar parte dunha unidade de convivencia con, polo menos, unha persoa menor ao seu cargo.

-Vivir en fogares cuxos ingreso por unidade de consumo sexan inferiores ao 40% da renda mediana nacional (8.146,93 €). Para estes efectos computaranse a totalidade dos ingresos que perciben as persoas integrantes da unidade de convivencia obtidos durante os seis meses inmediatamente anteriores á solicitude de acceso ao programa.

-Estar empadronado nalgún municipio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Máis información no departamento de Servizos Sociais e no teléfono 982 524 003- extensión 8

A concelleira de Servizos Sociais  visitou a Oficina Móbil do retorno "Benvidos a Galicia"Está ubicada na praza do conce...
16/04/2026

A concelleira de Servizos Sociais visitou a Oficina Móbil do retorno "Benvidos a Galicia"

Está ubicada na praza do concello, durante o día de hoxe ata as 14:00 h

Dende o Concello de Mondoñedo animamos ás persoas interesedas a achegarse á unidade móbil a informarse

📣 OFICINA MÓBIL DE RETORNO “BENVIDOS A GALICIA" ▶️Consiste nun punto de atención presencial de información para os galeg...
07/04/2026

📣 OFICINA MÓBIL DE RETORNO “BENVIDOS A GALICIA"

▶️Consiste nun punto de atención presencial de información para os galegos e galegas que retornan e as súas familias co obxectivo de favorecer a integración sociolaboral en Galicia de toda a familia que retorna.

📅Estará en Mondoñedo o próximo xoves, 16 de abril en horario de ⏰ 9:00 a 14:00 h.

📍Ubicarase na praza do concello

➡️ Os servizos que se prestarán, preferentemente baixo cita previa serán entre outros:
• Temas administrativos anteriores e posteriores ao retorno
• Prestacións, subvencións e axudas
• Asistencia sanitaria
• Vivenda e formación
• Orientación laboral e emprego

✏️ Se prefires podes pedir cita previa en
https://emigracion.xunta.gal/es/actividad/retorna/oficina-movil-cita-previa

☎️ Máis información no teléfono 900 102 380 ou achegándote ao Departamento de Servizos Sociais do Concello e no 982 524 003-ext 8

🟣Actos centrais polo 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres
03/03/2026

🟣Actos centrais polo 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres

O 8M achégase a Mondoñedo cunha mensaxe clara: igualdade, memoria e futuro.
Este venres presentamos o novo panel da exposición permanente "A historia de Mondoñedo leva nome de muller" e compartimos a declaración “Mondoñedo en Igualdade”.
Seguimos avanzando, xuntas e xuntos.

Dirección

Praza Do Concello, N°1, Baixo
Mondoñedo
27740

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 15:00
Martes 09:00 - 15:00
Miércoles 09:00 - 15:00
Jueves 09:00 - 15:00
Viernes 09:00 - 15:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Servizos Sociais Concello de Mondoñedo publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Servizos Sociais Concello de Mondoñedo:

Atajos

Compartir

Categoría