Bng Mondariz

Bng Mondariz Páxina oficial do Bloque Nacionalista Galego en Mondariz no Facebook. Para que coñezas o que facemos por Mondariz, por Galiza e por ti.

Coincidindo co 90 aniversario do golpe de Estado de 1936, a Corporación Municipal, a proposta do BNG, acordou:- Condenar...
06/08/2026

Coincidindo co 90 aniversario do golpe de Estado de 1936, a Corporación Municipal, a proposta do BNG, acordou:

- Condenar institucionalmente o golpe militar contra a legalidade republicana e a posterior ditadura franquista.

- Recoñecer a figura de José Troncoso Faro, obrigado ao exilio por defender a democracia.

- Instalar unha placa conmemorativa na Casa do Concello en homenaxe ao último alcalde democrático de Mondariz antes da ditadura.

A moción foi aprobada por unanimidade, co voto favorable de BNG, PP, AxM e PSOE.

A memoria democrática é tamén unha forma de defender a democracia do presente.

Hoxe, o compañeiro   deixa a corporación do Concello de Mondariz despois de 7 anos de concelleiro. O mellor da política ...
27/07/2026

Hoxe, o compañeiro deixa a corporación do Concello de Mondariz despois de 7 anos de concelleiro. O mellor da política son as persoas que a exercen con honestidade, coherencia e compromiso.
Dende o queremos agradecer o teu traballo como concelleiro durante todos estes anos. Sabemos que seguirás pulando e loitando por un futuro mellor para Mondariz e para Galiza ✊
Saúde e Mátria 🤍🩵❤️🩵🤍

Hoxe cúmprense 90 anos de que José Troncoso Faro, alcalde de   por 'Unión Republicana', se vise obrigado a emprender o c...
18/07/2026

Hoxe cúmprense 90 anos de que José Troncoso Faro, alcalde de por 'Unión Republicana', se vise obrigado a emprender o camiño do exilio tras o golpe de Estado fascista de xullo de 1936. Despois de pasar por Portugal e Cataluña, acabou internado nun campo de concentración no estado francés. Alí estableceuse definitivamente e retomou o seu oficio de xastre. Nunca regresou a Mondariz nin a Galiza.

Compartimos a requisitoria publicada en El Pueblo Gallego o 9 de outubro de 1936, na que se lle ordenaba comparecer ante un xuíz militar. Xunto ao seu nome aparecen tamén:
• Manuel Martínez Alonso, do Escobeiro.
• Celso Collazo, de Crecente, oficial de 1º do Concello de Mondariz e militante do Partido Galeguista. Foi asasinado polos sublevados e o seu corpo apareceu no Covelo o 22 de setembro de 1936.
• Francisco Bouza, do Grove, mestre en Frades e militante de Izquierda Republicana. Foi sometido a consello de guerra e condenado a 12 anos de prisión.
• Luís Soto, da Bola, mestre en Aboal e do PCE. Exiliouse tras a guerra, foi colaborador e secretario de Castelao no exilio e participou na fundación da UPG.

Noventa anos despois, seguimos lembrando a todas as persoas que sufriron a represión tras o golpe de Estado e 40 anos de ditadura franquista. A memoria democrática non é só unha homenaxe ás vítimas: é tamén un compromiso coa defensa da democracia, das liberdades e dos dereitos humanos fronte a calquera forma de autoritarismo.

Galiza non esquece!

16/07/2026

A mellor festa para dar comezo á conta atrás do 25 de xullo!
II Festa Nacionalista de Mondariz este sábado 18 de xullo a partir das 20:30 na escola do Valiño en Vilasobroso.

🚨 II Festa Nacionalista de Mondariz ✊O vindeiro 18 de xullo vémonos na Escola do Valiño (Vilasobroso) para celebrar a II...
13/07/2026

🚨 II Festa Nacionalista de Mondariz ✊

O vindeiro 18 de xullo vémonos na Escola do Valiño (Vilasobroso) para celebrar a II Festa Nacionalista de Mondariz, unha xornada pensada para compartir ideas, fortalecer lazos e g***r da mellor compañía.

A programación comezará ás 20.30 h cun acto político e continuará ás 21.00 h cunha cea popular e convivio, acompañados de distintas actividades organizadas polas compañeiras.

Porque ser nacionalistas tamén é facer comunidade, compartir mesa e reivindicar con orgullo o noso país.

Queremos celebrar xuntas a proximidade do 25 de xullo, Día da Patria Galega, nun ambiente de amizade, compromiso e esperanza.

Contamos contigo ✊

Reserva a data! Proximamente novidades!
28/06/2026

Reserva a data!
Proximamente novidades!

Moitas palabras, poucos feitos!Como ben recolle esta nova do  o goberno liderado por nós deixou o traballo feito para qu...
24/06/2026

Moitas palabras, poucos feitos!

Como ben recolle esta nova do o goberno liderado por nós deixou o traballo feito para que o parque empresarial fose unha realidade a partir do ano 2023.
Porque, 3 anos depois seguimos esperando por el? Dous desgobernos pasaron en 3 anos e non foron (ou non quixeron) capaces de arrancar este proxecto fundamental para o noso concello.

Por certo, porque o alcalde do PP pide unha ampliación da superficie, se xa hai 144.000 metros cadrados disponíbeis? Esperemos que non haxa ningún tipo de interese escuro, verdade?

Outro día falamos do noso proxecto turístico na Cela...



https://www.atlantico.net/condado-paradanta/mondariz-dispone-144-000-metros_1_20260624-4327651.html

Con algún posto pechado hai máis de 6 meses, por fin sae a convocatoria para os postos da praza de abastos. Non foi porq...
22/06/2026

Con algún posto pechado hai máis de 6 meses, por fin sae a convocatoria para os postos da praza de abastos. Non foi porque non preguntáramos pleno tras pleno ao goberno municipal...
Esperemos que se resolvan rapidamente e a praza volva ter a actividade e vida.
Sorte a todas as candidaturas!

🏪 Abre o prazo para licitar os postos da Praza de Abastos Municipal de Mondariz!
Hoxe publícase no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra o anuncio de licitación de varios postos no Mercado Municipal de Mondariz. Unha oportunidade para emprender ou ampliar o teu negocio nun espazo emblemático do noso municipio. 💙
📋 Postos dispoñibles:

🛒 Posto 4 — Alimentación
18,65 m² · Cánon: 40 €/m² · 746 €/ano

🛒 Postos 5 e 6 — Alimentación
26,80 m² · Cánon: 40 €/m² · 1.072 €/ano

☕ Postos 7 e 8 — Bar-cafetería
Bar-cafetería: 13,45 m² + Almacén: 13,35 m² + Espazo para mesas: 66 m²
2.920 €/ano

⚠️ O cánon mínimo de licitación poderá ser mellorado á alza polos interesados.
📅 Prazo de presentación de proposicións: 30 días hábiles dende hoxe, 22 de xuño de 2026.
📄 Documentación dispoñible:

👉 https://mondariz.sedelectronica.gal/preview-document/40101ddc-a83f-4dbd-923d-dcfd3ba2e5bf/

👉 https://mondariz.sedelectronica.gal/preview-document/26bebfeb-c0ca-41ee-8825-b786452ad5ab/
Para máis información: 📞 986 664 306 · ✉️ [email protected]

Parabenizamos ao goberno do Concello de Mondariz  de que o seu gran proxecto a mediados de xuño sexa comezar a desbrozar...
19/06/2026

Parabenizamos ao goberno do Concello de Mondariz de que o seu gran proxecto a mediados de xuño sexa comezar a desbrozar os camiños municipais nas nosas parroquias. Que boa xestión 🫩😒!
Aproveitamos para lembrar que existen muitas sendas fluviais, como esta que se colle na ponte de Vilar, que merecen un desbroce e un coidado. Sería un ben patrimonial que enriquecería o noso concello, non creedes?

Hai gobernos que deixan titulares. E hai gobernos que deixan proxectos.Hai que recoñecelo: o goberno do BNG foi bo. Deix...
04/06/2026

Hai gobernos que deixan titulares. E hai gobernos que deixan proxectos.

Hai que recoñecelo: o goberno do BNG foi bo. Deixou tantos proxectos encamiñados que algúns aínda seguen vivindo deles: A Fábrica da Auga, o campo sintético da Lagoa, A Minada, a Senda do Laredo, a escola e centro de interpretación da cestería, o solo empresarial para atraer emprego e riqueza... e seguro que queda algún máis no tinteiro.

Polo visto, o segredo era traballar nos proxectos antes de facer as fotos. Porque pasan os anos, cambian os gobernos, cambian os protagonistas das inauguracións, pero os proxectos seguen sendo os mesmos.

E non pasa nada por dicilo. Ao contrario: é unha boa noticia para Mondariz que as iniciativas impulsadas durante o goberno do BNG continúen adiante e se convertan en realidade. Que ben traballaban aqueles do BNG. Aínda hoxe se segue notando.

Dirección

Lino Troncoso
Mondariz
36870

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Bng Mondariz publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Bng Mondariz:

Atajos

Compartir

Categoría