Psoe Mondariz

Psoe Mondariz Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Psoe Mondariz, Partido político, Grupo Escolar Bajo, Mondariz.

Onte estivemos desfrutando dalgúns dos eventos que tivemos en Mondariz!🚲 Estivemos no Campionato de España de Pump Track...
23/08/2026

Onte estivemos desfrutando dalgúns dos eventos que tivemos en Mondariz!

🚲 Estivemos no Campionato de España de Pump Track, celebrado en Mondariz. Todo un espectáculo deportivo que demostra, unha vez máis, que o noso municipio pode acoller grandes eventos e poñer en valor os nosos espazos deportivos.

🐟 E pola noite, achegámonos a Lougares para desfrutar da tradicional sardiñada organizada polos veciños e veciñas. Unha estupenda ocasión para compartir, reencontrarnos e g***r das nosas festas e da vida das nosas parroquias.

👏 Grazas a todas as persoas que fan posible que Mondariz siga tendo deporte, cultura, tradición e, sobre todo, moita vida.

🕊️ Memoria, verdade e reparación.Onte, 21 de agosto, celebrouse en Mondariz-Balneario un acto de Memoria Democrática ded...
22/08/2026

🕊️ Memoria, verdade e reparación.

Onte, 21 de agosto, celebrouse en Mondariz-Balneario un acto de Memoria Democrática dedicado a lembrar ás persoas veciñas vítimas da barbarie fascista.

Un acto de lembranza e recoñecemento a Serafín Tato Faro, José Barcia Barcia, Teodoro Barros, Enrique Peinador Purrúa e Cándido Troncoso, alcalde de Mondariz-Balneario, vítimas da represión e da violencia sufrida durante aqueles anos escuros da nosa historia.

Poñerlles nome é importante. Lembrar quen foron, as súas vidas e o que lles aconteceu é unha forma de devolverlles a dignidade que durante tantos anos lles foi negada.

A memoria democrática non pretende reabrir feridas, senón coñecer a verdade, honrar ás vítimas e transmitir ás novas xeracións o valor da democracia, das liberdades e da convivencia.

No acto participaron Francisco Candeira Mosquera, autor de Da terra espoliada; Xosé González Martínez, presidente do Foro E. Peinador; María Fernández Blanco, historiadora; e Pilar Alonso Suárez, coa súa Frauta Travesa.

Cinco nomes que forman parte da historia de Mondariz-Balneario e que merecen ser lembrados.

Porque un pobo que coñece e lembra a súa historia é un pobo que defende a democracia.

🎉 Festas da Peña de Francia e San RoqueTres días de festa, tradición e moita diversión! 🎶🎉O 14, 15 e 16 de agosto desfru...
17/08/2026

🎉 Festas da Peña de Francia e San Roque

Tres días de festa, tradición e moita diversión! 🎶🎉

O 14, 15 e 16 de agosto desfrutamos das festas da Peña de Francia e San Roque, compartindo momentos de alegría, música e convivencia con veciños, veciñas e visitantes.

Queremos agradecer especialmente á Comisión de Festas todo o traballo, esforzo e dedicación que hai detrás da organización destas celebracións. 👏❤️

Grazas por facer posible que un ano máis poidamos desfrutar das nosas festas e manter vivas as nosas tradicións.

🏔️🇮🇹 MONDARIZ, POR TODO O ALTO!Lois Faro, Eva Torres e Begoña Alfaya, levaron o nome do noso municipio ata os cumios dos...
15/08/2026

🏔️🇮🇹 MONDARIZ, POR TODO O ALTO!

Lois Faro, Eva Torres e Begoña Alfaya, levaron o nome do noso municipio ata os cumios dos Alpes italianos. 💙🤍

Durante dez días participaron no tradicional campamento de verán da Peña Trevinca, percorrendo a Cordilleira dos Alpes Marítimos e o Parque Natural de Monviso, no Piemonte italiano.

⛰️ Entre as numerosas rutas realizadas, alcanzaron cumios de máis de 3.000 metros de altitude, entre eles o Meidassa, a 3.105 metros, e outros como o Pienas, de 3.117 metros, ou o Monte Lausa, de 3.171 metros.

E, como non podía ser doutra maneira, a bandeira de Mondariz volveu ondear no máis alto, levando o orgullo do noso concello ata os Alpes. 🏔️🚩

👏 Parabéns, Lois, Eva e Begoña, polo esforzo, pola aventura e por levar con tanto orgullo o nome de Mondariz alá onde ides.

Un orgullo para todos os veciños e veciñas de Mondariz! ❤️

Lois Faro, como cada año, organizó el campamento de verano Peña Trevinca, esta vez, por los Alpes Marítimos de Italia

📖 Presentación do MondaricusAsistimos á presentación da sétima edición de Mondaricus, a revista cultural de Mondariz e M...
11/08/2026

📖 Presentación do Mondaricus

Asistimos á presentación da sétima edición de Mondaricus, a revista cultural de Mondariz e Mondariz-Balneario, coordinada por Alberte Reboreda.

Unha publicación que contribúe a manter viva a nosa historia, a nosa cultura e a memoria das nosas xentes.

👏 Parabéns a Alberte e a todas as persoas que fan posible que Mondaricus siga medrando e poñendo en valor o noso patrimonio.

A artesanía encheu Mondariz de tradición!O pasado 1 e 2 de agosto celebramos a Feira dos Oficios Artesáns, dous días par...
07/08/2026

A artesanía encheu Mondariz de tradición!

O pasado 1 e 2 de agosto celebramos a Feira dos Oficios Artesáns, dous días para poñer en valor os nosos oficios, a nosa cultura e as nosas tradicións. 🧺🎶

Parabéns a Cear Castromao pola ###VII organización!



Hoxe cúmprense 87 anos do fusilamento das Trece Rosas, trece mozas asasinadas durante a ditadura franquista por defender...
05/08/2026

Hoxe cúmprense 87 anos do fusilamento das Trece Rosas, trece mozas asasinadas durante a ditadura franquista por defender unha sociedade máis xusta, igualitaria e en liberdade.

Lembralas é defender a Lei de Memoria Democrática e o compromiso coa verdade, a xustiza, a reparación e a non repetición.

🌹 A súa loita nunca será en balde.
🌹 Os seus nomes nunca serán borrados da historia.

Feliz Día de Galicia!Hoxe celebramos con orgullo a nosa terra, a nosa lingua, a nosa cultura e a nosa historia.Que este ...
25/07/2026

Feliz Día de Galicia!

Hoxe celebramos con orgullo a nosa terra, a nosa lingua, a nosa cultura e a nosa historia.

Que este 25 de xullo sexa unha oportunidade para seguir construíndo unha Galicia con máis futuro, máis oportunidades e máis benestar para todos.

Feliz Día de Galicia! Viva Galicia!

20/07/2026

¡Orgullo de país! ⭐️⭐️

Onte estivemos na inauguración da obra de Jose Rivas Quinteiro, “Pepe do Ferreiro”Natural de Mondariz, emigrou con só 15...
13/07/2026

Onte estivemos na inauguración da obra de Jose Rivas Quinteiro, “Pepe do Ferreiro”

Natural de Mondariz, emigrou con só 15 anos ao Brasil, onde destacou polo seu espírito emprendedor. Co paso dos anos, cando a vida lle permitiu dedicar máis tempo á súa gran paixón, converteu a madeira na súa forma de expresión artística.

As súas obras, realizadas con madeiras nobres como o pau Brasil e o xacarandá, xunto con incrustacións de óso e pedras preciosas, son un exemplo de mestría artesanal e amor polo detalle.

Tras o seu falecemento, os seus fillos doaron ao Concello de Mondariz un dos preto de cen bastóns que elaborou. Esta peza, inspirada no Camiño de Santiago, incorpora símbolos como a Cruz de Santiago, as cunchas dos peregrinos, o bordón e o botafumeiro, converténdose nun legado artístico de enorme valor.

❤️Poñer en valor a historia e o talento das persoas da nosa terra é tamén unha maneira de preservar a nosa identidade.


Dirección

Grupo Escolar Bajo
Mondariz
36870

Teléfono

+34621083343

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Psoe Mondariz publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Psoe Mondariz:

Atajos

Compartir

Categoría