Concello de Mondariz Balneario

Concello de Mondariz Balneario 🏛 Páxina oficial do Concello da Moi Hospitalaria Vila de Mondariz Balneario.

Este vindeiro vernes día 4 de setembro, volvemos no Concello de Mondariz Balneario cunha nova actividade cultural. Nesta...
02/09/2026

Este vindeiro vernes día 4 de setembro, volvemos no Concello de Mondariz Balneario cunha nova actividade cultural. Nesta ocasión, festexamos a publicación pola Editorial Medulia da tradución ao galego do libro "CUENTOS NUEVOS DE MONDARIZ. Amor, humor, terror y otras historias", de María López-Herranz", que con grande éxito e excelente acollida presentou hai tres anos nesta Vila Termal. Acompañaremos a autora nesta nova oportunidade para conversar con ela sobre a súa inspiración para compoñer estos textos tan entretidos, inspirados, sorprendentes e entrañábeis, froito todos eles da súa curiosidade polas anécdotas da Vila, e principalmente, do seu profundo cariño a este lugar tan especial. Vémonos pois este venres na Sala de Cultura, ás 20.00h, para escoitar de novo na voz de María esas anécdotas que xa forman parte da súa vida, da súa maneira de enteder o mundo e que ven de novo a compartir connosco esta vez contadas na nosa lingua. A autora estará acompañada por Ana Porto, da Libraría Porto de Ponteareas, outra muller referente da Cultura na nosa contarna, coa que tamén será un pracer compartir un ratiño de boa literatura.

Lugar da presentación: Sala de Cultura da Casa do Concello
Hora: 20.00h

Agardámosvos!

O Concello de Mondariz Balneario informa de que se inicia o trámite para a contratación dun peón de xardinería.Para pode...
01/09/2026

O Concello de Mondariz Balneario informa de que se inicia o trámite para a contratación dun peón de xardinería.

Para poder participar no proceso, será necesario ter entre 16 e 30 anos e estar dado/a de alta no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. Código CNO 9512

Así mesmo, infórmase de que está aberto o prazo para inscribirse na Bolsa de Traballo para a categoría profesional de Auxiliar de Axuda a Domicilio, destinada ao Departamento de Servizos Sociais do Concello de Mondariz Balneario.

As bases da Bolsa de Traballo, así como a información relativa ao procedemento de inscrición e aos requisitos para participar, están dispoñibles na páxina web municipal (https://mondarizbalneario.gal/bases-reguladoras-para-a-creacion-dunha-bolsa-de-traballo-para-a-contratacion-de-persoal-laboral-temporal-na-categoria-profesional-de-auxiliar-de-axuda-a-domicilio-para-o-dpto-de-servizos-sociais-do-c/)

Recoméndase ás persoas interesadas consultar as bases e a información publicada na web do Concello para coñecer os prazos e a documentación que deben presentar.

❗FESTA DA TEMPORADA 2026❗Os próximos 12 e 13 de setembro volve a Festa da Temporada, unha festa que é un fixo dende fai ...
01/09/2026

❗FESTA DA TEMPORADA 2026❗

Os próximos 12 e 13 de setembro volve a Festa da Temporada, unha festa que é un fixo dende fai 3 anos nas axendas de toda a contorna.

O programa deste ano é moi variado e podremos disfrutar de música, gastronomía, tradición, obradoiros, teatro,catas, mercado de artesanía, actividades lúdicas e actividades infantis.

Este ano o pregón será a cargo de diferentes voluntarios/as que durante estes últimos anos axudaron aos migrantes que chegaron á nosa vila no verán de 2024.

Dende hoxe podedes atopar o programa no Concello e en todos os establecementos da vila.

‼️ATENCIÓN‼️Debido a unha avería temos que cortar a auga na rúas Verdeal, Blanco Nájera e Emilia Pardo Bazán.Desculpade ...
30/08/2026

‼️ATENCIÓN‼️

Debido a unha avería temos que cortar a auga na rúas Verdeal, Blanco Nájera e Emilia Pardo Bazán.

Desculpade as molestias, intentaremos solucionalo no menor tempo posible

📅o mal tempo obrigounos a cancelar a última data, pero xa temos outra nova, será maña, domingo 30 de agosto, ás 🕦 11:30 ...
29/08/2026

📅o mal tempo obrigounos a cancelar a última data, pero xa temos outra nova, será maña, domingo 30 de agosto, ás 🕦 11:30 h nos Xardíns do Gran Hotel de Mondariz Balneario
📚 Trae o teu libro e as túas ganas de ler.

❗ATENCIÓN❗Debido a previsión do tempo mudamos ubicación da pelicula para o Concello.Contaremos coa presenza de varios pr...
28/08/2026

❗ATENCIÓN❗

Debido a previsión do tempo mudamos ubicación da pelicula para o Concello.

Contaremos coa presenza de varios protagonistas e dúas veciñas tamén participaron:

Judith Fernádez
Fer Fraga
Lola López
Lorena Melón
Tania Táboas

Achégate a disfrutar do mellor cine e da oportunidade de intercambiar e coñecer os segredos da película.

📅Maña, xoves 27 de agosto  a partir das 20h no salón de plenos da Casa do Concello celébrase o pleno ordinario de agosto...
26/08/2026

📅Maña, xoves 27 de agosto a partir das 20h no salón de plenos da Casa do Concello celébrase o pleno ordinario de agosto.
Lembrade que os plenos son públicos e podedes asisitir presencialmente ou de xeito telemático na web municipal.
👇👇
https://mondarizbalneario.seneca.tv/activity

ACTUALIZACIÓN ESTADO DO SUMINISTRO DE AUGANestes momentos o estado do suministro é estable co cal levantamos parte das r...
26/08/2026

ACTUALIZACIÓN ESTADO DO SUMINISTRO DE AUGA

Nestes momentos o estado do suministro é estable co cal levantamos parte das restriccións postas o día 17.

De todas formas seguimos pedindo un comportamento responsable sobre o uso da auga.

Debido a unha avería na rúa Rúa Doctor Blanco Nájera teremos o suministro de auga pechado ata solucionar a avería.Descul...
25/08/2026

Debido a unha avería na rúa Rúa Doctor Blanco Nájera teremos o suministro de auga pechado ata solucionar a avería.

Desculpar as molestias ocasionadas.

O próximo Venres faremos a presentación dun xabón moi especial, o Xabón da nosa Fonte, a Fonte de Troncoso.Acompañaremos...
24/08/2026

O próximo Venres faremos a presentación dun xabón moi especial, o Xabón da nosa Fonte, a Fonte de Troncoso.

Acompañaremos a presentación con información sobre as propiedades da súa auga e unha cata.

O venres 19.30 na Praza de Abastos.

Dirección

Rúa Constitución 1
Mondariz-Balneario
36890

Horario de Apertura

Martes 16:00 - 20:00
Miércoles 16:00 - 20:00
Jueves 16:00 - 20:00
Viernes 16:00 - 20:00
Sábado 09:00 - 14:00
16:00 - 20:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello de Mondariz Balneario publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir