SOS Xardíns Mondariz Balneario

SOS Xardíns Mondariz Balneario Plataforma cidadá para a defensa e posta en valor dos Xardíns do Gran
Hotel de Mondariz-Balneario Cales son eses obxectivos?

O pasado sábado 14 de xuño creouse a Plataforma SOS Xardíns de Mondariz-Balneario. Queríamos agradecer a participación e apoio de todas as persoas que se sumaron xa pois precisamos de toda a axuda posible se queremos conseguir os nosos obxectivos. No debate que se creou entre tódolos asistentes ao encontro, houbo moitas intervención expresando diversos opinións, algunhas mais eruditas, outras mais

sentidas, unhas dende o coñecemento da historia, da paisaxe ou da cultura, outras dende a reivindicación do uso dun espazo de lecer para todos, pero todas compatibles e complementarias. Para recibir as túas suxestións ou calquera outra información de interese creouse a conta de correo sos.xardins.brio.mondariz@gmail á que te podes dirixir tamén simplesmente para achegar os teus datos de contacto (nome, teléfono, e-mail) sumándote así a esta plataforma.

04/08/2015
O concello  recúa e renuncia a continuar co proxecto de recualificación dos Xardíns do Gran Hotel do balneario, en Monda...
04/08/2015

O concello recúa e renuncia a continuar co proxecto de recualificación dos Xardíns do Gran Hotel do balneario, en Mondariz Balneario para fins residenciais.
Lembrar que o anterior proxecto de modificación puntual do planeamento municipal, ademais da recualificación das ruínas da lavandería, pretendía recualificar unha parte dos xardíns para construír neles edificios de vivendas.

O Faro de Vigo publica hoxe a nova, á que enlazamos:

http://www.farodevigo.es/comarcas/2015/08/04/mondariz-balneario-limita-recalificacion-jardines/1289910.html

-El Concello pretende destinar esas ruinas en un futuro a albergar un Museo del Agua -El gobierno local renuncia a construir en la zona tres edificios de viviendas privadas

Queremos compartir con todas as persoas, o lenzo co que, SOS XARDINS MONDARIZ-BALNEARIO, foi agasallado recentemente, co...
22/03/2015

Queremos compartir con todas as persoas, o lenzo co que, SOS XARDINS MONDARIZ-BALNEARIO, foi agasallado recentemente, co Iº Premio Rio Tea da defensa do Medio Ambiente.
Exposición Itinerante polos locais de Mondariz-Balneario.

O pasado 9 de xullo de 2014 a plataforma SOS XARDINS MONDARIZ-BALNEARIO, dirixiu escrito ao CCG, solicitando un informe ...
14/03/2015

O pasado 9 de xullo de 2014 a plataforma SOS XARDINS MONDARIZ-BALNEARIO, dirixiu escrito ao CCG, solicitando un informe técnico en relación coa protección dos xardíns do Balneario de Mondariz e a recualificación parcial desta zona verde, que promoven o goberno municipal e a empresa Sodesmón SL.

O informe do Consello da Cultura Galega, chegou o día 10 de marzo, e foi remitido formalmente tamén ao Concello de Mondariz-Balneario e ás Consellerías de Cultura e Medio Ambiente.

O documento que vén de redactar o CCG súmase aos informes que xa emitiron as tres universidades de Galicia (Vigo, A Coruña e Santiago de Compostela), todos eles favorables á protección legal e á conservación deste xardín histórico, ameazado por un proxecto de recualificación parcial.
Entre outras moitas consideracións, dí:
“Polas súas características naturais, históricas e culturais, a unidade de TODO o Conxunto do Hotel-Balneario debería ser considerado e inscrito no Rexistro de Bens de interese cultural, é dicir, como BIC , na categoría de Conxunto Histórico.”

Unha nova victoria!

Portavoz de SOS Xardins Mondariz-Balneario, sosten o agasallo.
23/02/2015

Portavoz de SOS Xardins Mondariz-Balneario, sosten o agasallo.

Ponteareas- 21022015- I PREMIO RIO TEA Á DEFENSA DO MEDIO AMBIENTE NO CONDADO.
23/02/2015

Ponteareas- 21022015- I PREMIO RIO TEA Á DEFENSA DO MEDIO AMBIENTE NO CONDADO.

Recollendo o "Premio Rio Tea á defensa do Medio Ambiente no Condado", de ADENCO, na súa primeira edición.Gratos momentos...
23/02/2015

Recollendo o "Premio Rio Tea á defensa do Medio Ambiente no Condado", de ADENCO, na súa primeira edición.
Gratos momentos de recoñecemento ao labor do colectivo.
Alí estabamos, máis non todas.
Pasiño a pasiño, deixando pegada

Vimos de coñecer que o labor da Plataforma SOS XARDINS Mondariz-Balneario, recebe un galardón.O I PREMIO RIO TEA  á Defe...
13/02/2015

Vimos de coñecer que o labor da Plataforma SOS XARDINS Mondariz-Balneario, recebe un galardón.
O I PREMIO RIO TEA á Defensa do Medio Ambiente do Condado, do Grupo Ecoloxista ADENCO, premia tamen a SOS XARDINS.
A entrega será o sábado 21 de febreiro, no Auditorio de Ponteareas.
Noraboa ás premiadas e parabéns polo traballo feito !!!

O boletín nº 19 de GLAUCOPIS, recolle o Informe elaborado en nome do Instituto de Estudios Vigueses (IEV), por José Ramó...
01/02/2015

O boletín nº 19 de GLAUCOPIS, recolle o Informe elaborado en nome do Instituto de Estudios Vigueses (IEV), por José Ramón Iglesias Veiga. Este, fora solicitado pola Plataforma en Defensa dOS Xardins do balneario de Mondariz; o boletín recolle o informe e o ditame sobre da conveniencia da súa protección.

Asemade, no apartado de Actividades, reseña a colaboración do IEV, da man do seu Vicepresidente, que dictou a conferencia "Antonio Palacios e Jenaro de la Fuente, prestixio técnico no deseño do Balneario" no mesmo corazón dos Xardíns, seguida por un grande númaro de asistentes.

Inclúe foto do Acto que tivo lugar no verán de 2014.

O noso agradecemento.

Dirección

Mondariz-Balneario

Horario de Apertura

Martes 16:00 - 20:00
Miércoles 16:00 - 20:00
Jueves 16:00 - 20:00
Viernes 16:00 - 20:00
Sábado 09:00 - 14:00

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando SOS Xardíns Mondariz Balneario publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a SOS Xardíns Mondariz Balneario:

Compartir