05/09/2026
📸 UNHA XORNADA KINKI EN MOECHE 🛵
Hoxe recibimos ao Vespa Club Golfos e Kinkis de Ferrol na súa 4ª Kinkis in the Night, cunha parada xunto ao noso Castelo de Moeche.
Despois, o concelleiro de deportes Miguel Pedreira acompañounos na visita á Mina Piquito, unha das xeorutas imprescindibles no Xeoparque Mundial da UNESCO Cabo Ortegal.
Grazas ao Vespa Club Ferrol Golfos & Kinkis por elixir Moeche un ano máis e polo agasallo ☺️