Concello de Melide

Concello de Melide Páxina institucional do Concello de Melide.

🎭 𝙑𝙚𝙧𝙖́𝙣 𝘾𝙪𝙡𝙩𝙪𝙧𝙖𝙡 𝙙𝙚 𝙈𝙚𝙡𝙞𝙙𝙚🎶 Onte, a rúa Principal acolleu unha nova sesión de 𝙑𝙚𝙧𝙢𝙪́ 𝙣𝙤 𝘾𝙖𝙢𝙞𝙣̃𝙤, amenizada polo dúo acú...
03/08/2026

🎭 𝙑𝙚𝙧𝙖́𝙣 𝘾𝙪𝙡𝙩𝙪𝙧𝙖𝙡 𝙙𝙚 𝙈𝙚𝙡𝙞𝙙𝙚

🎶 Onte, a rúa Principal acolleu unha nova sesión de 𝙑𝙚𝙧𝙢𝙪́ 𝙣𝙤 𝘾𝙖𝙢𝙞𝙣̃𝙤, amenizada polo dúo acústico Callos Gratis, formado por Al Vila e Cabe, integrantes de Los Alcántara.

📸 Compartimos algúns dos momentos que nos deixou a actuación.

📅 Actividade incluída na programación do Verán Cultural de Melide, organizada polo Departamento de Cultura.

🛍 A Asociación de Empresarias e Empresarios da Terra de Melide (Asetem), en colaboración co Concello de Melide, celebra ...
03/08/2026

🛍 A Asociación de Empresarias e Empresarios da Terra de Melide (Asetem), en colaboración co Concello de Melide, celebra 𝐨𝐬 𝐝𝐢́𝐚𝐬 𝟕, 𝟖 𝐞 𝟗 𝐝𝐞 𝐚𝐠𝐨𝐬𝐭𝐨 o ‘𝐌𝐞𝐫𝐜𝐚𝐦𝐞𝐥𝐢𝐝𝐞 𝐧𝐚 𝐫𝐮́𝐚’ en preto dunha vintena de comercios locais da vila con grandes descontos nunha ampla variedade de artigos e 1.500 euros en premios.

👉 Os comercios participantes terán nos seus locais descontos e rebaixas especiais en artigos e produtos en stock. O horario das tendas no ‘Mercamelide na rúa’ será o habitual de cada unha, tanto de mañá como de tarde.

🎰 Ademais, entre a xente que merque durante o ‘Mercamelide na Rúa’ haberá un 𝐬𝐨𝐫𝐭𝐞𝐨, 𝐨 𝟏𝟏 𝐝𝐞 𝐚𝐠𝐨𝐬𝐭𝐨, 𝐝𝐞 𝟏.𝟓𝟎𝟎 𝐞𝐮𝐫𝐨𝐬 𝐞𝐧 𝐩𝐫𝐞𝐦𝐢𝐨𝐬 para gastar nos establecementos participantes. A isto, hai que engadirlle que os comercios asociados a Asetem terán uns rascas polo que cada compra pode ter premios a maiores: un agasallo promocional de verán.

⬇️ 𝐂𝐨𝐦𝐞𝐫𝐜𝐢𝐨𝐬 𝐩𝐚𝐫𝐭𝐢𝐜𝐢𝐩𝐚𝐧𝐭𝐞𝐬:
Stardemoda, Froitas Jose da Andaluza, Electrosan, Sueños, Flor de Toxo, Tu Boutik, Romero Zapaterías, Sarela, Siken, Floristería Maru, Sisuka, Cousas Novas, Toysmaniatic Melide, Viñoteca Ribeirao, Moda VY Melide, Calzados Broz, Magnin, Leiva Motosport e Lola Lo**ta Lola.

📸 O 𝙘𝙖𝙢𝙥𝙖𝙢𝙚𝙣𝙩𝙤 𝙙𝙚 𝙫𝙚𝙧𝙖́𝙣 do Concello de Melide recibiu a visita dos 𝙗𝙤𝙢𝙗𝙚𝙞𝙧𝙤𝙨 𝙙𝙚 𝘼𝙧𝙯𝙪́𝙖 nunha actividade na que os nenos...
03/08/2026

📸 O 𝙘𝙖𝙢𝙥𝙖𝙢𝙚𝙣𝙩𝙤 𝙙𝙚 𝙫𝙚𝙧𝙖́𝙣 do Concello de Melide recibiu a visita dos 𝙗𝙤𝙢𝙗𝙚𝙞𝙧𝙤𝙨 𝙙𝙚 𝘼𝙧𝙯𝙪́𝙖 nunha actividade na que os nenos e nenas puideron coñecer de preto o seu traballo.

🚒 Durante a xornada descubriron os vehículos, os materiais e os distintos equipos que empregan nas intervencións e, ademais, tiveron a oportunidade de subir ao camión, tocar a sirena e utilizar as mangueiras de auga baixo a supervisión dos profesionais.

👏 O Concello de Melide agradece ao corpo de bombeiros de Arzúa a súa colaboración nesta actividade, que contribúe a achegar aos máis pequenos valores como a seguridade, a prevención e o traballo en equipo.

Bombeiros Arzúa

🏰 Tres días de lume, teatro, música e comercio en Melide🎭 O 𝙈𝙚𝙧𝙘𝙖𝙙𝙤 𝙈𝙚𝙙𝙞𝙚𝙫𝙖𝙡 𝙙𝙚 𝙈𝙚𝙡𝙞𝙙𝙚 encherá as rúas da vila do 7 ao 9...
03/08/2026

🏰 Tres días de lume, teatro, música e comercio en Melide

🎭 O 𝙈𝙚𝙧𝙘𝙖𝙙𝙤 𝙈𝙚𝙙𝙞𝙚𝙫𝙖𝙡 𝙙𝙚 𝙈𝙚𝙡𝙞𝙙𝙚 encherá as rúas da vila do 7 ao 9 de agosto con espectáculos, animación, música, actividades e propostas para todos os públicos.

Celebrarase do 7 ao 9 de agosto no centro histórico da vila

🎭 𝙑𝙚𝙧𝙖́𝙣 𝘾𝙪𝙡𝙩𝙪𝙧𝙖𝙡 𝙙𝙚 𝙈𝙚𝙡𝙞𝙙𝙚📸 O Parque Rosalía de Castro acolleu o venres a proxección da película 'Sirat', dentro da pro...
02/08/2026

🎭 𝙑𝙚𝙧𝙖́𝙣 𝘾𝙪𝙡𝙩𝙪𝙧𝙖𝙡 𝙙𝙚 𝙈𝙚𝙡𝙞𝙙𝙚

📸 O Parque Rosalía de Castro acolleu o venres a proxección da película 'Sirat', dentro da programación de Cine na Rúa.

🍿 O público asistente puido desfrutar da sesión ao aire libre con flocos de millo de balde.

📅 Actividade incluída na programación do Verán Cultural de Melide, organizada polo Departamento de Cultura.

🎭 𝙑𝙚𝙧𝙖́𝙣 𝘾𝙪𝙡𝙩𝙪𝙧𝙖𝙡 𝙙𝙚 𝙈𝙚𝙡𝙞𝙙𝙚🎶 Hoxe chega unha nova sesión de 𝙑𝙚𝙧𝙢𝙪́ 𝙣𝙤 𝘾𝙖𝙢𝙞𝙣̃𝙤 á rúa Principal, amenizada polo dúo acústi...
02/08/2026

🎭 𝙑𝙚𝙧𝙖́𝙣 𝘾𝙪𝙡𝙩𝙪𝙧𝙖𝙡 𝙙𝙚 𝙈𝙚𝙡𝙞𝙙𝙚

🎶 Hoxe chega unha nova sesión de 𝙑𝙚𝙧𝙢𝙪́ 𝙣𝙤 𝘾𝙖𝙢𝙞𝙣̃𝙤 á rúa Principal, amenizada polo dúo acústico Callos Gratis formado por Al Vila e Cabe, integrantes de Los Alcántara.

🕐 A actuación comezará ás 13:00 horas.

📅 Actividade incluída na programación do Verán Cultural de Melide, organizada polo Departamento de Cultura.

🩸 𝙃𝙤𝙭𝙚, 𝙙𝙤𝙖 𝙨𝙖𝙣𝙜𝙪𝙚. 𝙐𝙣 𝙖𝙡𝙚𝙣𝙩𝙤 𝙙𝙚 𝙫𝙞𝙙𝙖.📍 A unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue está hoxe, sábado 1 de ...
01/08/2026

🩸 𝙃𝙤𝙭𝙚, 𝙙𝙤𝙖 𝙨𝙖𝙣𝙜𝙪𝙚. 𝙐𝙣 𝙖𝙡𝙚𝙣𝙩𝙤 𝙙𝙚 𝙫𝙞𝙙𝙖.

📍 A unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue está hoxe, sábado 1 de agosto, no Parque Rosalía de Castro, diante do Centro Multiusos e Biblioteca Municipal, de 10:00 a 15:00 horas.

❤️ Cada doazón pode salvar vidas.

O Campo da Feira de Melide será punto de observación da eclipse solar. 🗞 La Voz de Galicia.
31/07/2026

O Campo da Feira de Melide será punto de observación da eclipse solar.

🗞 La Voz de Galicia.

Dirección

Praza Do Convento N°5
Mellid
15800

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello de Melide publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría