CEIP As Covas-Meaño

CEIP As Covas-Meaño CEIP As Covas-Meaño. Colexio público do Concello de Meaño (Pontevedra, Galicia).

O xornal El País publica esta semana un extenso artigo sobre a nosa biblioteca escolar e como esta se articula dentro do...
12/05/2026

O xornal El País publica esta semana un extenso artigo sobre a nosa biblioteca escolar e como esta se articula dentro do proxecto de escola.
Grazas a Rodrigo Juan García polo interese nunha escola pequeniña do rural de Galicia, polo esmero e coidado á hora de trasladar a nosa realidade. Moi agradecidos!
Asesoría de Bibliotecas escolares de Galicia

En el Colegio As Covas-Meaño, en Pontevedra, la biblioteca articula el currículo, ordena la jornada y conecta lectura, oralidad, proyectos y vida en común. El resultado es una experiencia educativa en la que la pregunta, la colaboración y la autonomía son parte cotidiana del aprendizaje.

14/03/2026
O vindeiro xoves, 5 de marzo, ás 16:30 h, realizaremos na escola unha Xornada de Portas Abertas dirixida a todas as fami...
19/02/2026

O vindeiro xoves, 5 de marzo, ás 16:30 h, realizaremos na escola unha Xornada de Portas Abertas dirixida a todas as familias que estean interesadas en coñecer de preto o noso proxecto educativo, visitar as instalacións e resolver calquera dúbida sobre o proceso de admisión para o vindeiro curso.

Durante esta visita, teredes a oportunidade de coñecer os espazos da escola, descubrir a nosa metodoloxía de traballo e charlar directamente con nós. O noso obxectivo é mostrarvos de primeira man como traballamos e facilitarvos toda a información que precisedes neste proceso.

Agardámosvos!

Rematado xa o Entroido, queda en nós o eco dunha celebración que, un ano máis, serve de limiar para a chegada da primave...
18/02/2026

Rematado xa o Entroido, queda en nós o eco dunha celebración que, un ano máis, serve de limiar para a chegada da primavera. Malia que a meteoroloxía non foi a máis favorable nestas datas, a comunidade educativa soubo sobrepoñerse con entusiasmo.
Esta edición foi especialmente significativa pola nosa firme aposta por un Entroido vencellado á tradición galega, unha forma de entender a festa que este ano se viu enriquecida coa estrea de dúas figuras emblemáticas: o Galo da Mezquita e a Mázcara de Manzaneda, que veu acompañada polo son e a forza do seu folión.
Nada disto tería sido posible sen a implicación desinteresada de moitas persoas; por iso, queremos facer chegar o noso agradecemento a todas as nais, pais, mestres e veciños/as que botaron unha man e achegaron o seu esforzo para que esta celebración fose un éxito.
Grazas a toda a colaboración recibida, seguimos mantendo viva a nosa identidade.
Avante!

"Imos cantar as xaneiras 2025".Un ano máis cumprimos coa tradición e saímos da escola para cantar e desexar unhas boas f...
21/12/2025

"Imos cantar as xaneiras 2025".
Un ano máis cumprimos coa tradición e saímos da escola para cantar e desexar unhas boas festas aos veciños e veciñas de Meaño e as súas parroquias. Grazas a todas e todos as/os que nos acompañastes durante o recorrido. Grazas á veciñanza de Meaño por deixarnos cantar nas súas casas.
Saúde e cante o melro!

O noso centro vén de ser seleccionado como Centro Planea, unha iniciativa estatal que impulsa a educación artística como...
29/11/2025

O noso centro vén de ser seleccionado como Centro Planea, unha iniciativa estatal que impulsa a educación artística como motor de participación, pensamento crítico e transformación social.
Durante os próximos tres cursos desenvolveremos un proxecto artístico de longo percorrido no que contaremos con artistas residentes que traballarán directamente co alumnado, profesorado e familias. Unha experiencia única para explorar e experimentar con novas linguaxes.
Xunto co CEIP de Barouta-Ames, somos as dúas únicas escolas galegas incorporadas este ano á rede como "Centros Planea".
Será sen dúbida unha maneira poderosa de mirar, pensar e interpretar o mundo.

No CEIP As Covas-Meaño sentímonos moi orgullos/as por contar na nosa comunidade escolar con Carlos Yus e María Campos, a...
11/06/2025

No CEIP As Covas-Meaño sentímonos moi orgullos/as por contar na nosa comunidade escolar con Carlos Yus e María Campos, avós de alumnado do centro e, ao mesmo tempo, figuras esenciais do teatro infantil galego. Fundadores do recoñecido grupo Migallas Teatro, María e Carlos levan décadas facendo rir, emocionar e medrar a centos de nenas e nenos a través da música, a palabra e a escena.
A súa vinculación coa nosa escola vai moito máis alá do afectivo. Este curso foron os impulsores do grupo de teatro escolar "O Merlo", unha proposta que naceu con ilusión e que se converteu nun dos motores creativos do alumnado. Grazas ao seu impulso e a súa experiencia, "O Merlo" converteuse nun espazo de aprendizaxe e expresión artística que nos encheu de alegría ao longo de todos estes meses.
E como se isto fose pouco, neste mes de xuño tivemos a sorte de contar con eles na biblioteca da escola, dentro do programa “Lectura e Familias”. Foi unha auténtica regalía de tarde, un momento compartido cheo de historias, cancións, risas e emoción.
Grazas, María! Grazas, Carlos!
Por ser parte, por sumar talento e por compartir tanto!

Un curso máis celebramos unha das xornadas máis agardadas pola nosa comunidade educativa: a exposición de produtos finai...
05/06/2025

Un curso máis celebramos unha das xornadas máis agardadas pola nosa comunidade educativa: a exposición de produtos finais do PDI, este ano baixo o título "Cruzamos?".

O alumnado converteuse en guía e voz de cada proxecto, compartindo todo o traballado arredor do continente americano. Os vínculos que nos unen a el, a súa diversidade, culturas, paisaxes e historias abriron paso a múltiples centros de interese que inspiraron o traballo nas aulas ao longo de todo o curso.

Foi de novo un día para g***r, aprender e emocionarse.
Grazas por acompañarnos.
Por moitas máis!

Xa sabedes que as festas do ciclo anual son momentos importantes na nosa escola, e entre todas elas, o Entroido ocupa un...
01/03/2025

Xa sabedes que as festas do ciclo anual son momentos importantes na nosa escola, e entre todas elas, o Entroido ocupa un lugar especial.
Foi unha semana fermosa e moi divertida.
Beizóns a toda a comunidade educativa polo traballo previo e a gran implicación.
Unha marabilla! ❤️

O pasado domingo volvimos a disfrutar do bo facer deste fenomenal equipo que forman nenos, nenas, pais, nais, avoas e av...
16/02/2025

O pasado domingo volvimos a disfrutar do bo facer deste fenomenal equipo que forman nenos, nenas, pais, nais, avoas e avós da escola. Actuación no Auditorio Municipal de Ribadumia.
Longa vida ao "O Merlo" e o teatro escolar no CEIP As Covas-Meaño!

Informamos a toda a comunidade educativa e persoas interesadas que os próximos luns 24 de febreiro e mércores 12 de marz...
10/02/2025

Informamos a toda a comunidade educativa e persoas interesadas que os próximos luns 24 de febreiro e mércores 12 de marzo, ás 16:30 horas, celebraremos as Xornadas de Portas Abertas correspondentes ao curso 2024-25.
Estas xornadas están dirixidas especialmente ás familias e a todas aquelas persoas que desexen coñecer de cerca o proxecto educativo que desenvolvemos no noso centro en Meaño.
Durante o encontro, contaremos cunha representación do profesorado, que se encargará de explicar con detalle a proposta educativa que ofrecemos, así como os valores e principios que nos guían. Ademais, ofrecerase a posibilidade de realizar unha visita guiada polos espazos educativos, para que as persoas asistentes poidan coñecer as instalacións e o ambiente no que se desenvolve o día a día o noso alumnado.

Agradeceriamos que compartades esta información con aquelas persoas que pensedes poida ser do seu intereses.

Dirección

Rúa Herminia Fariña S/N
Meaño
36968

Horario de Apertura

Lunes 09:10 - 14:10
Martes 09:10 - 14:10
16:00 - 18:30
Miércoles 09:10 - 14:10
Jueves 09:10 - 14:10
Viernes 09:10 - 14:10

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando CEIP As Covas-Meaño publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Categoría