BNG Santa Comba

BNG Santa Comba Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de BNG Santa Comba, Organización política, Mazaricos.

07/09/2026

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, presentou este luns desde Carballo o 'Plan Máis Ensino Público', unha proposta para abaratar ás familias a volta ao

26/08/2026
Hoxe, en Pontevedra, no acto do Día da Galiza Mártir, lembramos a quen deu a súa vida por unha Galiza libre, xusta e don...
17/08/2026

Hoxe, en Pontevedra, no acto do Día da Galiza Mártir, lembramos a quen deu a súa vida por unha Galiza libre, xusta e dona do seu propio destino.

Lembrar a Alexandre Bóveda e a todas as persoas que sufriron a represión franquista non é mirar ao pasado: é defender a memoria, a dignidade e o compromiso con Galiza.

Que nunca se apague a súa voz. Que nunca se perda a memoria.
Porque un pobo que lembra é un pobo que segue avanzando. 💙🤍



🚨Agora é momento de solucionar o problema da falta de auga. O BNG, por isto, ponse ao servizo da veciñanza e de Santa Co...
31/07/2026

🚨Agora é momento de solucionar o problema da falta de auga. O BNG, por isto, ponse ao servizo da veciñanza e de Santa Comba ao completo no que sexa necesario para algo tan esencial como é o subministro de auga.

Así mesmo, unha vez superada esta crise pediremos as explicacións necesarias para entender por que non houbo a prevención oportuna para evitar chegar ao corte de abastecemento.


Oxe vivimos un gran Día da Patria Galega. Participamos na multitudinaria manifestación en Compostela, reivindicando unha...
25/07/2026

Oxe vivimos un gran Día da Patria Galega. Participamos na multitudinaria manifestación en Compostela, reivindicando unha Galiza con máis dereitos, máis autogoberno e un futuro mellor para o noso pobo.

A xornada continuou co tradicional xantar de confraternidade xunto a compañeiras e compañeiros do BNG, compartindo ilusión, compromiso e forza para seguir traballando por Santa Comba e por Galiza.

Porque Galiza é a nosa patria e o seu futuro constrúese cada día. Viva Galiza ceibe! 💙✊




25/07/2026

Somos unha nación viva no mundo. Dicímolo con orgullo e facémolo coas mans abertas e co desexo dun mundo en paz e con dereitos. Este 25 de xullo celebramos e reivindicamos, contigo, que imos gañar un futuro mellor, novo e libre.

▶️ Néstor Rego celebra a aprobación final da transferencia da AP-9 á Galiza e reivindica o papel decisivo do BNG▶️ “Quer...
23/07/2026

▶️ Néstor Rego celebra a aprobación final da transferencia da AP-9 á Galiza e reivindica o papel decisivo do BNG

▶️ “Queremos unha infraestrutura que sexa o motor do desenvolvemento social e económico do noso País e non un lastre”

🔗 https://f.mtr.cool/uezizjxugl

22/07/2026

O BNG fixo un chamamento á cidadanía para participar nos actos do Día da Patria Galega, que se celebrarán os días 24 e 25 de xullo en Santiago de Compostela e

BNG de Santa Comba denuncia defectos na obra de reparación da estrada que vai do Outeiro a Tapia en San Cristobo de Mall...
21/07/2026

BNG de Santa Comba denuncia defectos na obra de reparación da estrada que vai do Outeiro a Tapia en San Cristobo de Mallón

A estrada presenta eivas como un ancho insuficiente.

Tamén se atopan problemas evidentes no sistema de drenaxe da propia pista e das súas gabias.

BNG reclama unha obra que cumpra cos estándares mínimos para a veciñanza de Santa Comba.

O responsábel local do BNG de Santa Comba, Xoán David Sixto, facéndose eco das demandas da veciñanza máis directamente afectada, denuncia os problemas que presenta a estrada, de recente reparación, que vai desde O Outeiro a Tapia en San Cristobo de Mallón. “A estrada é excesivamente estreita, con só 4’40 m de ancho, malia ter espazo nos laterais para facer unha estrada en condicións, e con tramos que estreitan, sen sinalizar, até os 3’90 m, co conseguinte perigo”, asegura o portavoz local. Un problema evidente que semellaría doado de solucionar de incluír o espazo lateral que a propia vía deixa, e que permitiría o paso de vehículos sen poñer en risco a súa integridade ao cruzárense no seu paso, ou que como mínimo debería solventarse “cunha correcta sinalización para evitar sinistros”.

A este problema súmanse, tal e como indican desde o BNG, ineficiencia no sistema de drenaxe e posíbeis danos nos vehículos ao ter deixado as tapas dos sumidoiros moi por debaixo da altura da vía. “Un perigo que pode acabar provocando accidentes graves, simplemente pola desidia de facer as cousas a medias”, indicaba Sixto. Ademais, “a gabia que vai por debaixo da estrada, no canto de contar con tubaxes ampliadas, mantén o mesmo diámetro, de só 30 cm”, algo insuficiente para o correcto paso de auga en momentos de chuvia intensa como os que houbo o pasado inverno e que poden repetirse e mesmo ampliarse.

“Recoñecemos que a obra era necesaria e que é un paso adiante positivo na mobilidade de Santa Comba, mais é evidente que presenta eivas que se deberían subsanar, sexan por non estaren contempladas no proxecto, sexan por unha deficiente execución da obra” comentaba o portavoz nacionalista. “Santa Comba merece máis, e desde logo, neste caso atopamos unha estrada que está por debaixo dos estándares mínimos esixibles para a nosa veciñanza”, sentenciaba Xoán David Sixto.

Dirección

Mazaricos

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando BNG Santa Comba publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a BNG Santa Comba:

Atajos

Compartir