Espazo Feminista Marín

Espazo Feminista Marín Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Espazo Feminista Marín, Marín.

Somos unha asociación autoxestionada que nace en 2017 coa vontade de crear un espazo reivindicativo, educativo e de encontro na nosa vila, tecendo lazos entre mulleres diversas �

26/11/2022

Tras cinco años de actividad, a comienzos de esta semana Espazo Feminista Marín comunicaba la decisión de disolver el colectivo, que se despide con la esperanza de haber removido conciencias en la villa

22/11/2022

Temos moito que agradecer, unha etapa das nosas vidas sempre será do Espazo Feminista Marín, mais por desgraza, as cousas bonitas tamén teñen que chegar ao seu fin.

Amigues, fai algo máis de 5 anos subíamos a nosa primeira publi e hoxe trémenos o pulso asumindo que esta vai ser a últi...
21/11/2022

Amigues, fai algo máis de 5 anos subíamos a nosa primeira publi e hoxe trémenos o pulso asumindo que esta vai ser a última, mais as ben nomeadas putas diavlas non van marchar sen facer un peche como merece.
Pode que esta fose unha desas decisións que se pospoñen no tempo polo amor aos bos recordos que temos compartido. Pode que o intentásemos con todo e, aínda así, pode que todes sentísemos que isto xa non é o que era. Fora como fose, chegamos á conclusión de que este espazo ten que descansar e deixar semente para que novos proxectos poidan crecer.
Temos moito que agradecervos. Unha etapa das nosas vidas sempre será do espazo feminista marín: a xente que coñecemos, es amigues que fixemos, aquelas pipas do día do videofórum, os mimos do taller de autocoñecemento, os batukes, os berros, as manis, as conversas, as apertas, os coidados... Espazo naceu para tecer un lugar seguro e esperamos de corazón que igual que o foi para nós, o fose para vós.
Facernos conscientes da realidade dos nosos propios tempos e coidados foi principal para tomar esta decisión, e así como o fixemos, invitámosvos a que pensedes un anaco naquilo que seguides tentando soster, niso que quizais o deixar ir fai que aparezan oportunidades nas que medrar e aprender. Quen sabe, tal vez este sexa o sinal do demo que esperabades para pór un peche de ouro a unha grande e bonita etapa das vosas vidas e ver que se coce noutra parte.
Queremos agradecer todo o apoio recibido e por que non, incluso tamén todo ese odio que algunhas persoas nos lanzaron cando en Marín decidimos erguernos e loitar, cando decidimos non calar máis, e co seu rechazo só nos axudaron a amosar o necesario que era un espazo así.
Unha nova etapa comeza e con todo, chiquites, non pensedes que imos deixar de dar a turra. Seguiremos formándonos e participando individualmente en proxectos asociativos para construír novas realidades lonxe do patriarcado, do capitalismo, da transfobia, do racismo, do capacitismo e do longo etcétera deste estado podre que temos. Isto non é unha rendición.
Necesitamos a vosa axuda para unha última acción, queremos doar o peto de Espazo a algún proxecto, asociación ou persoa que o precise. Non temos moito, pero esperamos que sexa de axuda. Deixaremos as redes e o correo abertas un tempo para quen queira contactar con nós para facernos algunha proposta, non dubidedes en facelo.
Grazas de novo por acompañarnos nesta etapa, quedaremos sempre con iso. Que a festa non pare, vémonos sempre nas rúas.
Lumee!!!!!🔥

Se pica, está a curar! 🔥Nos próximos días temos noticias que dar, mais antes de facelo queremos amosarvos este pedazo de...
20/11/2022

Se pica, está a curar! 🔥

Nos próximos días temos noticias que dar, mais antes de facelo queremos amosarvos este pedazo de deseño que fixo para nós . Para porvos en contexto, Olivia tamén é a artistaza creadora do logo chulisimo que tanto representa a este espazo e que moites levades nas camis e totes que fixemos no 2019.

Danos moita pena, pero por distintos motivos non chegamos a darlle o uso que queriamos a este último traballo seu, ao que lle adicou moito tempo, ganas e cariño dun xeito totalmente altruista. Así que dende aquí queremos agradecerche, Olivia, que dende os nosos inicios colaboraras dun xeito tan bonito e xeneroso con nós e axudaras a darlle forma cos teus trazos ao sentimento de loita, xustiza e unidade que nos acompañan. Conseguir que puidésemos sentirnos tan identificadas cunha iimaxe é algo que moi pouca xente podería conseguir e é para nós un orgullo que foras ti quen o lograse. Así que amiga: GRAZAS 💜

Un mimo forte amigues, lémonos pronto 👀

16/05/2022

ACTUALIZACIÓN: A RAPAZA APARECEU MORTA. PENDENTES DE MÁIS INFORMACIÓN. DEP :(

🚨Xente, queremos pedirvos máxima difusión a este cartaz🚨

Galia Baba é unha rapaza saharauí que desapareceu o sábado 14 en Carballo.

Máxima difusión! 🔁🔁

URXENTE E IMPORTANTE! Gravísima actuación da xuíza de VX de Compostela.O avogado da muller indica no artigo que, alén do...
03/04/2022

URXENTE E IMPORTANTE! Gravísima actuación da xuíza de VX de Compostela.

O avogado da muller indica no artigo que, alén dos recursos legais que está a preparar, é necesario que a cidadanía coñeza estes feitos.

O desprezo polas mulleres en situación de VX., especialmente se son estranxeiras, é un auténtico exercicio de violencia institucional, que non debemos tolerar.

Asemade, contradí a mensaxe que se emite seguido sobre a necesidade de denunciar.
Que van dicir se a esta muller lle pasa algo máis grave (do que xa lle pasou)?

ESPALLADE PORFA!
SE É PATRIARCAL NON É XUSTIZA!!!

A titular do xulgado de violencia sobre a muller de Santiago de Compostela, após de recibir declaración este sábado dunha sobrevivinte de violencia de xénero, que relatou malleiras constantes dende setembro de 2021, desconsiderou toda a súa declaración para denegarlle a orde aloxamento. Segund...

Onte colocamos cartaces na praza 8 de marzo. Con todos os permisos. Con todo o necesario. Esta mañá non había nada. Nin ...
07/03/2022

Onte colocamos cartaces na praza 8 de marzo. Con todos os permisos. Con todo o necesario.

Esta mañá non había nada. Nin 24h tivemos.

Precisamos espazos de expresión seguros, sen ter que andar máis pendentes de evitar que o noso traballo sexa dañado antes que de levar a cabo unha reivindicación segura (e necesaria).

Trataremos de repoñer todo o que poidamos esta noite. Non imos quedar caladas, non imos quedar sen os espazos nin os dereitos que merecemos.

04/03/2022

Vémonos este domingo???
Estaremos preparando cartaces e pancartas para encher a vila de reivindicacións e forza este 8M!!! 💪

Poderedes atoparnos no palco da finca de Briz, dende as 11:00h ata as 17:00h aproximadamente, aínda que estaremos ata que rematemos!
Podes pasarte cando queiras ou falarnos antes se o prefires a través das nosas redes. E non te preocupes, nós poñemos os materiais! Ti só tes que traer as ganas e as propostas 😏

Se non podes pasarte pero tes algunha idea de lema ou reivindicación que non queres que falte, non dubides en falarnos. Farémolo por ti! Que o espíritu e a forza de todes encha a vila! 😉

Vémonos! E estade atentes, mañá compartiremos a convocatoria para este martes 😊 💜

Amigues, este ano voltamos á rúa! 🔥O feminismo resiste aínda que estemos asoladas polos coidados, pola saúde mental e po...
24/02/2022

Amigues, este ano voltamos á rúa! 🔥

O feminismo resiste aínda que estemos asoladas polos coidados, pola saúde mental e polas violencias.

Loitamos polo que é noso e tentaron quitarnos.

A quen non entenda que aquí marchamos todes, que lisque! A quen non nos queira convativas, que estoupe!

Nosoutras imos con todo, pero nesta precisamos de vós! Somos conscientes das situacións, de que cada ano estamos máis canses, pero seguimos crendo e confiando en que xuntes somos forza e raíz.

O próximo 8M preparádevos para volver encher Marín de loita feminista.

Para quen queira tecer rede connosco, a primeira finde de marzo ímonos xuntar para argallar e compartir espazo. Vinde!

Este lume aínda está prendendo, dádenos uns días para concretar datas e horas e de mentres deixádenos calquera dúbida, idea ou aperta por aquí 💜

Unha aperta fortísima tíes, avante! 💪🏽

20/02/2022
12/02/2022

Non están todas as que son, pero aquí hai 21 científicas galegas que marcan o camiño da excelencia investigadora

Dirección

Marín

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Espazo Feminista Marín publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir