CEIP DA LAXE

CEIP DA LAXE CEIP DA LAXE (MARÍN) CENTRO DE EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA CENTRO EDUCATIVO 3-12 ANOS

18/06/2026

🗺️ Excursión Fin de Curso 🫶🏼


🎒✨ Excursión Fin de Curso ✨🎒Hoxe puxemos o broche final ao noso PDI "Sentinelas do Legado" cunha fantástica visita ao Pa...
18/06/2026

🎒✨ Excursión Fin de Curso ✨🎒

Hoxe puxemos o broche final ao noso PDI "Sentinelas do Legado" cunha fantástica visita ao Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro 🏞️

Ao longo da xornada participamos en diferentes actividades que nos permitiron viaxar no tempo:

🏺 Obradoiros de cerámica prehistórica.
🎨 Obradoiros de pintura inspirada na arte rupestre.
🧩 Ximcana chea de retos e descubrimentos.
👣 Visita guiada polos petróglifos e espazos do parque.
🔥 E ata aprendemos como se facía lume na Prehistoria!

Foi unha xornada de convivencia, aprendizaxe e diversión coa que pechamos as saídas deste curso, reforzando todo o traballado arredor do noso patrimonio e da nosa historia.

🙏 Grazas a nosa Anpa Do Ceipp Da Laxe por facelo posible


✨ 𝔾𝕣𝕒𝕕𝕦𝕒𝕔𝕚ó𝕟 𝟞º 🎓Esta semana no CEIPP da Laxe estamos a pechar etapas, celebrar logros e gardar na memoria momentos que ...
17/06/2026

✨ 𝔾𝕣𝕒𝕕𝕦𝕒𝕔𝕚ó𝕟 𝟞º 🎓

Esta semana no CEIPP da Laxe estamos a pechar etapas, celebrar logros e gardar na memoria momentos que permanecerán para sempre.

Onte foi a quenda dos nosos Sentinelas do Legado que rematan a súa etapa en Primaria despois de anos compartindo aprendizaxes, aventuras, esforzos e emocións.

Levades convosco todo o aprendido e os valores que vos acompañaron durante este camiño. Agora toca seguir explorando novos horizontes, con ilusión, confianza e a certeza de que estades preparados para o que está por vir.

Moita sorte no voso camiño e lembrade que o CEIPP da Laxe será sempre a vosa casa.

Parabéns! 🫶🏻✨

11/06/2026

Hoxe puxemos o broche final aos nosos Laxeversos cunha sentinela moi especial: a mestra Yoli, que nos contou o álbum "Non é unha caixa, é unha cidade".

Por equipos creamos as nosas propostas e, compartindo ideas e materiais, fomos construíndo unha gran cidade en comunidade.

Grazas, profe Yoli, por acompañarnos nesta última aventura lectora e por lembrarnos que xuntos podemos construír moito máis 💛📚




Hoxe, con motivo do Día Internacional do Xogo, celebraremos o noso último Laxeverso do curso. Para a ocasión, contaremos...
11/06/2026

Hoxe, con motivo do Día Internacional do Xogo, celebraremos o noso último Laxeverso do curso. Para a ocasión, contaremos coa visita dunha sentinela moi querida, a mestra Yoli.

Agardámosvos!

📍Biblio do CEIP Plurilingüe da Laxe
⏰ De 16:00 a 17:00.


10/06/2026

Onte celebramos a nosa IV Mostra Laxeira: Sentinelas do Legado, unha xornada para compartir coa nosa comunidade educativa unha pequena escolma de todo o traballo desenvolvido ao longo deste curso.

Baixo o título "E ti de quen vés sendo?" e o lema "Sentinelas do legado: coñecendo o pasado, construíndo o futuro", o alumnado converteuse en narrador e gardián do noso patrimonio, compartindo todo o traballo desenvolvido arredor da identidade persoal e colectiva, da memoria oral e do patrimonio cultural, material e inmaterial de Marín e Galicia.

Unha oportunidade para aprender a mirar o mundo con respecto, espírito crítico e compromiso coa diversidade, coa comunidade e coa conservación do noso patrimonio.

Hoxe compartimos con orgullo unha pequena mostra deste camiño. Grazas a todas as persoas que o fixestes posible. 🤍



✨ A piques de celebrar a nosa IV Mostra Laxeira!🗓️ 9 xuño 2025📍 CEIP Plurilingüe da Laxe Agardámoste!
04/06/2026

✨ A piques de celebrar a nosa IV Mostra Laxeira!

🗓️ 9 xuño 2025
📍 CEIP Plurilingüe da Laxe

Agardámoste!


📚✨ Grazas por todo, Melanie! ✨📚Chega o momento de despedirnos de Melanie, a nosa auxiliar de conversa procedente dos Est...
29/05/2026

📚✨ Grazas por todo, Melanie! ✨📚

Chega o momento de despedirnos de Melanie, a nosa auxiliar de conversa procedente dos Estados Unidos 🇺🇸, que nos acompañou durante todo este curso en Infantil e Primaria.

Ao longo destes meses compartiu coñecementos, cultura, entusiasmo e moita enerxía positiva, axudando a que o noso alumnado mellorase a súa competencia oral en inglés e se achegase un pouquiño máis ao mundo anglosaxón.

Foi un pracer enorme contar contigo no día a día do centro.
Thank you for everything, Melanie. Good luck! ❤️

Entre fíos, palillos e conversa compartida vivimos unha xornada especial.O obradoiro de palilleiras a cargo da Asociació...
28/05/2026

Entre fíos, palillos e conversa compartida vivimos unha xornada especial.
O obradoiro de palilleiras a cargo da Asociación Bolymar deixounos momentos fermosos, aprendizaxes e, sobre todo, ganas de seguir mantendo viva unha tradición que pasa de man en man.

Grazas Conchi e Esther 🤍

27/05/2026

Premio en igualdade para o noso 4º de EP! 🎉

O alumnado de cuarto acaba de conseguir un recoñecemento no certame “E ti, que pensas da igualdade?” da

Ata a Lanzada achegámonos a recoller o premio nunha fantástica xornada de convivencia e celebración con outros centros da contorna.

Noraboa a todos os coles premiados! 💜

Grazas a

E parabéns ao noso 4°! 🎉

Dirección

República Arxentina, 40
Marín
36900

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 14:00
Martes 09:00 - 14:00
16:00 - 18:30
Miércoles 09:00 - 14:00
Jueves 09:00 - 14:00
Viernes 09:00 - 14:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando CEIP DA LAXE publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir