PP de Malpica

PP de Malpica Conta de Facebook do Partido Popular de Malpica de Bergantiños.

💙

A verdade sempre acaba saíndo á luz.Ante as informacións publicadas sobre un suposto incidente durante a XLI Mostra da O...
03/08/2026

A verdade sempre acaba saíndo á luz.

Ante as informacións publicadas sobre un suposto incidente durante a XLI Mostra da Olería de Buño, o Partido Popular de Malpica publica este comunicado para desmentir uns feitos que non se corresponderon coa realidade.

Xunto a el compartimos unha imaxe tomada o sábado na II Cocedura Tradicional Aberta, na que o alcalde de Malpica visita o recinto acompañado do conselleiro de Facenda e Administración Pública e do presidente da Asociación Oleira de Buño, nun ambiente de absoluta normalidade.

Cada quen que saque as súas propias conclusións.

⬇️ Comunicado íntegro.

02/08/2026

El conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos asistió este sábado a la carga del horno artesanal

📢 COMUNICADO | Partido Popular de MalpicaAnte as afirmacións realizadas polo PSOE de Malpica sobre as Festas do Mar, que...
01/08/2026

📢 COMUNICADO | Partido Popular de Malpica

Ante as afirmacións realizadas polo PSOE de Malpica sobre as Festas do Mar, queremos trasladar á veciñanza a realidade dos feitos.

O Concello segue colaborando activamente na celebración destas festas, asumindo a Banda de Música, financiando xunto coa Confraría de Pescadores a pólvora da procesión e as actuacións para as sesións vermú, ademáis de tramitar todos os permisos necesarios ante Portos de Galicia, asumindo tamén os custos que iso supón.

Oportunismo político, dobre moral e unha preocupante falta de respecto pola realidade son a resposta dun PSOE que só se acorda das festas da vila, mentres esquece as parroquias que levan anos sen poder celebrar as súas festas patronais pola falta de comisións organizadoras.

📄 Compartimos o noso comunicado íntegro para que cada veciño poida coñecer os feitos e sacar as súas propias conclusións.

Feliz Día de Galicia!
25/07/2026

Feliz Día de Galicia!

Hoxe, 8 de marzo, queremos poñer en valor o papel das mulleres de Malpica, parte esencial da nosa historia e do noso pre...
08/03/2026

Hoxe, 8 de marzo, queremos poñer en valor o papel das mulleres de Malpica, parte esencial da nosa historia e do noso presente.

Mulleres traballadoras, loitadoras e comprometidas que, xeración tras xeración, contribuíron a sacar adiante ás súas familias e ao progreso do noso pobo.

O seu esforzo, moitas veces silencioso, é unha parte fundamental do que somos como comunidade.

Dende o Partido Popular de Malpica sumámonos a este día de recoñecemento, agradecendo o camiño aberto por tantas mulleres e reafirmando o compromiso de seguir avanzando cara a unha sociedade con máis igualdade e oportunidades.

Feliz Día da Muller. 💜

🔵 PLENO MUNICIPAL Onte, 29 de xaneiro, o Partido Popular de Malpica aprobou o POS+ 2026, un plan que traerá investimento...
30/01/2026

🔵 PLENO MUNICIPAL

Onte, 29 de xaneiro, o Partido Popular de Malpica aprobou o POS+ 2026, un plan que traerá investimentos reais para o noso municipio e que saíu adiante grazas aos nosos 6 votos a favor, mentres BNG e PSOE optaron pola abstención.

Estas son as actuacións incluídas:

🏗️ Obras
• Bombeo de augas residuais en Seaia – 198.439,04 €
• Mellora da cantina e das instalacións do Campo de fútbol de Pedra Queimada – 92.386,32 €

💶 Gasto corrente – 266.209,46 €

🔧 Plan Complementario
• Mellora da eficiencia enerxética do Campo de fútbol de Xaviña – 59.993 €
• Acondicionamento e mellora das instalacións das Escolas de Pontella – 58.740,96 €

No pleno tamén se debateron varias mocións:

❌ BNG: moción sobre a sanidade pública, votada en contra polo PP, e outra sobre control da pesca, aprobada por unanimidade.
❌ PSOE: mocións sobre médico de familia en Buño e pediatría en Malpica, votadas en contra polo PP porque ambos servizos se restablecen con normalidade a partir do luns.

✔️ PP: moción sobre flexibilización do regulamento europeo de control da pesca para a frota artesanal galega, aprobada co noso apoio e abstencións da oposición.
A oposición de Malpica queda fóra da realidade: moléstalles que defendamos aos mariñeiros e que reclamemos ao Goberno e a Europa o que é xusto para o noso litoral.

👉 No Partido Popular de Malpica gobernamos con feitos: defendemos aos veciños, aos mariñeiros e aos servizos do concello. Mentres outros fan ruído, nós traballamos por Malpica.

O Partido Popular de Malpica quere informar á veciñanza sobre a situación actual do Centro de Saúde de Buño e trasladar ...
27/01/2026

O Partido Popular de Malpica quere informar á veciñanza sobre a situación actual do Centro de Saúde de Buño e trasladar unha mensaxe de tranquilidade.

A semana pasada tomou posesión da praza de facultativo do Consultorio de Buño, tras superar o correspondente proceso de oposición, unha persoa que ten recoñecido legalmente o dereito a unha redución de xornada laboral. Esta circunstancia, nun centro que conta cun único facultativo, dificulta a correcta atención da demanda asistencial.

Tras ser advertido desta situación, o alcalde de Malpica púxose en contacto co xerente da área sanitaria o pasado xoves para interesarse polo tema e solicitar que se lle dea unha solución á maior brevidade posible, co obxectivo de garantir unha atención sanitaria axeitada á veciñanza.

Tendo en conta esta situación, acordouse un cambio de destino deste profesional. Deste xeito, está previsto que a partir do día 1 de febreiro a praza do Centro de Saúde de Buño sexa desempeñada por un profesional a tempo completo.

Desde o Partido Popular de Malpica queremos manifestar o máximo respecto polos dereitos laborais de todas as persoas, ao tempo que defendemos a necesidade de buscar solucións que garantan unha atención sanitaria de calidade para todos os veciños e veciñas.

Seguiremos atentos á evolución desta situación e traballando para que o Centro de Saúde de Buño conte cun servizo sanitario estable e axeitado ás necesidades da poboación.

Desde o Partido Popular de Malpica queremos trasladar o noso máis sentido pésame ás familias e amigos das vítimas do acc...
19/01/2026

Desde o Partido Popular de Malpica queremos trasladar o noso máis sentido pésame ás familias e amigos das vítimas do accidente ferroviario ocorrido en Adamuz, Córdoba.
Nestes momentos de dor expresamos a nosa solidariedade con todos os que perderon aos seus seres queridos. Do mesmo xeito, desexamos unha pronta e completa recuperación a todas as persoas feridas, así como moita forza ás súas familias.
Queremos tamén recoñecer e agradecer o labor dos equipos de emerxencias, sanitarios e forzas de seguridade pola súa profesionalidade e entrega ante esta dramática situación.
O Partido Popular de Malpica acompaña no sentimento a todas as persoas afectadas.

📣 COMUNICADO O Partido Popular de Malpica levará ao vindeiro pleno municipal unha moción para esixir ao Goberno de Españ...
16/01/2026

📣 COMUNICADO

O Partido Popular de Malpica levará ao vindeiro pleno municipal unha moción para esixir ao Goberno de España que rectifique e flexibilice de inmediato a aplicación das novas obrigas administrativas impostas pola normativa europea de control pesqueiro, en vigor desde o pasado 10 de xaneiro.

Estas medidas supoñen un ataque directo á frota litoral e artesanal galega, e en particular á de Malpica, onde moitas familias dependen da pesca para vivir. O Goberno central, lonxe de defender aos nosos mariñeiros, está a impoñer un sistema burocrático pensado para grandes frotas industriais e totalmente alleo á realidade do noso mar.

Desde o PP de Malpica denunciamos que estas normas están a converter aos pescadores en funcionarios sen despacho, obrigándoos a dedicar máis tempo a trámites que a faenar, poñendo en risco a viabilidade económica das embarcacións e ameazando o futuro do noso porto.

As principais trabas que rexeitamos son:
• A imposición do diario electrónico de bordo (ERS) para buques de 12 metros ou máis, sen garantir medios técnicos axeitados nin apoio real ao sector.
• A obrigatoriedade dun caderno dixital de pesca, totalmente desproporcionada para embarcacións pequenas.
• A esixencia de avisos previos de entrada en porto de ata catro horas, unha aberración para unha frota que traballa con mareas curtas e condicións cambiantes.
• A trazabilidade dixital obrigatoria, imposible de cumprir en moitos casos pola falta de conectividade nos portos e a escasa capacidade tecnolóxica de pequenas embarcacións.
• A pesaxe obrigatoria das capturas antes da primeira venda, que só engade custos e complicacións innecesarias.
• Un endurecemento do control da pesca recreativa que castiga tamén ás nosas confrarías e comunidades mariñeiras.

O Partido Popular de Malpica acusa ao Goberno de España de manter unha actitude de pasividade e desprezo cara ao sector pesqueiro galego. Esiximos que faga uso inmediato das marxes que permite a normativa europea para aplicar un réxime de control realista, flexible e adaptado á pesca artesanal, e que deixe de poñer atrancos a quen sostén o noso litoral.

En Malpica, a pesca non é só economía: é identidade, tradición e modo de vida. Non imos permitir que decisións tomadas desde despachos de Madrid ou Bruxelas, sen coñecer o noso mar, afoguen aos nosos mariñeiros.

Defenderemos os intereses da nosa frota, da Confraría e de todas as familias que viven do mar.

🎄✨ O Partido Popular de Malpica deséxavos un Nadal cheo de ledicia, saúde e momentos compartidos cos vosos seres querido...
24/12/2025

🎄✨ O Partido Popular de Malpica deséxavos un Nadal cheo de ledicia, saúde e momentos compartidos cos vosos seres queridos. Que estas festas nos enchan de esperanza e enerxía para construír un futuro mellor para o noso concello

Dirección

Malpica De Bergantiños

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando PP de Malpica publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a PP de Malpica:

Atajos

Compartir