12/09/2026
⚽️ A Pedra Queimada xa ten novo céspede!
Onte foi un día especial para o fútbol de Malpica. O alcalde e os presidentes da SCD Malpica, Sporting Seaia CF e Veteranos SCD Malpica, acompañados de xogadores e directivos dos tres clubs, deron os primeiros pases sobre o novo céspede do Campo Municipal da Pedra Queimada.
Unha estrea simbólica protagonizada polos tres clubs que utilizan este campo, que volveron á Pedra Queimada para poñer en marcha unha nova etapa.
Porque os cartos de todos os veciños e veciñas son para investir en espazos dos que poidamos desfrutar todos. 💙
Agora toca enchelo de fútbol, de adestramentos, de partidos, de ilusión e, sobre todo, de moitos momentos compartidos.
O Concello de Malpica continúa a traballar na mellora das instalacións municipais e no apoio ao deporte local. ⚽️