17/08/2026
🖤 17 de agosto | Día da Galicia Mártir
Hoxe lembramos a Alexandre Bóveda, asasinado o 17 de agosto de 1936, e con el a todas as persoas represaliadas por defender a democracia, as liberdades e os dereitos de Galicia.
O Día da Galicia Mártir é unha xornada de memoria, dignidade e compromiso democrático. .
🌹 Memoria para Bóveda e para todas as vítimas da represión franquista!
💜 Dende Movemento Sumar Galicia reivindicamos a súa memoria e o legado de quen loitou por unha Galicia democrática e con máis autogoberno.