18/06/2026
Un Arde Lucus para todas as persoas.
No noso compromiso por facer do Arde Lvcvs 🔥 un espazo accesible para todas as persoas, seguimos avanzando nun proxecto que levamos desenvolvendo desde hai máis de 10 anos.
O ano pasado incorporamos a rotulación en braille para facilitar o acceso á información ás persoas con discapacidade visual. Este ano damos un novo paso coa implantación de códigos e códigos QR que permiten acceder a contidos en vídeo signados, sobre todas as explicacións do noso campamento, facilitando a participación das persoas con discapacidade auditiva.
💙Porque cremos que a historia, a cultura e a recreación histórica deben ser experiencias compartidas e accesibles para toda a cidadanía, continuamos traballando para eliminar barreiras e construír un Arde Lucus máis inclusivo.
🤝Queremos agradecer a colaboración e o apoio da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia , ONCE , NaviLens e FAXPG , que fan posible seguir mellorando este proxecto ano tras ano.