Desenvolvemento Local Lugo

Desenvolvemento Local Lugo Páxina oficial en Facebook que informa da actividade da Concellería de Dinamización Económica e Relacións Institucionais do Concello de Lugo 💼✊

Concellería de Desenvolvemento Local e Emprego do Concello de Lugo 💼✊

Instagram: https://www.instagram.com/desenvolvelugo/?hl=es

📣⏳ Lembra! Últimos días para inscribirte en Turistalent 5.0A aceleradora de turismo do Concello de Lugo ampliou o seu pr...
21/07/2025

📣⏳ Lembra! Últimos días para inscribirte en Turistalent 5.0

A aceleradora de turismo do Concello de Lugo ampliou o seu prazo ata o 28 de xullo! Se tes unha idea ou proxecto turístico innovador, sostible e con impacto… esta é a túa oportunidade! 🚀🌿

🧭 Formación
🤝 Mentorización
📍 Apoio para facer realidade o teu proxecto

🔗 https://www.desenvolvelugo.org/turistalent-5-0-a-aceleradora-de-turismo-do-concello-de-lugo-amplia-ata-o-28-de-xullo-o-seu-prazo-de-inscricion/

📦 Avanzamos na implantación dun modelo de reparto urbano de última milla sostible, intelixente e inclusivo!🚲 A través do...
02/07/2025

📦 Avanzamos na implantación dun modelo de reparto urbano de última milla sostible, intelixente e inclusivo!

🚲 A través do proxecto europeo , impulsado desde o CEI-Nodus, estamos a promover un sistema de reparto en bicicleta que aposta pola redución de emisións e, ao mesmo tempo, pola inserción sociolaboral de colectivos vulnerables.

🔗 Máis info: https://www.desenvolvelugo.org/lugo-avanza-na-implantacion-dun-modelo-de-reparto-sostible-apostando-pola-inclusion-social-a-traves-do-proxecto-europeo-socilibre/

🎖️O alcalde, Miguel Fernández, participou esta mañá na cerimonia de entrega da IX edición do Premio Peme do Ano, unha in...
26/06/2025

🎖️O alcalde, Miguel Fernández, participou esta mañá na cerimonia de entrega da IX edición do Premio Peme do Ano, unha iniciativa que recoñece o talento, o esforzo e a innovación das pequenas e medianas empresas do noso territorio.

Noraboa a Industrial Recense polo galardón e parabéns a todas as empresas premiadas, en especial a Transmedia Comunicacion e Medrar Solutions , exemplos de creatividade e vangarda asentados na nosa cidade.

🤝 Desde o seguimos traballando para apoiar o emprendemento e atraer novas oportunidades que impulsen o noso desenvolvemento económico.

🚀 Turistalent 5.0 xa está en marcha!O Concello de Lugo, a través do CEI-Nodus, ten abertas as inscricións para a acelera...
23/06/2025

🚀 Turistalent 5.0 xa está en marcha!

O Concello de Lugo, a través do CEI-Nodus, ten abertas as inscricións para a aceleradora de proxectos turísticos Turistalent, unha iniciativa para apoiar o emprendemento e a innovación no sector.

🧭 Buscas transformar o turismo dende unha perspectiva sostible, verde, dixital e accesible? Este programa é para ti!

✅ Formación e mentorización
✅ Apoio técnico e visibilidade
✅ Creación de rede con profesionais do sector

🗓️ Inscricións ata o 11 de xullo
🔗 Info: https://turistalent.com/aberto-o-prazo-de-inscricion-para-turistalent-5-0-a-aceleradora-de-turismo-impulsada-polo-concello-de-lugo/

As persoas e empresas interesadas poderán presentar os seus proxectos ata o 11 de xullo a través da sede electrónica do Concello

📍 Onte o salón de actos do CEI-Nodus acolleu unha das primeiras reunións da nova Asociación Capital Humano de Lugo, unha...
06/06/2025

📍 Onte o salón de actos do CEI-Nodus acolleu unha das primeiras reunións da nova Asociación Capital Humano de Lugo, unha entidade que comeza a dar os seus primeiros pasos para reunir a profesionais do ámbito dos Recursos Humanos, a formación e o liderado de equipos.

🤝 A asociación nace da man de antigos alumnos/as da Escola Universitaria de Relacións Laborais, baixo a coordinación de David Seijas, e ten como obxectivo traballar conxuntamente para impulsar o desenvolvemento socioeconómico de Lugo e Galicia a través dunha xestión eficaz do capital humano.

O Concello de Lugo, no marco da súa aposta pola creación de emprego, colabora coa iniciativa e pon á súa disposición recursos como o Espazo Lab, integrado no CEI-Nodus, que acolle tamén o Servizo de Orientación Laboral municipal.

📍 Lugo segue avanzando como Destino Turístico Intelixente!O Concello de Lugo recibe o aval do Ministerio de Industria e ...
02/06/2025

📍 Lugo segue avanzando como Destino Turístico Intelixente!

O Concello de Lugo recibe o aval do Ministerio de Industria e Turismo para continuar a súa estratexia como DTI (Destino Turístico Intelixente), apostando por un modelo de turismo sostible, accesible, innovador e baseado en datos. 📊🌿📲

Esta nova recoñecida sitúa a Lugo no mapa dos destinos que integran tecnoloxía, patrimonio e calidade de vida para ofrecer unha experiencia única tanto para visitantes coma para a veciñanza.

🔗 Máis información:
https://www.desenvolvelugo.org/o-concello-de-lugo-avanza-na-sua-consolidacion-como-destino-turistico-intelixente-co-aval-do-ministerio-de-industria-e-turismo/

02/06/2025

📌 O Executivo de Miguel Fernández - Alcalde de Lugo aprobou na Xunta de Goberno Local a participación na nova convocatoria de centros Europe Direct para garantir a continuidade do servizo ata decembro de 2030.

🤝 Ao longo do ano, este centro organiza actividades abertas ao público co obxectivo de achegar as institucións, as políticas e os valores europeos á vida diaria da cidadanía.



📌 El Ejecutivo de Miguel Fernández aprobó en la Xunta de Goberno Local la participación en la nueva convocatoria de centros Europe Direct para garantizar la continuidad del servicio hasta diciembre de 2030.

🤝 A lo largo del año, este centro organiza actividades abiertas al público con el objetivo de acercar las instituciones, las políticas y los valores europeos a la vida diaria de la ciudadanía.

🧵 O Concello de Lugo e FADAS abren o local da Tinería para a venda de traxes castrexos e romanos elaborados polas partic...
21/05/2025

🧵 O Concello de Lugo e FADAS abren o local da Tinería para a venda de traxes castrexos e romanos elaborados polas participantes do taller Tecer para medrar, unha iniciativa de inclusión social dirixida a colectivos vulnerables.

🤝 Este espazo, cedido polo Concello no viveiro empresarial da Tinería, está pensado para dar visibilidade ao traballo artesanal e facilitar a súa comercialización no centro histórico da cidade.

👗 O alcalde Miguel Fernández destacou “a importancia de apoiar proxectos que dan oportunidades reais a quen máis o precisa”, e animou a toda a cidadanía a achegarse para coñecer e apoiar este proxecto.

📍 Pásate polo local e prepárate para o Arde Lvcvs (12-15 de xuño) con pezas únicas feitas con dedicación e moito talento 💜

O CEI-Nodus acolle estes días a formación do persoal que traballará en Primark Lugo 🛍️Grazas á colaboración do Concello ...
09/05/2025

O CEI-Nodus acolle estes días a formación do persoal que traballará en Primark Lugo 🛍️

Grazas á colaboración do Concello de Lugo coa compañía, os novos traballadores prepáranse neste centro pioneiro da provincia 💼

Esta iniciativa supón un impulso ao emprego local e á economía da cidade 📈

09/05/2025

🎉 Feliz Día de Europa!!

Este 9 de maio celebramos dúas datas históricas:

👉 75 anos da Declaración Schuman, semente do proxecto europeo
👉 40 anos da firma do tratado de adhesión de España á UE, un paso que mudou a historia do noso país e da nosa cidade

Desde Europe Direct Lugo queremos felicitar este día e lembrar que Europa constrúese entre todas e todos, desde o local ao global, co compromiso da cidadanía activa e informada.

💙 Feliz 9 de maio!

💡 Sabías que no CEI-Nodus temos o único centro oficial de información da UE en Galicia?💙 Europe Direct Lugo é un punto d...
08/05/2025

💡 Sabías que no CEI-Nodus temos o único centro oficial de información da UE en Galicia?

💙 Europe Direct Lugo é un punto de conexión coa Unión Europea dispoñible para toda a cidadanía e designado pola propia Comisión 🇪🇺

📚 Dende aquí organizamos actividades, ofrecemos información, apoio e poñemos en valor todo o que Europa achega ao noso territorio.

Ven a coñecelo!

08/05/2025

🎉 Este venres celebramos o Día de Europa na Praza Maior de Lugo!
Desde as 16:45h teremos:
📌 Mesa informativa
🎨 Obradoiro infantil de tatuaxes
🎧 Sesión DJ con Alex Mei
📸 Concurso de fotografía dixital
🗣 Acto institucional co alcalde Miguel Fernández
🇪🇺 Izado da bandeira da UE
🧠 Desafío Europa, un xogo participativo
👗 Desfile de moda sostible con deseñadores/as lucenses

Unha xornada para compartir, celebrar e reflexionar sobre os valores que nos unen como cidadanía europea.
📲 Participa, fai a túa foto e súbea ás redes! Hai premios!

Máis Info en https://europedirectlugo.com/index.php/documents/bases-certame-de-fotografia-europadendelugo/

Dirección

Avenida Da Coruña, 500
Lugo
27003

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Desenvolvemento Local Lugo publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir