28/08/2026
Menos fotos e máis rigor, señora Candia. 📸❌
Moito colgarse medallas, pero a realidade é que a nova ARI da Milagrosa e Feijoo é posible porque o Goberno de España achega o 60% dos 13,58 millóns de euros para rehabilitar máis de 4.000 vivendas (ata 54.000 € por fogar).
A Elena Candia e ao PP encántalles presumir e apropiarse do traballo e dos cartos que pon o Goberno central mentres esquecen a lealdade institucional máis básica.
Fronte ao seu postureo e propaganda, o PSOE responde con feitos, investimento real e vivenda digna para a veciñanza de Lugo. 🌹