24/01/2025
📸 Hoxe tocaba defender a Lugo no maior escaparate turístico do mundo, FITUR. Pero, sorprendentemente, a cadeira de Elena Candia quedou baleira.
Despois dunha semana entregada a compartir foto con figuras do PP nacional e asistir a actos que nada teñen que ver coa cidade, cando tocaba apoiar ao municipio, decidiu volver a Lugo… para facer o que mellor sabe: sementar discordia e criticar os orzamentos de 2025. 🤷♂️
“Lugo o Primeiro” era o seu eslogan, pero na práctica queda claro que para ela Lugo non ocupa nin o segundo, nin o terceiro, nin sequera o cuarto lugar. Porque cando toca apoiar, ela sempre ten algo máis urxente que facer.
As imaxes falan por si soas. E a cadeira baleira tamén.