Aliad-Ultreia

Aliad-Ultreia Página de la asociación Aliad Ultreia (Lugo). ALIAD-ULTREIA é unha asociación sen ánimo de lucro que traballa desde 1984 con persoas en risco de exclusión.

Entre os programas destacan a atención xurídico social a persoas con condutas aditivas, diversos programas con persoas reclusas e a axuda a mulleres vítimas de violencias machistas, entre elas a trata e a explotación sexual.

Acostumámonos a consumir vídeos na rede cun só clic, esquecendo con frecuencia que as plataformas que os aloxan non son ...
07/09/2026

Acostumámonos a consumir vídeos na rede cun só clic, esquecendo con frecuencia que as plataformas que os aloxan non son espazos neutrais nin inocentes.

O debate xeral sobre a pornografía adoita centrarse unicamente na moralidade individual, pero este documental move o foco cara onde realmente doe e importa: a impunidade corporativa. Se unha empresa gaña diñeiro cada vez que visitas a súa páxina, quen debe asumir as consecuencias legais e humanas cando o vídeo que reproduce vulnerou os dereitos fundamentais dunha persoa?

A historia que documenta Netflix serve para entender perfectamente como a arquitectura actual de internet priorizou o crecemento económico por riba da seguridade, da ética e do propio consentimento.

Viches xa o documental ou tes pensado facelo? Lemos as túas impresións nos comentarios 💻👇

⚠️Pensabamos que a tecnoloxía ía usarse para solucionar os grandes retos do noso tempo, pero algúns están a usala para p...
03/09/2026

⚠️Pensabamos que a tecnoloxía ía usarse para solucionar os grandes retos do noso tempo, pero algúns están a usala para perfeccionar a violencia máis antiga de todas.

Facer un deepfake pornográfico sen consentimento non é un xogo de rapaces, nin un experimento cunha IA, nin unha "broma" de mal gusto: é violencia sexual dixital, e as súas consecuencias na saúde mental, na reputación e na vida social das vítimas —case sempre mulleres e menores— son devastadoras.

Detrás da intelixencia artificial que xera a imaxe, hai unha responsabilidade humana moi real: a de quen o crea, a de quen o difunde e a da sociedade que mira cara a outro lado pensando que "como non é de verdade, non pasa nada". Pasa, e moito.

📖Queremos lerte nos comentarios. Cres que o foco para acabar con isto debe estar nas leis (castigalo máis) ou na base (educar mellor aos que consomen estas imaxes)?

A recomendación de hoxe é… 548 días: captada por unha secta.A historia de Patricia descríbenos á perfección fenómenos mo...
07/07/2026

A recomendación de hoxe é… 548 días: captada por unha secta.

A historia de Patricia descríbenos á perfección fenómenos moi complexos que non son fáciles de comprender a priori. A captación de persoas non sé da de forma aleatoria, está completamente estudiada. Un elemento que nunca pode faltar é que a vítima se encontre nun momento de grande vulnerabilidade, donde atopan un oco que encher con mentiras e enganos.

Ademáis, o viaxe interno que terá que facer Patricia para poder abrir os ollos sobre o que está sucedendo é un retrato fiel de cómo actúa o trauma, a manipulación e a violencia na psique humana.

📚✨ Seguindo o fío da nosa anterior publicación, queremos compartir con todxs vós máis Aulas Abertas celebradas no Centro...
06/07/2026

📚✨ Seguindo o fío da nosa anterior publicación, queremos compartir con todxs vós máis Aulas Abertas celebradas no Centro Penitenciario de Monterroso, actividades enmarcadas no Plan de Animación Sociocultural, desenvolvido por Aliad Ultreia en colaboración co Grupo de Investigación SEPA-interea da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e Ecigal da Universidade da Coruña (UDC), co financiamento da Fundación "la Caixa".

Nestes últimos meses tamén tivemos a oportunidade de desfrutar das seguintes charlas:

🎶 11 de marzo – "Música de raíz: Anímate a conocer el principio de la música"
Da man de Xavier Blanco, músico, artesán, investigador e doutor da Fundación Legar (Quiroga, Lugo), achegámonos á música tradicional desde as súas orixes. A sesión permitiunos descubrir instrumentos ancestrais, os seus procesos de elaboración e a importancia da música de raíz como parte do noso patrimonio cultural e da nosa identidade.

🎨🖌️ 6 de maio – "Grafiti: la ciudad como lienzo"
Colectivo Concepto Circo achegounos ao mundo da arte urbana, convidándonos a reflexionar sobre o grafiti como unha forma de expresión artística, comunicación e transformación do espazo público. Unha oportunidade para coñecer a evolución desta disciplina e o seu papel na creación contemporánea.

🏛️⚔️ 3 de xuño – "Deporte en la Antigua Grecia y Roma: sacrificio y honor"
Da man da Asociación Luctus Spiculi, especializada na gladiatura e no deporte antigo, viaxamos á Antigüidade para descubrir como se entendían o deporte, o esforzo e o honor nas civilizacións grega e romana. A charla ofreceu unha visión histórica destas prácticas e invitounos a reflexionar sobre a súa influencia no deporte actual.

As Aulas Abertas seguen consolidándose como un espazo de encontro, diálogo e aprendizaxe compartida, achegando ao Centro Penitenciario persoas expertas de ámbitos moi diversos e favorecendo experiencias de reflexión, intercambio e acceso á cultura.

💙 Grazas, unha vez máis, ás persoas relatoras e ás entidades colaboradoras por compartir os seus coñecementos e facer posible que este proxecto continúe medrando.

📚✨ Aproveitamos esta publicación para compartir con todxs vós as últimas Aulas Abertas celebradas no Centro Penitenciari...
06/07/2026

📚✨ Aproveitamos esta publicación para compartir con todxs vós as últimas Aulas Abertas celebradas no Centro Penitenciario de Monterroso, actividades enmarcadas no Plan de Animación Sociocultural, desenvolvido por Aliad Ultreia en colaboración co Grupo de Investigación SEPA-interea da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e Ecigal da Universidade da Coruña (UDC), co financiamento da Fundación "la Caixa".

Ao longo destes últimos meses tivemos a oportunidade de achegarnos a realidades, disciplinas e experiencias moi diversas da man de profesionais de referencia:

🥋 17 de decembro – "Karate: Filosofía y Valores"
Da man de Jana González, técnica de karate, árbitra nacional e coach nacional, descubrimos o karate como unha disciplina que vai moito máis alá do deporte, afondando nos seus valores, na filosofía que o sustenta e no seu potencial como ferramenta de crecemento persoal.

🧠 4 de febreiro – "La salud mental en el s. XXI: ¿Qué factores influyen en la salud mental de hoy en día?¿Hay ahora más trastornos que antes?"
A médica, psiquiatra e divulgadora científica Iria Veiga Ramos convidounos a reflexionar sobre os principais retos da saúde mental na sociedade actual, ofrecendo unha visión rigorosa, próxima e chea de sensibilidade sobre unha realidade que nos interpela a todxs.

🌎🌺 15 de abril – "Un viaje hacia la cultura maya: tradiciones y costumbres"
Coincidindo coa visita da Fundación Mulleres Kaqla a España —da que xa vos fomos compartindo algúns momentos en publicacións anteriores—, tivemos o privilexio de contar coa súa participación tamén nas Aulas Abertas. As súas integrantes achegáronnos á riqueza da cultura maia, compartindo tradicións, costumes e coñecementos desde unha perspectiva vivencial e intercultural que resultou especialmente enriquecedora.

Esta semana gustaríanos recomendarche algo diferente, e sobretodo, unha lectura moi necesaria nestos momentos 📖 Mediante...
03/06/2026

Esta semana gustaríanos recomendarche algo diferente, e sobretodo, unha lectura moi necesaria nestos momentos 📖

Mediante este ensayo en formato comic, Liv Stromquist levanos por unha viaxe visual, facendo que nos preguntemos ata que punto a dictadura dos cánones estéticos minaron a relación cos nosos corpos. Para isto, a autora apoiase en grandes pensadoras como Susan Sontag ou Eva Illouz. O libro acompañanos polas profundidades das redes sociais e ao exito de personaxes como as Kardashians, pero facendo paradas na decada dos 50 con Marilyn Monroe ou ao 1300 AC e o busto de Nefertiti.

Contra a volta da extrema delgadez e de imposicións estéticas que nos queren sen forzas e débiles, contra-atacamos con informacion e pensamento critico! 😈

Hoxe queremos dar visibilidade á experiencia compartida en Guatemala coas mulleres de . Grazas á intermediacion de  e da...
25/05/2026

Hoxe queremos dar visibilidade á experiencia compartida en Guatemala coas mulleres de .
Grazas á intermediacion de e da puidemos coñecer de primeira man o traballo desta entidade con mulleres víctimas de distintos tipos de violencia e compartir coas profesionais que alí traballan os nosos saberes sobre adiccións.
Estamos moi orgullosas e agradecidas de poder vivir esta experiencia e desfrutar deste aprendizaxe conxunto. Agardamos nun futuro poder seguir traballando xuntas.
Grazas por todo. ❤️

Runrún de  é unha gran novela que consegue falar en poucas páxinas de moitas realidades, removernos ao falar de saúde me...
15/05/2026

Runrún de é unha gran novela que consegue falar en poucas páxinas de moitas realidades, removernos ao falar de saúde mental e dos prexuizos en torno a ela. Fala de como isto afecta en todas as dimensión da vida: persoal, relacional e social.

Achéganos ao ámbito sanitario, de forma específica no caso das mulleres, a atención reduce á historia propia e familiar de saúde mental a unha resposta ante calquera problema de saúde, sen atender a outros eidos ou posibles causas, uns sitema colapsado e sen recursos.

Fai unha crítica moi atinada a un sistema que non está suficientemente preparado, que non escoita.

Tamen nos fala dos afectos, os dados e os escollidos, do coidado, da falta deles, da dependencia emocional, na construción de relacións tóxicas e a incapacidade de rompelas.

Con todo isto, non podemos máis que animarvos a lela!🧡

Hai encontros que van máis alá do intercambio.A visita de Kaqla en Lugo abriu espazos para compartir formas de acompañam...
28/04/2026

Hai encontros que van máis alá do intercambio.

A visita de Kaqla en Lugo abriu espazos para compartir formas de acompañamento, coñecer outras realidades e poñer en diálogo experiencias que, aínda sendo distintas, parten dun mesmo lugar: facer fronte ás violencias e construír alternativas.

Durante estes días, tecéronse conexións con recursos locais, grupos e persoas, ampliando a mirada sobre como intervir, acompañar e sosterse colectivamente.

Se queres escoitar as suas voces, podes copiar este enlace e acceder á entrevista na Cadena SER de Lugo: https://bit.ly/42wS3rK

🧡Que valor cres que teñen este tipo de intercambios?

Para todas as persoas, solicitantes ou acompañantes no proceso de regularización, vos animamos a que vaiades mañá sábado...
24/04/2026

Para todas as persoas, solicitantes ou acompañantes no proceso de regularización, vos animamos a que vaiades mañá sábado ás charla informativa que organiza co avogado da nosa asociación Gerardo Pardo de Vera, especialista en estranxeiría

(Versión en castellano)
Sábado 25 de abril a las 11:00
A Hedreira (R/ Catasol, 17)

Charla informativa sobre la regularización extraordinaria

Sesión gratuita de asesoría sobre requisitos y tramitación de la solicitud

Gerardo Pardo de Vera

Abogado especializado en Derecho Penal y Extranjería y asesor jurídico en las ONGs Aliad-Ultreia y Rescate Internacional

Dirección

Rúa Milagrosa 99/101
Lugo
27003

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 15:00
16:00 - 20:00
Martes 09:00 - 15:00
16:00 - 20:00
Miércoles 09:00 - 15:00
16:00 - 20:00
Jueves 09:00 - 15:00
16:00 - 20:00
Viernes 09:00 - 15:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Aliad-Ultreia publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir