Tintileo Nadela

Tintileo Nadela Andanzas de Tintileo, o noso guía na Biblioteca Escolar do CEIP Manuel Mallo Mallo de Nadela (Lugo)

Estimadas familias:Damos comezo ao novo curso escolar 2026/2027 convocando as reunións iniciais coas titoras e titores. ...
02/09/2026

Estimadas familias:
Damos comezo ao novo curso escolar 2026/2027 convocando as reunións iniciais coas titoras e titores. Os encontros terán lugar nas respectivas aulas segundo o seguinte calendario e horario:
Luns, 7 de setembro
10:00 h: 4º de Educación Infantil, 1º de Primaria e 2º de Primaria
10:30 h: 3º de Primaria e 4º de Primaria
Martes, 8 de setembro
10:00 h: 5º de Educación Infantil e 6º de Educación Infantil
11:00 h: 5º de Primaria e 6º de Primaria
Recordamos tamén que o horario habitual de atención e titorías coas familias ao longo do curso será os martes de 14:30 a 15:30 h.
Agardámosvos para coordinar xuntos este inicio de curso, que comezará o mércores 9 de 9:00 a 14:00. (Comedor ata as 15:15h.)

Hoxe presentouse o proxecto de rehabilitación integral e ampliación do noso colexio, un momento moi agardado por todos n...
31/07/2026

Hoxe presentouse o proxecto de rehabilitación integral e ampliación do noso colexio, un momento moi agardado por todos nós. 
Tivemos o pracer de contar coa visita do conselleiro de Educación, Román Rodríguez, da alcaldesa de Lugo, Elena Candia, da delegada territorial, Sagrario Sánchez, e da arquitecta redactora do proxecto, Luisa Serrano, quen nos detallou o alcance das obras. 
Cun investimento de 1,4 millóns de euros, esta actuación mellorará o benestar no día a día do centro e permitirá un aforro enerxético do 40%. Pero, sobre todo, supón unha aposta real pola igualdade de oportunidades e por seguir mellorando a calidade do proceso educativo no CEIP Plurilingüe de Nadela. 
A espera mereceu a pena. 
“tintileorecomenda

O verán xa está aquí e as vacacións son o momento perfecto para viaxer a mundos fantásticos sen marchar da casa. Por iso...
23/06/2026

O verán xa está aquí e as vacacións son o momento perfecto para viaxer a mundos fantásticos sen marchar da casa. Por iso, preparei con moito agarimo as recomendacións lectoras para este verán 2026.
Na nosa listaxe atoparedes historias incribles cheas de aventuras e misterios que vos acompañarán nos días de sol e praia. Hai opcións ideais para todas as idades, pensadas para que sigamos aprendendo e gozando xuntos da maxia dos libros.
Podedes consultar todas as miñas propostas no blog do colexio.
Ide preparando un oco na maleta para a lectura.

19/06/2026

Hoxe pechamos un novo curso escolar, cheo de aprendizaxes, risas, xogos, amizades e momentos que xa forman parte da nosa historia.

E como cada curso, despedimos con emoción ao noso alumnado de 6º de Primaria, que emprende unha nova etapa.

A xornada regalounos momentos inesquecibles. Gozamos da representación en inglés do alumnado de 6º, titulada" The Seven Little Goats and the Lonely Wolf". Unha representación chea de entusiasmo, na que o alumnado demostrou un excelente nivel de inglés e unha gran capacidade interpretativa

Tamén vivimos a gran final do noso concurso de Playback, na que as gañadoras foron Tatiana e Xiana, de 5º de Primaria. Parabéns pola vosa enerxía, ilusión e magnífica actuación!

E, para rematar este día, o noso alumnado participou na exhibición de ecopercusión na Praza de Santa María, unha das actividades infantís organizadas polo Concello, dentro da programación oficial do Arde Lucus, demostrando que a música, a creatividade e o traballo en equipo son capaces de crear momentos verdadeiramente máxicos.

Grazas a todo o alumnado, ás familias e ao profesorado por facer deste curso unha aventura inesquecible. Hoxe non remata só un curso escolar; hoxe levamos connosco lembranzas, emocións e aprendizaxes que quedarán para sempre nos nosos corazóns.

Feliz verán e ata a próxima aventura, familia do CEIP de Nadela!

Xa está dispoñible para a súa lectura a edición dixital do novo número da nosa revista escolar, “A voz de Nadela”.Nesta ...
19/06/2026

Xa está dispoñible para a súa lectura a edición dixital do novo número da nosa revista escolar, “A voz de Nadela”.
Nesta publicación recollemos unha escolma das actividades, proxectos e momentos máis destacados que vivimos no centro ao longo deste curso. Un traballo colectivo que reflicte o esforzo, a ilusión e a creatividade de todo o noso alumnado e do equipo docente.
Podedes acceder ao documento completo a través da ligazón que atoparedes na biografía do noso perfil. Tamén a poderes ler no blog do cole.
Grazas a todas as persoas que fixestes posible, un ano máis, que esta revista saia á luz. Agardamos que gozedes da súa lectura tanto como nós o fixemos preparándoa.

O noso alumnado demostrou ser digno herdeiro das mellores estratexias de Lucus Augusti no torneo escolar previo ao Arde ...
18/06/2026

O noso alumnado demostrou ser digno herdeiro das mellores estratexias de Lucus Augusti no torneo escolar previo ao Arde Lcvs. Despois de moita concentración, deportividade e grandes partidas ao xogo do soldado, volvemos a Nadela cun palmarés inmellorable en todas as categorías.
Queremos dar os parabéns a este auténtico cadro de honra:
Sofía e Marta, de 6° de Primaria, Rodrigo e Nuno do 2° Ciclo e Mateu de 2° de primaria!
Que orgullo ver o talento, o razoamento lóxico e o compañeirismo do noso alumnado desde o primeiro ata o terceiro ciclo! Sodes uns auténticos campións e campioas.
Moitas grazas ao Concello e ás asociacións locais por promover iniciativas lúdico-educativas tan potentes que conectan a infancia co noso patrimonio.
A quentar motores para o Arde Lvcvs!

Dentro das actividades programadas polo centro compartimos distintas sesións en educación infantil ao longo do curso de ...
10/06/2026

Dentro das actividades programadas polo centro compartimos distintas sesións en educación infantil ao longo do curso de lingua de signos. Grazas a Montse polo seu traballo.

Hoxe volvemos ter unha sesión de familia!Sonia, a nai de Lucía, veunos contar moitos aspectos relacionados coa súa profe...
08/06/2026

Hoxe volvemos ter unha sesión de familia!
Sonia, a nai de Lucía, veunos contar moitos aspectos relacionados coa súa profesión. Moitas grazas! Foi espectacular!

Onte , dentro das actividades programadas con familias de alumnos e alumnas tivemos a Marta e Pedro, pais de Luna, que t...
06/06/2026

Onte , dentro das actividades programadas con familias de alumnos e alumnas tivemos a Marta e Pedro, pais de Luna, que trataron de achegarnos ao mundo científico a través de experimentos moi interesantes. Moitas grazas por todo!!!!

Onte foi un día de aventura para o alumnado de 5º e 6º de Primaria!Gozaron dunha fantástica excursión a Roq Park en Vive...
06/06/2026

Onte foi un día de aventura para o alumnado de 5º e 6º de Primaria!

Gozaron dunha fantástica excursión a Roq Park en Viveiro, onde o noso alumnado viviu unha xornada chea de emoción, compañeirismo e diversión.

Entre pontes, circuítos e tirolinas, demostraron valentía, esforzo e moitas ganas de superarse. Ademais, tamén gozaron dunha divertida actividade de karts a pedais, onde as risas estiveron aseguradas.

Despois de tanta aventura, fixemos unha parada para contemplar as espectaculares vistas desde o Mirador de San Roque, cunha impresionante panorámica da ría de Viveiro. Alí merendamos e xogamos nun parque próximo antes de regresar.

Sen dúbida, unha experiencia inesquecible chea de bos momentos, convivencia e aprendizaxe fóra da aula.

Dirección

Campo Da Feira S/n
Lugo
27160

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Tintileo Nadela publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir