Arquivo Histórico Provincial de Lugo

Arquivo Histórico Provincial de Lugo O Arquivo Histórico Provincial de Lugo é un centro de titularidade estatal e xestión transferida desde 1989 á Comunidade Autónoma de Galicia.

O Arquivo Histórico Provincial de Lugo é un centro de titularidade estatal e xestión transferida dende 1989 á Comunidade Autónoma de Galicia. Depende organicamente da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e funcionalmente da Subdirección de Arquivos, dentro da Secretaría Xeral de Cultura. Actualmente custodia uns 18.000 m. de documentación, proceden

te de todos os ámbitos e sectores da provincia. Presta servizos ao público, á administración e aos investigadores. Ten a súa sede nun edificio funcional situado na rúa Cambria, nas proximidades do casco vello da cidade.

XUVENCIENCIA NO ARQUIVO HISTÓRICO PROVINCIAL DE LUGO.Os alumnos do Campus Xuvenciencia estiveron entre o 29 de xuño e o ...
03/07/2026

XUVENCIENCIA NO ARQUIVO HISTÓRICO PROVINCIAL DE LUGO.

Os alumnos do Campus Xuvenciencia estiveron entre o 29 de xuño e o 2 de xullo coñecendo o AHP de Lugo.
Xuvenciencia é un programa para alumnado de últimos cursos de ESO e BAC e de ciclos de FP co fin de que coñezan tecnoloxía, ciencia e humanidades de primeira mán e dispoñan de información para escoller o seu camiño no futuro.

Coñeceron as instalacións do centro, os depósitos, o taller de restauración e observaron os labores que realiza o persoal do arquivo cos fondos documentais. Ademais animáronse con prácticas de lectura de protocolos notariais, Catastro de Ensenada e co proceso técnico de libros da biblioteca do centro.
Foi un pracer contar con estes rapaces e rapazas, agradecemos o seu entusiasmo e desexamos que a súa estadía con nós fora de proveito.

No AHP de Lugo vimos de celebrar o   coa presentación do tombo 3 do Mosteiro de Penamaior (Becerreá).Este "libro mestre"...
10/06/2026

No AHP de Lugo vimos de celebrar o coa presentación do tombo 3 do Mosteiro de Penamaior (Becerreá).
Este "libro mestre" recolle información da orixe e fundación do mosteiro, das doazóns, privilexios reais e fai unha relación de ben e dereitos que lle pertencen.

O acto rematou coa actuación do quinteto de metal da Xove Orquestra de Lugo Terra Nova,dirixida por Nicolás Ravelli Barreiro.

10/06/2026

Os arquivos que compoñen o Sistema de Arquivos da Xunta de Galicia celebraron onte o coa presentación de distintos documentos escollidos pola súa singularidade. O AHP de Lugo presentou un tombo do mosteiro de Penamaior de Becerreá

O ARQUIVO HISTÓRICO PROVINCIAL DE LUGO CELEBRAO DÍA INTERNACIONAL DOS ARQUIVOS 2026O día 9 de xuño celébrase o Día Inter...
04/06/2026

O ARQUIVO HISTÓRICO PROVINCIAL DE LUGO CELEBRA
O DÍA INTERNACIONAL DOS ARQUIVOS 2026

O día 9 de xuño celébrase o Día Internacional dos Arquivos, que conmemora a creación do Consello Internacional de Arquivos pola UNESCO nese mesmo día do ano 1948. Este ano o lema "Archivos para la Justicia: Derechos, memoria y futuro" lémbranos que os arquivos son custodios da nosa memoria e garantes dos nosos dereitos coma cidadans.

Para celebrar esta efeméride, o Arquivo Histórico Provincial de Lugo ten previsto levar a cabo as seguintes actividades:

- Ás 12 da mañá terá lugar unha visita para coñecer as instalacións do centro e os labores de custodia e conservación que se levan a cabo sobre o patrimonio documental que alberga. É preciso poñerse en contacto co centro para concertar a visita

- Ás 19 horas presentarase un novo “documento singular”, neste caso o Tombo 3 do Mosteiro de Penamaior (Becerreá) escrito entre o séculos XVIII e XIX e que recolle informacións relativas á fundación do mosteiro, ás súas propiedade e aos privilexios e doazóns que lle outorgaron reis e nobres.

Por último desfrutaremos dun concerto a cargo dun Quinteto de vento metal da Xove Orquestra de Lugo Terra Nova, da que é director Nicolás Ravelli Barreiro.
A asistencia a estes actos é libre e gratuita.

DÍA DO LIBRO 2026 NO AHP LUGO.Con motivo do Día do Libro o vindeiro 23 de abril, presentamos esta mostra na primeira pla...
17/04/2026

DÍA DO LIBRO 2026 NO AHP LUGO.

Con motivo do Día do Libro o vindeiro 23 de abril, presentamos esta mostra na primeira planta do AHP Lugo durante a semana do 20 ao 24 de abril . Trátase dunha selección dos libros que compoñen a biblioteca da Casa Palacio de Bóveda e que se atopa no arquivo en réxime de comodato. Esta biblioteca entrou acompañando aos fondos do arquivo familiar cuxa descrición está dispoñible en Galiciana Arquivo Dixital de Galicia https://arquivo.galiciana.gal/arpadweb/gl/consulta/registro.do?id=1944266

Trátase dunha biblioteca orixinal con fondos encadernados pergamiño e pel e temática predominante de relixión e dereito. Co devir dos anos incorporáronse obras con encadernacións en rústica e a temática mudou cara a literatura (novelas de corte romántico e aventuras), arte, viaxes, etc.

Un interesante percorrido pola historia do libro que amosa a evolución do proceso de elaboración. De técnicas artesanais aplicadas a cada exemplar pasouse a un proceso industrial que abaratou o seu custe e fixo o libro máis accesible.

Inauguramos a exposición "Gabinete Fotográfico de Constantino Rodríguez Gutiérrez". Trátase dun conxunto composto por 37...
23/06/2025

Inauguramos a exposición "Gabinete Fotográfico de Constantino Rodríguez Gutiérrez". Trátase dun conxunto composto por 377 placas fotográficas entregado en depósito ao Arquivo polos netos do autor, D. Constantino Rodríguez Ramos e D Manuel Rodríguez Rubio, aos que queremos agradecer a súa xenerosidade para coa cidadanía e as institucións. Son iniciativas coma esta as que permiten que as institucións públicas custodien e difundan fondos de importantísimo valor e interese.

Cronoloxicamente abrangue o período aproximado entre 1894 e 1947. Ofrece imaxes realizadas por D Constantino Rodríguez Gutiérrez e outras de autoría diversa, mesmo algunhas anónimas. Entre os autores hai que sinalar especialmente as placas de Salvador Castro Freire, moitas das publicadas en “Lugo y sus hombres”, que viu a luz en 1951.

O acto de inauguración é hoxe, 23 de xuño ás 19.00, na sala de exposicións do arquivo, e por suposto, estades todos invitados. Esperámosvos!!

Con gran pesar compartimos la noticia del fallecimiento de Antonia Heredia Herrera. Lamentamos profundamente la pérdida ...
10/10/2024

Con gran pesar compartimos la noticia del fallecimiento de Antonia Heredia Herrera. Lamentamos profundamente la pérdida de sus familiares, amigos y compañeros a los que enviamos un fuerte abrazo

Fallece la archivera más importante del mundo iberoamericano, maestra de generaciones de profesionales a ambos lados del Atlántico

10/10/2024

AVISO
POR RAZÓNS TÉCNICAS, NO MES DE OUTUBRO, ESTE ARQUIVO ATENDERÁ Á CIDADANÍA ENTRE AS 8:30 E AS 14.30 HORAS. DESCULPEN AS MOLESTIAS
AVISO
POR RAZONES TÉCNICAS, DURANTE EL MES DE OCTUBRE, ESTE ARCHIVO ATENDERÁ A LA CIUDADANÍA ENTRE LAS 8:30 Y LAS 14.30 HORAS. DISCULPEN LAS MOLESTIAS

01/08/2024

AVISO

A PARTIR DO LUNS 5 DE AGOSTO O ARQUIVO ATENDERÁ Á CIDADANÍA EN HORARIO ININTERROMPIDO DE 8.30 A 20.30 HORAS

AVISO

A PARTIR DEL LUNES 5 DE AGOSTO EL ARCHIVO ATENDERÁ A LA CIUDADANÍA EN HORARIO ININTERRUMPIDO DE 8.30 A 20.30 HORAS

Grazas por vir, e por agradecer!. Nós, sempre encantados de recibirvos e esperando que vos guste e vos interese o Arquiv...
03/07/2024

Grazas por vir, e por agradecer!. Nós, sempre encantados de recibirvos e esperando que vos guste e vos interese o Arquivo

Dirección

Cambria, S/N
Lugo
27002

Horario de Apertura

Lunes 08:30 - 20:30
Martes 08:30 - 20:30
Miércoles 08:30 - 20:30
Jueves 08:30 - 20:30
Viernes 08:30 - 20:30

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Arquivo Histórico Provincial de Lugo publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir