Outro Garañón na Muralla?

Outro Garañón na Muralla? Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Outro Garañón na Muralla?, Servicio social, Carril das Flores, Lugo.

Evitemos un novo atentado urbanístico en Lugo a dous patrimonios da Humanidade declarados pola con informes críticos da e

23/11/2025

Por que ICOMOS-España di que nas intervencións no Carril das Flores incúmprense determinacións fundamentais?

A Lista do Patrimonio Mundial da UNESCO, con bens cun valor universal excepcional, inclúe a Muralla de Lugo e o Camiño Primitivo de Santiago. Pero unha vez inscrito o ben na lista, hai que cumprir una serie de condicións de cara a UNESCO que demostren que se garante a súa boa conservación.

ICOMOS é una organización internacional asociada á UNESCO. No ano 2021, a súa sede en España emitiu un informe ao respecto da intervención que se pretendía facer no Carril das Flores e na esquina da Ronda da Muralla coa rúa San Roque, modificando o PEPRI. Ese informe foi solicitado polas delegacións en Lugo de ADEGA, do COAG, e Amigos do Patrimonio de Castroverde. Nese documento analízanse os informes previos emitidos pola entidade en 2017 sobre a citada intervención. Ao respecto deles, di que "“El informe de ICOMOS-España es positivo por su necesidad de actuación y tendrá el carácter de “favorable” si el documento que se apruebe definitivamente recoge las consideraciones indicadas." Ese informe remitiuse ao Concello no seu momento e volveuse remitir agora.

O problema é que o documento definitivo, aprobado en xaneiro de 2019, non foi sometido a exame e análise por parte de ICOMOS-España.

Tampouco foron sometidas a estudo e análise por parte de ICOMOS as intervencións realizadas despois, en 2021/2022, comprendidas no proxecto de urbanización. Nin tampouco as que se pretenden realizar agora.

Neste outubro de 2025, ICOMOS-España explicou nun novo informe, redactado a petición desta Plataforma, cal é o protocolo a seguir nas intervencións sobre bens inscritos na lista do patrimonio Mundial. Especifica que as avaliacións de impacto patrimonial inícianse no mesmo instante en que se considere calquera intervención que poida afectar ao Patrimonio Mundial, e que son procesos continuos no tempo ao longo de tres fases: inicial, de desenvolvemento, e final na que actuación se considera finalizada.

Deste xeito, enténdese por que ICOMOS-España resolve no novo informe que neste caso incumpríronse determinacións de carácter procedemental fundamentais.

Por iso, nun novo escrito, instamos ao Concello de Lugo a que tome en serio a protección dos bens incluídos na lista do Patrimonio Mundial, que ademais no caso de Lugo son extensos no seu territorio.

Entrevista a Camino Casabella, voceira da Plataforma "Outro Garañón... Na Muralla?", emitida este mediodía en Radio Voz ...
03/11/2025

Entrevista a Camino Casabella, voceira da Plataforma "Outro Garañón... Na Muralla?", emitida este mediodía en Radio Voz Lugo, sobre o último informe emitido por ICOMOS en outubro de 2025 en contestación a unha solicitude da Plataforma.

O informe pronúnciase ao respecto dos incumprimentos na protección de dous bens declarados Patrimonio Mundial, a Muralla e o Camiño Primitivo, no punto no que conflúen na cidade de Lugo.

Escucha este episodio de "Outro Garañón... Na Muralla?" Entrevistas gratis en iVoox. Entrevista a Camino Casabella, voceira da Plataforma "Outro Garañón... Na Muralla?" sobre o último informe emitido por ICOMOS en outubro de 2025.

Grazas a María Piñeiro do xornal El Progreso de Lugo polo seu artigo de hoxe, sobre o novo Informe de Icomos emitido en ...
02/11/2025

Grazas a María Piñeiro do xornal El Progreso de Lugo polo seu artigo de hoxe, sobre o novo Informe de Icomos emitido en contestación á nosa solicitude de análise das intervencións feitas e planeadas na confluencia do Camiño Primitivo coa Muralla Romana.

Estima como "dato alarmante" que no se le haya avisado de actuaciones en una zona con bienes que son Patrimonio Mundial y defiende que las autorizaciones para modificar el planeamiento "deberían anularse" por ese motivo

Grazas a Lugoxa por difundir esta importante noticia sobre os incumprimentos na protección de dous bens declarados Patri...
01/11/2025

Grazas a Lugoxa por difundir esta importante noticia sobre os incumprimentos na protección de dous bens declarados Patrimonio Mundial, a Muralla Romana e o Camiño Primitivo, no punto no que conflúen na cidade de Lugo.

O informe alerta que as administracións implicadas non solicitaron estudos de impacto patrimonial nin autorización ningunha da Unesco respecto das actuacións

01/11/2025
ICOMOS ALERTA DE INCUMPRIMENTOS NA PROTECCIÓN DA MURALLA DE LUGO E DO CAMIÑO PRIMITIVOO INFORME DA RESPOSTA Á SOLICITUDE...
31/10/2025

ICOMOS ALERTA DE INCUMPRIMENTOS NA PROTECCIÓN DA MURALLA DE LUGO E DO CAMIÑO PRIMITIVO

O INFORME DA RESPOSTA Á SOLICITUDE REALIZADA POLA PLATAFORMA OUTRO GARAÑÓN... NA MURALLA?

A Plataforma cidadá Outro Garañón….na Muralla?, da que ADEGA forma parte, solicitou recentemente a ICOMOS-España información sobre a necesidade de sometemento das distintas actuacións realizadas ou previstas no Carril das Flores, tramo viario de entrada do Camiño Primitivo no Recinto Histórico de Lugo, a exame ou análise da citada Institución.

As actuacións son:

A. Modificación puntual do PEPRI no quinteiro 214A, en xaneiro de 2019.
B. Proxecto de urbanización do quinteiro 214A, en outubro de 2021.
C. Proxecto de modificación de estrutura, en proceso de contratación.
D. Proxecto de reurbanización do Carril das Flores, en proceso de contratación.

En contestación á Plataforma, ICOMOS-España emitiu un informe no que se indica o protocolo que deben seguir as Administracións responsables da tramitación das actuacións que se pretendan realizar nos bens lucenses incluídos na Lista do Patrimonio Mundial –Camiño de Santiago e Muralla Romana- e nas súas áreas buffer.

O informe advirte o incumprimento das normas procedementais que conforman dito protocolo, en canto que as administración responsables non solicitaron estudos de impacto patrimonial nin autorización de ningún tipo da UNESCO ou de ICOMOS en relación coas actuacións indicadas, alertando do risco que supón para os bens inscritos na Lista do Patrimonio Mundial.

Ante a transcendencia destes feitos, ADEGA deu traslado do informe aos efectos de que se adopten as medidas oportunas para emendar a situación, así como para evitar que se volvan a producir, ao Concello de Lugo, á Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e ao Ministerio de Cultura do Goberno de España. Todo co fin de asegurar o mantemento das declaracións da UNESCO que protexen estes bens.

Pulsa no seguinte enlace para ler a noticia publicada na web de ADEGA, na que se pode descargar o citado informe de Icomos, e tamén acceder aos enlaces da delimitación dos ámbitos de Patrimonio Mundial do Camiño Primitivo, e da Muralla Romana de Lugo:

👉 https://adega.gal/novas.php?id=1708&sec=209

Non coñecemos a “Ciudadana” pero trátase dunha persoa que ten a sensibilidade necesaria para comprender o que ocorre nes...
25/10/2025

Non coñecemos a “Ciudadana” pero trátase dunha persoa que ten a sensibilidade necesaria para comprender o que ocorre nese anaco da cidade.

Estamos de acordo con todo o que di, tamén ao respecto da edificación que pretenden derrubar.

Comentario á noticia publicada por El Progreso o 18/10/2025:
Luz verde a la transformación de Carril das Flores, al lado de la muralla de Lugo

https://www.elprogreso.es/articulo/lugo/luz-verde-transformacion-carril-das-flores-lado-muralla-lugo/202510171527481916420.html

A única actuación respectuosa co Patrimonio é demoler toda a plataforma enteira e non volver a reconstruír ningún pedazo...
24/10/2025

A única actuación respectuosa co Patrimonio é demoler toda a plataforma enteira e non volver a reconstruír ningún pedazo dela de ningún xeito, non como recolle a obra adxudicada que a reconstrúe. Ten que verse a Muralla en todo o seu esplendor dende o Camiño Primitivo.

Todo moi bonito neste artigo do xornal “El Progreso”, todo moi verde, pero esta frase indica que o Concello de Lugo está...
05/10/2025

Todo moi bonito neste artigo do xornal “El Progreso”, todo moi verde, pero esta frase indica que o Concello de Lugo está metido nun lío e vai a ter que dar marcha atrás:

👉🏻"El organismo dependiente de la Xunta pidió algunas aclaraciones de los proyectos y que se le entreguen unidos, ya que aunque son dos obras en realidad puede considerarse una única intervención."

👇🏻
https://www.elprogreso.es/articulo/lugo/nueva-pasarela-carril-das-flores-pendiente-permiso-patrimonio/202509261349341910572.html

A nosa plataforma "Outro Garañón na Muralla?" xa emitiu un comunicado o pasado mes de abril afirmando que a adxudicación por medio de dous contratos menores da redacción de dous proxectos separados é unha chafallada, e non é a solución.

A adxudicación deses dous contratos menores fíxose mediante unha convocatoria á que non se lle deu publicidade, descoñecida pola ampla maioría dos profesionais da arquitectura, e foi concedida ás dúas únicas empresas que se presentaron.

Como dicíamos no comunicado,

"Consideramos as ditas intervencións como necesarias pero non suficientes porque
non resolven nin a problemática consecuencia da aprobación da modificación do
PEPRI no Quinteiro 214A nin outras existentes no ámbito. "

Tamén dicíamos no comunicado:

"Entendemos en primeiro lugar que a intervención a realizar debera adxudicarse
mediante un concurso de proxectos porque así o indica a Lei 9/2022 de Calidade da
Arquitectura. A razón é a especial complexidade debida a existencia de condicionantes
pola súa situación na traza do Camiño Primitivo e na zona de amortecemento da Muralla
Romana, ambos na Lista de Patrimonio Mundial da Unesco e Bens de Interese Cultural
(BIC) e, así mesmo, na contorna do Recinto Histórico de Lugo, tamén declarado BIC."

É o momento de que o Concello nos escoite dunha vez no referente á futura construción dunha barbaridade de edificio no Carril das Flores, no punto onde conflúen a Muralla e o Camiño Primitivo, barbarie aprobada polo Concello de Lugo en 2019. Será un edificio moi próximo á Muralla e cuns volumes esaxerados que non permitirán contemplar a Muralla e a Porta de San Pedro en condicións dende a rúa San Roque.

No caso de que se fagan esas obras previstas, vaise a consolidar o que xa foi mal feito en 2022: a construción dun muro que, estreitando o Camiño Primitivo no seu tramo de acceso ao Recinto Histórico, non permite a contemplación da Muralla en todo o seu esplendor dende esta vía histórica; a consolidación da entrada de parking do supermercado, e o aumento do tráfico rodado no Camiño, e en xeral todo o que se fixo dacordo co plan aprobado en 2019 polo Concello, que prevé a construción deste edificio de vivendas fóra da escala da cidade para beneficio privado, e que constitúe unha grave agresión ao Patrimonio histórico da cidade.

Estas intervencións feitas en 2022, e as que planea agora o Concello, fixéronse en beneficio da promotora dese edificio. Tal e como está deseñado, foi pensado para aproveitar a edificabilidade ao máximo e de xeito desproporcionado, e non para recuperar e poñer en valor a Muralla e ese tramo do Camiño Primitivo, en favor do interese xeral.

Non é correcto investir 1,2 millóns de euros nunhas obras que van a ser difíciles de reverter no futuro, e consolidarán o que xa se fixo mal.

Tamén pensamos que é necesario demoler a plataforma sobre o túnel, pero non debe reconstruírse, como está previsto nos plans actuais anunciados polo Concello.

Enlazamos a continuación a noticia do último comunicado da plataforma "Outro Garañón na Muralla?", e tamén o comunicado completo publicado o pasado mes de abril.

👇🏻
https://lugoxa.com/news/critican-a-actuacion-urbanistica-no-carril-das-flores-por-falta-de-planificacion-integral/95526/

👇🏻
https://www.facebook.com/share/p/17MkgaYCfj/

Tendrá tres metros de ancho y forma de L, desde Montero Ríos al Froiz y por delante de este

Moitas grazas, Lugoxa!
23/04/2025

Moitas grazas, Lugoxa!

A plataforma considera que estas actuacións, aínda que necesarias, "resultan insuficientes e carentes dunha visión integral"

Dirección

Carril Das Flores
Lugo
27002

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Outro Garañón na Muralla? publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Outro Garañón na Muralla?:

Compartir

Categoría