Lara Méndez López

Lara Méndez López 🫶 Comprometida con Lugo dende o Parlamento Galego. Fun Alcaldesa de Lugo, pdta. do Eixo Atlántico e vicepdta. da Deputación de Lugo. Enx. agrícola e nai. 🌹

25/08/2026
De celebración na Carballeira de Mosteiro coa XLI Festa do Emigrante de Pol! 🌍 Un día cheo de reencontros e un merecido ...
24/08/2026

De celebración na Carballeira de Mosteiro coa XLI Festa do Emigrante de Pol! 🌍 Un día cheo de reencontros e un merecido recoñecemento ao pregoeiro de hoxe, Manuel Abraira Fernández.

Grazas a todas as familias que volvedes cada verán para encher de vida o noso rural. Parabéns ao alcalde, Lino Rodríguez, por manter intacto este orgullo pola nosa terra. ❤️

22/08/2026

As placas homenaxe dos represaliados recollidas nas Pedras da Memoria de Ribadeo lévanme hoxe ata San Simón e Santo Antón.

Hoxe celebramos que estas illas sexan xa oficialmente Lugar de Memoria Democrática, tras anos de loita e reivindicación de tantas persoas e colectivos que nunca deixaron de reclamalo.

Un paso de dignidade, reparación e memoria que chega da man dun Goberno socialista.

Porque lembrar tamén é facer xustiza.

O domingo desfrutamos en    da súa XIX Feira de Artesanía e Gastronomía. 🧺 Un orgullo acompañar á veciñanza, ao alcalde ...
18/08/2026

O domingo desfrutamos en da súa XIX Feira de Artesanía e Gastronomía. 🧺

Un orgullo acompañar á veciñanza, ao alcalde Xosé María Arias e á presidenta da Deputación, Carmela López Carmela López , nunha xornada que pon en valor as nosas tradicións e impulsa a economía local. Parabéns polo éxito! ✨

17/08/2026

🤝 Recibimos na sede do Craega a visita de Lara Méndez, deputada no Parlamento de Galicia, enxeñeira agrícola e colexiada en Lugo.

Durante o encontro compartimos impresións sobre a situación actual da produción ecolóxica galega e o traballo que desenvolve o Consello.

A visita permitiu abordar o papel do sector eco como motor de calidade, sostibilidade e valor engadido para o rural galego 🌱💚

Unha boa oportunidade para seguir dando a coñecer o labor do Craega e reforzar o diálogo arredor da agricultura ecolóxica en Galicia.

O eclipse xa está aquí! ☀️🌑 Para gozalo ao máximo con seguridade e protexer os teus ollos, garda esta publicación e comp...
12/08/2026

O eclipse xa está aquí! ☀️🌑 Para gozalo ao máximo con seguridade e protexer os teus ollos, garda esta publicación e compártea con quen te vaia acompañar.

🕶️ O QUE SI DEBES USAR

Gafas homologadas co código ISO 12312-2 (as gafas de sol normais NON valen!).

Pausas frecuentes: Mira como máximo 3 minutos seguidos.

Telescopios ou cámaras: Só con filtro solar profesional colocado na lente exterior.

❌ O QUE NUNCA DEBES FACER

Cero inventos caseiros: Nada de CDs, radiografías ou cristais afumados.

Cero gafas de eclipse tras un telescopio: O calor da lente romperá o filtro e danará o teu ollo.

+ info: https://www.treseclipses.es

Profunda tristura e conmoción ao coñecer a nova do pasamento de Carlos Barceló, comandante da Garda Civil en Lugo. Un pr...
11/08/2026

Profunda tristura e conmoción ao coñecer a nova do pasamento de Carlos Barceló, comandante da Garda Civil en Lugo. Un profesional exemplar, moi querido e que sempre demostrou un gran compromiso e agarimo pola nosa provincia.

O meu máis sentido pésame e todo o meu apoio á súa familia, aos seus fillos e a todos os compañeiros e compañeiras da Garda Civil neste momento tan duro. Descanse en paz.

28/07/2026

📊 O PP de Rueda recoñece que o sistema de financiamento hai que reformalo, pero négase a sentar na mesa onde se negocia.

Mentres anuncia récords de gasto, segue deixando recursos sen executar. Porque non abonda con aprobar máis orzamentos: hai que investilos en sanidade, educación, dependencia e nos servizos públicos que precisa Galicia.

Este 25 de xullo unimos Galicia e Bos Aires para reivindicar a quen axudou a construir a nosa terra desde a emigración.A...
25/07/2026

Este 25 de xullo unimos Galicia e Bos Aires para reivindicar a quen axudou a construir a nosa terra desde a emigración.

A emigración non se toca. A Lei de Netos é un dereito e non imos permitir nin un paso atrás.

E dicimos máis, pedimos un novo Estatuto que blinde a vivenda, a sanidade, a educación e a dependencia.

Máis autogoberno para mellorar a vida da xente e para que ningunha nova xeración teña que marchar de Galicia por falta de oportunidades.

Hoxe despedimos a esa presenza constante que sostiña todo dende a ledicia discreta e o traballo calado. Alguén que, sen ...
21/07/2026

Hoxe despedimos a esa presenza constante que sostiña todo dende a ledicia discreta e o traballo calado. Alguén que, sen buscar o protagonismo, era imprescindible. Deixas un baleiro enorme, pero tamén un legado de xenerosidade que o tempo non poderá borrar. Grazas por estar sempre aí. Ata sempre.

Secretario de organización de Unións Agrarias, faleceu aos 65 anos

Dirección

Lugo

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Lara Méndez López publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir