Concello de Lobios

Concello de Lobios Páxina oficial do Concello de Lobios (Ourense).

🧘‍♀️𝐗𝐈𝐌𝐍𝐀𝐒𝐈𝐀 𝐓𝐄𝐑𝐀𝐏𝐄́𝐔𝐓𝐈𝐂𝐀 𝐄𝐍 𝐋𝐎𝐁𝐈𝐎𝐒 🧘‍♀️🏃‍♂️Co obxectivo de promover un envellecemento activo e saudable e contribuír ao...
07/09/2026

🧘‍♀️𝐗𝐈𝐌𝐍𝐀𝐒𝐈𝐀 𝐓𝐄𝐑𝐀𝐏𝐄́𝐔𝐓𝐈𝐂𝐀 𝐄𝐍 𝐋𝐎𝐁𝐈𝐎𝐒 🧘‍♀️🏃‍♂️

Co obxectivo de promover un envellecemento activo e saudable e contribuír ao benestar da nosa veciñanza, o Concello de Lobios pon en marcha unha nova actividade de Ximnasia Terapéutica.

💪 Unha oportunidade para manterse activo/a, mellorar a mobilidade e fortalecer a saúde, axudando tamén a previr lesións e favorecer unha mellor calidade de vida.

📅 Comezo: luns, 21 de setembro
📆 Días: luns e mércores
🕥 Horario: de 10:30 a 12:00 h
📍 Lugar: Multiusos de Lobios
📞 Inscricións: 988 448 000

👉 Anímate a participar e coida de ti a través do exercicio!

💚 Mellora a túa saúde, mellora a túa vida.

Esta actividade está organizada polo Concello de Lobios, coa colaboración da Deputación de Ourense .

🥾💚 𝐓𝐞𝐦𝐨𝐬 𝐮𝐧𝐡𝐚 𝐜𝐚𝐧𝐝𝐢𝐝𝐚𝐭𝐮𝐫𝐚 𝐪𝐮𝐞 𝐦𝐞𝐫𝐞𝐜𝐞 𝐨 𝐭𝐞𝐮 𝐯𝐨𝐭𝐨: 𝐏𝐑-𝐆 𝟐𝟔𝟖 𝐀𝐬 𝐎𝐥𝐚𝐬 𝐝𝐨 𝐑𝐢́𝐨 𝐌𝐚𝐨!🗳O PR-G 268 As Olas do Río Mao, en Ourense...
07/09/2026

🥾💚 𝐓𝐞𝐦𝐨𝐬 𝐮𝐧𝐡𝐚 𝐜𝐚𝐧𝐝𝐢𝐝𝐚𝐭𝐮𝐫𝐚 𝐪𝐮𝐞 𝐦𝐞𝐫𝐞𝐜𝐞 𝐨 𝐭𝐞𝐮 𝐯𝐨𝐭𝐨: 𝐏𝐑-𝐆 𝟐𝟔𝟖 𝐀𝐬 𝐎𝐥𝐚𝐬 𝐝𝐨 𝐑𝐢́𝐨 𝐌𝐚𝐨!🗳

O PR-G 268 As Olas do Río Mao, en Ourense, é un dos tres finalistas aos Premios FEDME 2026 ao Mellor Sendeiro Homologado de España. 🏆

Un recoñecemento que pon en valor un sendeiro situado no corazón da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés, un territorio de extraordinaria riqueza natural, biodiversidade e patrimonio histórico, ligado tamén á Vía Nova e ao patrimonio romano. 🌿🏞️

🗳️ A votación é pública, anónima e permite un voto por persoa.

📅 Podes votar ata o 31 de outubro de 2026.

💚 Desde o Concello de Lobios animámosvos a apoiar esta candidatura e a sumar o voso voto para que este sendeiro acade este importante recoñecemento.

🥾 Un voto polo sendeirismo galego. Un voto polo noso patrimonio natural. Un voto por As Olas do Río Mao.

👉 Máis info e acceso á votación: https://fedgalmon.gal/as-olas-do-rio-mao-candidato-a-mellor-sendeiro-homologado-de-espana/

Cada voto suma para acadar o obxectivo! 💚

Federación Galega de Montañismo

🏧📲 𝐐𝐮𝐞𝐫𝐞𝐬 𝐦𝐞𝐥𝐥𝐨𝐫𝐚𝐫 𝐧𝐨 𝐮𝐬𝐨 𝐝𝐨𝐬 𝐜𝐚𝐢𝐱𝐞𝐢𝐫𝐨𝐬 𝐚𝐮𝐭𝐨𝐦𝐚́𝐭𝐢𝐜𝐨𝐬?A Cruz Vermella, coa colaboración do Concello de Lobios e ABANCA, o...
07/09/2026

🏧📲 𝐐𝐮𝐞𝐫𝐞𝐬 𝐦𝐞𝐥𝐥𝐨𝐫𝐚𝐫 𝐧𝐨 𝐮𝐬𝐨 𝐝𝐨𝐬 𝐜𝐚𝐢𝐱𝐞𝐢𝐫𝐨𝐬 𝐚𝐮𝐭𝐨𝐦𝐚́𝐭𝐢𝐜𝐨𝐬?

A Cruz Vermella, coa colaboración do Concello de Lobios e ABANCA, organiza un obradoiro gratuíto para aprender e gañar confianza no uso dos caixeiros automáticos. 💙

Unha actividade práctica pensada para resolver dúbidas e coñecer mellor como realizar operacións habituais de forma sinxela e segura.

📅 Xoves, 10 de setembro de 2026
🕚 11:00 horas
📍 Edificio Multiusos Municipal de Lobios
🚗 Carretera de Portugal, 31-33

📞 Inscricións en Cruz Vermella: 988 451 438

👉 Se queres aprender, resolver dúbidas ou simplemente sentirte máis seguro/a á hora de utilizar un caixeiro automático, anímate a participar!

💚 Desde o Concello de Lobios apoiamos iniciativas que contribúen a mellorar a autonomía e as competencias dixitais da veciñanza.

| |

👩👩‍🦳👩‍🦱𝐒𝐞𝐫𝐯𝐢𝐳𝐨 𝐝𝐞 𝐚𝐮𝐭𝐨𝐛𝐮́𝐬 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐚𝐬 𝐮𝐬𝐮𝐚𝐫𝐢𝐚𝐬 𝐝𝐨 𝐏𝐫𝐨𝐠𝐫𝐚𝐦𝐚 𝐆𝐚𝐥𝐞𝐠𝐨 𝐝𝐞 𝐃𝐞𝐭𝐞𝐜𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐏𝐫𝐞𝐜𝐨𝐳 𝐝𝐨 𝐂𝐚𝐧𝐜𝐫𝐨 𝐝𝐞 𝐌𝐚𝐦𝐚O Programa Galego d...
07/09/2026

👩👩‍🦳👩‍🦱𝐒𝐞𝐫𝐯𝐢𝐳𝐨 𝐝𝐞 𝐚𝐮𝐭𝐨𝐛𝐮́𝐬 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐚𝐬 𝐮𝐬𝐮𝐚𝐫𝐢𝐚𝐬 𝐝𝐨 𝐏𝐫𝐨𝐠𝐫𝐚𝐦𝐚 𝐆𝐚𝐥𝐞𝐠𝐨 𝐝𝐞 𝐃𝐞𝐭𝐞𝐜𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐏𝐫𝐞𝐜𝐨𝐳 𝐝𝐨 𝐂𝐚𝐧𝐜𝐫𝐨 𝐝𝐞 𝐌𝐚𝐦𝐚

O Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama facilita o acceso das usuarias á Unidade de Exploración Mamográfica, situada no Departamento Territorial da Consellería de Sanidade, na Avda. de Zamora, nº 13, Ourense.

🚌 Durante os días 21, 22, 23 e 24 de setembro, estará dispoñible un servizo de autobús coas seguintes paradas e horarios:

📍 GROU – diante da igrexa. Horarios de parada: 🕐 7:40 h | 11:25 h

📍 LOBIOS – fronte ao cuartel da Garda Civil. Horarios de parada:🕐 7:55 h | 11:40 h

📍 SAN MARTIÑO – Na Portaxe. Horarios de parada:🕐 8:00 h | 11:45 h

📍 XENDIVE – Praza da capela. Horarios de parada: 🕐 8:05 h | 11:50 h

📱 Cada usuaria recibirá un SMS no seu teléfono móbil, coa súa citación.

☎️ Para calquera dúbida ou consulta, está dispoñible o teléfono de atención ás usuarias: 981 14 14 14.

📲 Se fose necesario, tamén é posible cambiar a cita a través da aplicación Sergas Móbil.

💗 Desde o Concello de Lobios lembramos a importancia de participar nos programas de detección precoz, porque a prevención e o diagnóstico temperán son fundamentais para coidar da nosa saúde.

Sergas Ourense

🚜𝐁𝐚𝐧𝐝𝐨 -  𝐈𝐓𝐕 - 𝐕𝐞𝐡𝐢́𝐜𝐮𝐥𝐨𝐬 𝐚𝐠𝐫𝐢́𝐜𝐨𝐥𝐚𝐬 (𝐭𝐫𝐚𝐜𝐭𝐨𝐫𝐞𝐬)🚜Os titulares de VEHÍCULOS AGRÍCOLAS , que teñan pendente pasarlle a IT...
03/09/2026

🚜𝐁𝐚𝐧𝐝𝐨 - 𝐈𝐓𝐕 - 𝐕𝐞𝐡𝐢́𝐜𝐮𝐥𝐨𝐬 𝐚𝐠𝐫𝐢́𝐜𝐨𝐥𝐚𝐬 (𝐭𝐫𝐚𝐜𝐭𝐨𝐫𝐞𝐬)🚜
Os titulares de VEHÍCULOS AGRÍCOLAS , que teñan pendente pasarlle a ITV, poderán facelo na estación itinerante de Inspección Técnica de Vehículos, que estará en Lobios os días :

🗓 14 de outubro de 2026, en horario de 9,00 a 13,30 h e 15,15 a 18,00 h.
🗓15 de otubro de 2026, en horario de 9,00 a 13,30 h e 15,15 a 18,00 h.
🗓16 de outubro de 2026, en horario de 9,00 a 13,30 h.

📍 Lugar: explanada ao lado da piscina municipal de Lobios .

Solicitude de cita previa por calquera dos seguintes medios:
📞981 92 80 80

💻https://www.sycitv.com/es/cita-previa-particulares/

🚗𝐁𝐚𝐧𝐝𝐨 -  𝐈𝐓𝐕 - 𝐕𝐞𝐡𝐢́𝐜𝐮𝐥𝐨𝐬 𝐓𝐮𝐫𝐢𝐬𝐦𝐨𝐬🚗Os titulares de TURISMOS , que teñan pendente pasarlle a ITV, poderán facelo na esta...
03/09/2026

🚗𝐁𝐚𝐧𝐝𝐨 - 𝐈𝐓𝐕 - 𝐕𝐞𝐡𝐢́𝐜𝐮𝐥𝐨𝐬 𝐓𝐮𝐫𝐢𝐬𝐦𝐨𝐬🚗
Os titulares de TURISMOS , que teñan pendente pasarlle a ITV, poderán facelo na estación itinerante de Inspección Técnica de Vehículos, que estará en Lobios os días :

🗓5 de outubro de 2026, en horario de 9,00 a 13,30 h e 15,15 a 18,00 h.
🗓6 de outubro de 2026, en horario de 9,00 a 13,30 h

📍 Lugar: explanada ao lado da piscina municipal de Lobios .

Solicitude de cita previa por calquera dos seguintes medios:
📞981 92 80 80
💻https://www.sycitv.com/es/cita-previa-particulares/

🎉☀️ 𝐏𝐞𝐜𝐡𝐞 𝐩𝐨𝐫 𝐭𝐨𝐝𝐨 𝐨 𝐚𝐥𝐭𝐨 𝐝𝐨𝐬 𝐎𝐛𝐫𝐚𝐝𝐨𝐢𝐫𝐨𝐬 𝐝𝐨 𝐏𝐫𝐨𝐠𝐫𝐚𝐦𝐚 𝐝𝐞 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐢𝐥𝐢𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐝𝐞 𝐕𝐞𝐫𝐚́𝐧! 💚Chegamos ao final dun verán cheo de xo...
02/09/2026

🎉☀️ 𝐏𝐞𝐜𝐡𝐞 𝐩𝐨𝐫 𝐭𝐨𝐝𝐨 𝐨 𝐚𝐥𝐭𝐨 𝐝𝐨𝐬 𝐎𝐛𝐫𝐚𝐝𝐨𝐢𝐫𝐨𝐬 𝐝𝐨 𝐏𝐫𝐨𝐠𝐫𝐚𝐦𝐚 𝐝𝐞 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐢𝐥𝐢𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐝𝐞 𝐕𝐞𝐫𝐚́𝐧! 💚

Chegamos ao final dun verán cheo de xogos, aprendizaxe, creatividade, diversión e novas amizades para os nenos e nenas que participaron nos obradoiros do Concello de Lobios. 🥳🎨🎭

E para despedirnos como merecía a ocasión, celebramos unha Festa de Fin de Obradoiros na que os pequenos e pequenas puideron desfrutar xuntos dunha xornada moi especial. 🎈🎶🤸‍♀️

👏 Grazas a todos os nenos e nenas pola súa ilusión e entusiasmo, ás familias pola súa confianza e a todas as persoas que fixeron posible este programa.

💚 En Lobios despedimos o Programa de Conciliación cun sorriso… e con moitos bos recordos!🤩

🎨🖌️ 𝐔𝐧𝐡𝐚 𝐞𝐱𝐩𝐥𝐨𝐬𝐢𝐨́𝐧 𝐝𝐞 𝐜𝐨𝐫 𝐧𝐨𝐬 𝐎𝐛𝐫𝐚𝐝𝐨𝐢𝐫𝐨𝐬 𝐈𝐧𝐟𝐚𝐧𝐭𝐢́𝐬 𝐝𝐞 𝐀𝐠𝐨𝐬𝐭𝐨! 🌈Os nenos e nenas participantes nos Obradoiros Infantís d...
02/09/2026

🎨🖌️ 𝐔𝐧𝐡𝐚 𝐞𝐱𝐩𝐥𝐨𝐬𝐢𝐨́𝐧 𝐝𝐞 𝐜𝐨𝐫 𝐧𝐨𝐬 𝐎𝐛𝐫𝐚𝐝𝐨𝐢𝐫𝐨𝐬 𝐈𝐧𝐟𝐚𝐧𝐭𝐢́𝐬 𝐝𝐞 𝐀𝐠𝐨𝐬𝐭𝐨! 🌈

Os nenos e nenas participantes nos Obradoiros Infantís de Agosto, incluídos no Programa de Conciliación de Verán do Concello de Lobios, desfrutaron dun divertido obradoiro de pintura de figuras.

Unha actividade na que deixaron voar a imaxinación e a creatividade, experimentando coas cores e dando o seu toque persoal a cada figura. 🧑‍🎨👩‍🎨

💚 En Lobios seguimos aprendendo, creando e desfrutando xuntos dun verán cheo de actividades!

✨🎩 𝐀 𝐦𝐚𝐱𝐢𝐚 𝐜𝐡𝐞𝐠𝐨𝐮 𝐚𝐨𝐬 𝐎𝐛𝐫𝐚𝐝𝐨𝐢𝐫𝐨𝐬 𝐈𝐧𝐟𝐚𝐧𝐭𝐢́𝐬 𝐝𝐞 𝐀𝐠𝐨𝐬𝐭𝐨 𝐝𝐞 𝐋𝐨𝐛𝐢𝐨𝐬! 🎩✨Os nenos e nenas participantes nos Obradoiros Infantís...
30/08/2026

✨🎩 𝐀 𝐦𝐚𝐱𝐢𝐚 𝐜𝐡𝐞𝐠𝐨𝐮 𝐚𝐨𝐬 𝐎𝐛𝐫𝐚𝐝𝐨𝐢𝐫𝐨𝐬 𝐈𝐧𝐟𝐚𝐧𝐭𝐢́𝐬 𝐝𝐞 𝐀𝐠𝐨𝐬𝐭𝐨 𝐝𝐞 𝐋𝐨𝐛𝐢𝐨𝐬! 🎩✨

Os nenos e nenas participantes nos Obradoiros Infantís de Agosto, incluídos no Programa de Conciliación de Verán do Concello de Lobios, desfrutaron dunha xornada moi especial na que a sorpresa e a ilusión foron as grandes protagonistas. 🪄🤩

🎩 Trucos, misterios, risas e moita participación para descubrir que, ás veces, o imposible pode facerse realidade!

Unha actividade pensada para estimular a imaxinación, a creatividade e a capacidade de sorprenderse, pero sobre todo para pasar un rato divertido en compañía. 💫

📸🎥 Compartimos galería deste fantástico Obradoiro de Maxia.

💚 En Lobios seguimos facendo que o verán sexa unha aventura!

🧹 𝐓𝐫𝐚𝐛𝐚𝐥𝐥𝐨𝐬 𝐝𝐞 𝐥𝐢𝐦𝐩𝐞𝐳𝐚 𝐞 𝐦𝐚𝐧𝐭𝐞𝐦𝐞𝐧𝐭𝐨 𝐞𝐧 𝐂𝐎𝐌𝐏𝐎𝐒𝐓𝐄𝐋𝐀No Concello de Lobios continuamos levando a cabo tarefas  limpeza e man...
27/08/2026

🧹 𝐓𝐫𝐚𝐛𝐚𝐥𝐥𝐨𝐬 𝐝𝐞 𝐥𝐢𝐦𝐩𝐞𝐳𝐚 𝐞 𝐦𝐚𝐧𝐭𝐞𝐦𝐞𝐧𝐭𝐨 𝐞𝐧 𝐂𝐎𝐌𝐏𝐎𝐒𝐓𝐄𝐋𝐀
No Concello de Lobios continuamos levando a cabo tarefas limpeza e mantemento das vías, accesos e espazos públicos das nosas aldeas.
Desta quenda, os traballos realizáronse na localidade de COMPOSTELA.

👉 Estas actuacións permiten mellorar a imaxe da nosa contorna, favorecer a seguridade viaria e peonil e contribuír a un espazo máis coidado para toda a veciñanza.

🌿 Seguimos traballando por un Lobios máis atractivo e agradable para vivir e visitar.

Dirección

Carretera De Portugal, 27
Lobios
32870

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 14:30
Martes 09:00 - 14:30
Miércoles 09:00 - 14:30
Jueves 09:00 - 14:30
Viernes 09:00 - 14:30

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello de Lobios publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir