Laza PSdG - Grupo Municipal

Laza PSdG - Grupo Municipal Canle de información dos distintos servizos e actividades municipais para potenciar a participación cidadá, utilizando as novas tecnoloxías.

Van tres anos. ¡ Que día tan ilusionante! Pero ¿Quen contaba con traidores? Por un afán egocéntrico e de protagonismo de...
26/05/2022

Van tres anos. ¡ Que día tan ilusionante! Pero ¿Quen contaba con traidores? Por un afán egocéntrico e de protagonismo desmedido os dous de Mareas Locais, ficticiamente Xuntos por Laza, comezaron axiña a mostrar a súa verdadeira ideoloxia, alineàndose co PP, votando as súas mocións e propostas en contra do novo alcalde e, en definitiva, provocando a súa dimisión.
"Ignosce Illis, quia nesciunt quid faciunt"

17/01/2021

Ante a sesgada, a conveniencia e tendenciosa información que transmite o comunicado difundido por este medio do PP de Laza, creemos que debemos difundir tamén, tal cal, o texto da pregunta formulada no pasado Pleno dirixida ó alcalde para que cadaquén saque as conclusións que considere con coñecemento pleno de causa.

PREGUNTA SOBRE O PARQUE INFANTIL DE RETORTA
Para a construcción do Parque Infantil de Retorta, financiado en parte a través do Programa Leader, P.D.R. de Galicia 2014-2020, modificou vostede a ubicación da obra inicial, trasladándoa ás inmediacións da antiga escola
Certamente como o orzamento PDR non daba para máis (10.300€), pretendíase acometer o acondicionamento do recinto recreativo que se atopa na Ribeira, que, dito sexa de paso, é un campo do que desfrutan nenos, mozos e vellos. O traslado conlevou o incremento do orzamento a 40.922,83. Xa nos dirá con qué recursos o vai financiar, se con fondos propios ou procedentes dalgunha subvención. Tamén como xustifica este importante investimento, cando en Retorta non reside un só cativo. Existen outras necesidades prioritarias e máis acuciantes. No mesmo lugar o arranxo do desaugue e recollida das augas residuais que cada ano obriga a varias actuacións de desatasco, incluso a recorrer ó camión da Deputación que conleva un importante custo, pero en Carraxo hai necesidades urxentes como acometer o derrumbamento de terras baixo do Centro Social, acabar de pavimentar as rúas; en Toro arranxar os desaguisados que vostede montou coa compra de casas en ruinas, coma en Camba; en Cerdedelo arranxar o local social; no Pereiro a fonte; a Rectoral da Alberguería; a canalización de augas en Arcucelos; en Carraxó o alumeado e auga; en Trez acondicionar a rúa e axeitar o posteado do alumeado; o acceso ó Santo; a estrada das Eiras; en Laza finalizar o acondicionamento do tanque da auga ou o Regueiro da Rúa, arranxo que a proposta nosa se votou unanimente na moción en tal sentido presentada, e outras que, de mencionalas todas, farían moi longa a relación.
Observamos que ### doou ó Concello dous soares, situados beira da escola, dunha extensión total de 175 m2 (Un de 75 e o outro de 100), nos que se construíu o parque; doazón aceptada polo Sr. Alcalde, obviando sometela previamente o Pleno como esixen o artigo 64.2.n) da lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia e o art. 50.14 ROF.
Aparte de que por iso a aceptación da doazón adoece, ó noso xuízo, de nulidade, actuacións deste tipo ó non seguirse o procedemento regulamentario e non facerse de forma transparente sementan sospeitas entre a veciñanza; sospeitas que se alimentan cando se aprecia que:
1.-O informe do Técnico municipal para xustifica-la ampliación e o traslado do proxecto da Ribeira a parcelas cedidas por un veciño data de 01-10-20, sinalando que as obras de vaciado e recheo así como a construcción dun muro de contención e formigonado da plataforma alcanzarían un importe aproximado de 17.000€, co que se acadaría un orzamento global de 27.300€.
2.- Se elaboraron dúas Memorias Valoradas, por certo adxudicadas sen concurrencia competitiva a D. YYY, enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos, que formou parte da súa candidatura e que andou na precampaña electoral polas aldeas anunciando que estaba a elaborar planos para pavimentación das rúas.
• A primeira en agosto 2020 cun orzamento de 27.270,56 €
• A segunda en outubro por un orzamento de 40.922,83, posterior ó devandito informe do Técnico municipal
Ámbalas dúas reflicten os mesmos capítulos, as mesmas obras e o mesmo material, que se xustifica na cesión de dúas parcelas mais, coas que necesariamente tiña que contarse dende o proxecto inicial pois a cabida da parcela inicial era, a todas luces, insuficiente. Ese orzamento posterior e inflado alimenta as sospeitas de que detrás das doazóns hai intereses espurios e opacos.
Por outra banda no expediente tan só figura un orzamento para executar a obra engadida, formulado por EXCAVE, SL, por un importe de 16.330,00. Non consta cal foi o importe global da obra.
Non consta tampouco no expediente amosado o preceptivo informe de Patrimonio, non obstante situarse o emprazamento da obra próximo ó Camiño de Santiago. Coa cantidade de cartos que ten vostede cargado sobre as arcas do Concello por non recabar ou resultar desfavorable este informe ben podía reparar nelo e solicitalo previamente.
Deixando á marxe que a obra foi construida en terreo alleo, ó non ser aceptadas as doazóns polo Pleno, sabendo que 10.300€ procedentes do PDR foron destinados a MOBILIARIO URBANO E PARQUES DE CASTILLA, SL.
¿A canto ascende o importe global da obra?
¿Con que fondos a vai financiar? Se o ten que facer con fondos propios, leva vostede directamente a este Concello a bancarrota
¿Que empresas interviron e importe pagado a cada unha?
¿Sabía que en Retorta non hai habitualmente nenos?
¿Porqué non se recabou o informe de Patrimonio?
¿Canto lle pagou ó Enxeneiro redactor por cada Memoria?
Laza, 5 de xaneiro de 2021.
O VOCEIRO DO PSdG-PSOE

Vai un século, o 30 de octubre de 1920, saiu en Ourense o número un da revista " Nós. Boletín mensual da cultura galega"...
29/10/2020

Vai un século, o 30 de octubre de 1920, saiu en Ourense o número un da revista " Nós. Boletín mensual da cultura galega". Freada en seco pola sublevación de 1936, representa un fito na defensa da lingua e da literatura galega. Unha mágoa que a partires dentón por mor da Dictadura franquista, primeiro, e pola política lingüista da Xunta, despois, o noso idioma vaia en progresivo declive. A ver se o paramos.

📢 Para coñecemento xeral:📃 Transcribimos o texto a continuación, sen preámbulos.          ⬇️       ⬇️      ⬇️   ⬇️      ...
22/09/2020

📢 Para coñecemento xeral:

📃 Transcribimos o texto a continuación, sen preámbulos.

⬇️ ⬇️ ⬇️ ⬇️ ⬇️ ⬇️

📢 Para coñecemento xeral:No último pleno do día 10 levamos outra  proposta: que se cubran as vacantes dos GES.
18/09/2020

📢 Para coñecemento xeral:
No último pleno do día 10 levamos outra proposta: que se cubran as vacantes dos GES.

📢 Para coñecemento xeral:No pasado pleno do día 10 tamén levamos a proposta da reapertura da pista de pádel.🎾
15/09/2020

📢 Para coñecemento xeral:
No pasado pleno do día 10 tamén levamos a proposta da reapertura da pista de pádel.🎾

📢 Para coñecemento xeral damos conta da moción verbo da necesidade de ARRANXAR O REGUEIRO DA RÚA, que LEVAMOS AO PLENO d...
13/09/2020

📢 Para coñecemento xeral damos conta da moción verbo da necesidade de ARRANXAR O REGUEIRO DA RÚA, que LEVAMOS AO PLENO do pasado día 10 de setembro.

Queremos que se solventen as necesidades dos veciños e veciñas e para iso traballamos, agora dende a oposición. Saúdos.

🔳 PRIMEIRA SENTENZA DO TSX sobre a relación laboral dos GES de Laza.📃 Comunicado do Grupo Municipal PSdG de Laza
06/09/2020

🔳 PRIMEIRA SENTENZA DO TSX sobre a relación laboral dos GES de Laza.

📃 Comunicado do Grupo Municipal PSdG de Laza

📢 Pleno extraordinario, xoves, 26 de agosto do 2020.▪️ Punto 2️⃣"Información sobre COVID-19"🩸👉🏼 Trala información do Alc...
27/08/2020

📢 Pleno extraordinario, xoves, 26 de agosto do 2020.
▪️ Punto 2️⃣
"Información sobre COVID-19"🩸
👉🏼 Trala información do Alcalde xustificando as medidas adoptadas e a de En marea propoñendo barridos por todas partes de desinfeccións, que obviamente non compartimos, fixemos a seguinte proposta:
Que no nome deste Concello, o Sr. Alcalde se dirixa ao Presidente da Xunta en demanda de que curse as instrucións necesarias para que:
✔️ Por parte da Consellería de Sanidade se dote de recursos humanos suficientes aos Servizos de Saúde Pública, asegurando a capacidade de resposta dos laboratorios e facendo as probas PCR ou outras que se adveren máis efectivas e rastrexos inmediata e eficientemente.
✔️ Pola Consellería de Educación conxuntamente coa de Sanidade se adopten as medidas necesarias para contar con suficiente persoal e aulas a efectos de poder respectar a ratio de alumnado/aula que recomenda a normativa COVID-19.

📑Achégase texto completo.
⬇️ ⬇️ ⬇️

https://www.diariodotamega.es/opinion/author/doeme-laza-asi-remata-carta-renuncia-do-exalcalde-jesus-blanco-conde/202007...
23/07/2020

https://www.diariodotamega.es/opinion/author/doeme-laza-asi-remata-carta-renuncia-do-exalcalde-jesus-blanco-conde/20200721233402009378.html?fbclid=IwAR3aNhC78Jsf6OhN7EnpEFiUJtjT0T8NnAhpn4mec0dBY_d-4dItINZJ1D4

O vindeiro venres ás 12:00 horas a Corporación municipal de Laza escolle novo alcalde, que pode ser un vello coñecida da vila, José Ramón Barreal. Só un entendemento entre os exsocios de Goberno -aínda que o duro texto de renuncia do rexedor non o facilita- podería impedilo. Jesús Blanco Co...

Dirección

Laza
32620

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Laza PSdG - Grupo Municipal publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Laza PSdG - Grupo Municipal:

Compartir