Concello de Laza

Concello de Laza Perfil oficial do Concello de Laza

04/05/2026
04/05/2026
👋👋ATENCION RESTRICCIONS DE TRAFICO👋👋❄️🌬️Prohibida la circulación de camiones desde el día 23 hasta nuevo aviso toda A52 ...
22/01/2026

👋👋ATENCION RESTRICCIONS DE TRAFICO👋👋

❄️🌬️Prohibida la circulación de camiones desde el día 23 hasta nuevo aviso toda A52 en OU (desde Rionegro del Puente, Zamora, hasta Ponteareas),

🌨️❄️N541 desde Barbantes (OU) a Cerdedo (PO),

❄️❄️AP 53 desde Santiago a Dozón

❄️☃️N120 desde Burgos a Ponteareas (afecta también a toda la provincia de Ou).

❄️☃️🌬️N525 completa tamén!!

SAIR DA CASA E UTILIZAR VEHICULO SOLO SI E IMPRESCINDIBLE.

O Concello de Laza ten en alerta o seu servizo de Emerxencias e Proteccion Civil, calquera incidencia a traves do telefono 112.

🫶🫶CONCERTO DE FIN DE ANO👏👏😀🍾🍾Canticos de Luz e Nadal.🪻🌾⛄️👋👋Imos despedir o ano 2025, esquecendo todo o malo que ocorreu,...
22/12/2025

🫶🫶CONCERTO DE FIN DE ANO👏👏
😀🍾🍾Canticos de Luz e Nadal.🪻🌾⛄️

👋👋Imos despedir o ano 2025, esquecendo todo o malo que ocorreu, sendo positivos para encarar ao ano 2026.🌳🌲

SALON DE ACTOS DO CONCELLO DE LAZA
SABADO 27 DE DECEMBRO
20:00 HORAS

🎼🎤Imos facelo coa música e o humor do cantautor da zona Emilio Rua e o escritor, compositor e amigo Xosé Carlos Caneiro.

☃️❄️Dende o Concello de Laza, desexámosvos a todos os veciños, amigos e seres queridos PAZ, FELICIDADE e que o ano 2026 sexa venturoso, traia ata as vosas casas todo aquilo bo que pedistes, achegue o amor e a felicidade aos vosos corazóns e que o celebredes en compañía e rodeados do afecto dos vosos familiares.🍾🍷

🥰 👏GRAZAS, GRAZAS, GRAZAS.👍👉🔥Despois da vaga de incendios sufrida durante as semanas pasadas na comarca de Monterrei, qu...
04/09/2025

🥰 👏GRAZAS, GRAZAS, GRAZAS.👍

👉🔥Despois da vaga de incendios sufrida durante as semanas pasadas na comarca de Monterrei, que rodeou o noso concello por varias frontes, vindo o lume desde Chandrexa de Queixa e Vilar de Barrio, despois desde Monterrei e Cualedro, e por ultimo de retorno desde Castrelo do Val, conseguimos co esforzo de todos paralo.🫷💪

🏫👏Desde o Concello de Laza preferimos deixar pasar uns días, ter visión do ocorrido, acougar ánimos, analizar a situación e facer balance, esperar a que a situación se moderase e evitar que no barullo seguísese animando a secuela incendiaria e confirmásese o que todos temiamos que era a unión cos incendios de Chandrexa ou Maceda.👏👍

🥰🏫 Agora desde a calma e con menos risco de incendios, aínda que é certo que segue existindo, desde o Concello de Laza queremos agradecer de corazón a todos aqueles que participaron na extinción, ben de forma directa ou indirecta, axudando de forma organizada e dentro da planificación establecida para evitar accidentes.🤝👍

👏👏Aos Veciños, de verdade fostes un exemplo de bo facer, día e noite, gardas organizadas, seguindo as instrucións ao pé dos profesionais, sodes únicos, merecédesvolo todo, o noso aplauso e recoñecemento, de forma destacada a aqueles que puxestes a vosa maquinaria e bens ao dispor de todos e traballastes como os que máis de forma desinteresada deixándovos a pel no intento de parar o lume, mil grazas.👏👏

🧑‍🚒🚒A profesionais que con xornadas interminables de moitas horas, sen descanso, sempre estivestes ao pé do lume, día e noite, de especial maneira non pode ser doutra forma, aos membros do servizo de Protección Civil de Laza co GES, Grupo de Emerxencias Supramunicipal á fronte, participando non só no noso concello, senón que tamén naqueles onde foi demandada a súa presenza pola gravidade da situación e o recoñecemento profesional que saben tedes, grazas por salvarnos foi unha das frases máis oídas.🚑🦸‍♀️

👏🦸‍♂️Á BRIF, Brigada de Reforzo en Incendios Forestais de Laza, non só pola súa intervención no noso Concello, se non polo seu exemplo de bo facer nos demais lumes nos que participaron, por todo o territorio, deixando sempre o pavillón e o bo nome de Laza ao grande, unha vez máis grazas.👏🚁

💪🛻Aos Bombeiros forestais da Xunta de Galicia, aos do distrito comarcal, como aos vindos de fóra doutras comarcas, o noso recoñecemento para todos vós, así como aos demais corpos de bombeiros que se desprazaron a colaborar, se non no noso concello noutros o cal permitiu ter aquí máis medios dispoñibles, mil grazas.👏👏👏

👏🦸Á UME, Unidade Militar de Emerxencias, coa cal tivemos a sorte de traballar de xeito conxunto, coordinados e organizados de forma que puidemos atender todas as frontes cun esforzo común, un agarimo especial para vós que estades tantos días fóra das vosas casas e das vosas familias, salvando as nosas, moitas grazas e ánimo.🚒❤️‍🔥

👏🚛A empresas de diferentes sectores que colaborastes con maquinaria e equipos arriscando o voso patrimonio por axudarnos, grazas.👏🛠

😀👏A eses heroes anónimos, mozos que desde Ourense desprazáronse para traernos aveños e axudar en labores de remate sen pedir nada a cambio, grazas por estar á nosa disposición, aos que nos facilitaron víveres e auga, a tantos que de forma anónima mandaron material, bocadillos, bebidas, dalgúns aínda hoxe non sabemos quen sodes para agradecérvolo, o noso agarimo e agradecemento para vós, agora unha vez rematado todo grazas, hoxe á parroquia de san Antonio de Padua de Balaidos, Celta de Vigo pola súa ultima subministración de auga potable por se se necesitase pos-incendios.🥰👏🤝

🥰🤝A todos sen distinción de ningún tipo, grazas e máis alá de críticas interesadas, isto é labor de todos, grazas polo voso esforzo e valor, toca traballar para levantar esta terra que xa empeza a ter os primeiros brotes verdes, entre todos levantaremos esta terra de novo. GRAZAS.👩‍👩‍👧‍👧🌲🌳

🙋‍♂️🌳🚒AVISO IMPORTANTE🚑🌲🤚Dende o concello de Laza facemos un chamamento á toda a veciñanza para que se extremen as preca...
14/08/2025

🙋‍♂️🌳🚒AVISO IMPORTANTE🚑🌲🤚

Dende o concello de Laza facemos un chamamento á toda a veciñanza para que se extremen as precaucións, sigamos as indicacións da central de emerxencias 112 e das autoridades competentes e permanezan atentos as comunicacións oficiais.

✋🚒Como de todos é coñecido o Concello de Laza dispón dun amplo dispositivo de atención ás emerxencias, constituído esencialmente pola AVPC de Laza e o Grupo de Emerxencias Supramunicipal, GES LAZA, estes días aciagos, en que a barbarie incendiaria arrasa a nosa comarca, o servizo estivo ao dispor das autoridades competentes as 24 horas do día, dentro do dispositivo de atención aos incendios.👈🚜

🤝🌲Estivemos traballando nos Concellos de Oimbra, Monterrei e hoxe en Cualedro, cos 3 camións contraincendios dispoñibles e o 100% do persoal a pleno rendemento reforzando todas as quendas, esta noite pasada 7 membros do GES e persoal voluntario con tractor e cisterna de auga actuaron con éxito nas localidades de Estevesiños, Mixos e a Pousa, Grazas de corazón.👈🌳

🥰👏Amosamos noso total apoio ás persoas afectadas por esta secuela de incendios e expresamos o noso mais profundo agradecemento aos equipos de emerxencias, voluntarios, GES, brigadas, bombeiros, UME, corpos e forzas de seguridade, persoal técnico e a todos aqueles que están a colaborar en poñer fin a esta situación traballando en condicións moi adversas.👍

✋Desde aquí queremos facer un chamamento a todos para que se extremen as precaucións, síganse as instrucións das autoridades e permanézase atentos a calquera comunicado oficial.🤚

🥰👏👏👏🦸‍♀️GRAZAS, GRAZAS, GRAZAS, aos traballadores do Concello que estes días sen horario están a arriscar a súa vida por salvar a dos demais.🦸‍♂️👏👏👏

😀Adquisición dun tractor desbrozadora👍🚜O Concello de Laza saca a concurso a adquisición dun tractor para tarefas de prev...
19/07/2025

😀Adquisición dun tractor desbrozadora👍

🚜O Concello de Laza saca a concurso a adquisición dun tractor para tarefas de prevención de incendios desbroces e limpeza de camiños publicos.👈

💪 Un tractor equipado con brazo-desbrozadora e desbrozadora mixta traseira con posibilidade de avance lateral horizontal e vertical.🌳

🏫 🫰Saiu a concurso, na plataforma publica de contratos de sector publico, por importe de 121.000,00€ IVA incluido, os participantes deberon ofrecer as características técnicas tanto do tractor como dos accesorios, así como as melloras ofertadas.👍🚜

👏🤝Maquinaria subvencionada por un convenio entre a Deputacion de Ourense e a Xunta de Galicia

👏✌️PASIÑO A PASIÑO. imos cumplindo o prometido💪✍️
🤝👍

👍👏ARRANXO DA ESTRADA DAS EIRAS😀💪👷A xunta de goberno local do Concello de Laza, celebrada no día de onte acaba de aprobar...
09/07/2025

👍👏ARRANXO DA ESTRADA DAS EIRAS😀

💪👷A xunta de goberno local do Concello de Laza, celebrada no día de onte acaba de aprobar o arranxo da estrada que circula entre Laza e as Eiras.👈

🏫 Dentro do Plan "CAMIÑA RURAL" da conselleria do Medio Rural en convenio co Concello de Laza, saiu hoxe a concurso a obra de arranxo da estrada das Eiras por un importe de 67.803,56€.🫰

🚧🚦As obras iniciaranse unha vez rematado o concurso que esta aberto durante un plazo de 15 dias habiles😀✌️

✌️EN ESTO SE INVIRTE O DIÑEIRO DO CONCELLO DE LAZA👍

🏫🤸LUDOTECA DE VERAN🤼‍♂️🌴😀👉O Concello de Laza organiza un ano mais a ludoteca de veran, con ampliación de horario, e prog...
12/06/2025

🏫🤸LUDOTECA DE VERAN🤼‍♂️🌴

😀👉O Concello de Laza organiza un ano mais a ludoteca de veran, con ampliación de horario, e programa de madrugadores para favorecer a conciliación da vida laboral e familiar.👏👏

🧘‍♀️🛝Aberto o plazo de inscripción para nenos dende 3 a 14 anos, que residan no Concello de Laza durante o veran, de cubrirse todas as plazas teran preferencia os nenos empadroados no Concello de Laza.👍

😃👉Totalmente gratuita para os nenos empadroados no Concello de Laza.😀👈

⏰⏳CUANDO: do 23 de xuño ata o 5 de setembro🧭🕰

🧚‍♂️🙋‍♀️Apuntate e disfruta do veran con nos.🪻🌍

👍🌙RENOVACION ALUMEADO PUBLICO🌟🚧O concello de laza saca a concurso a renovación da iluminación pública de 10 pobos, cun t...
11/06/2025

👍🌙RENOVACION ALUMEADO PUBLICO🌟🚧

O concello de laza saca a concurso a renovación da iluminación pública de 10 pobos, cun total de 358 farois. Cambiando o sistema actual e de gran gasto eléctrico por un sistema led con xestión automática de potencia e luminosidade.

👏👏👏Renovacion e mellora da iluminación pública de Trez, O Pereiro, Eiras, Vilamea, Castro, Tamicelas, Naveaus, Navallo, Carraxo e O Santo. Unha aposta polo rural mais pequeno.👷‍♀️👷

😀🫰Un investimento de 358.912,89€, financiado polo instituto para a diversificación e o aforro enerxético (IDAE), despois de quedar no posto nº 12 o proxecto presentado polo Concello de Laza nun concurso a nivel nacional, cun total 40 proxectos seleccionados.💪🥇

🏫⏰Empezaremos as obras nun breve prazo de 20 días polo que pedimos paciencia coas mesmas e na espera de se algún farol se avaría agora non merece a pena reparala, pois vai ser substituída en breve.💡🔌

😀PASIÑO A PASIÑO SEGUIMOS FACENDO CAMIÑO.😀

👏👏QUE BONITA SEMANA👏👏👨‍👩‍👦‍👦👨‍👩‍👧‍👧As casas NIÑO dá comarca de Monterrei deronse cita en Laza para compartir unha xornad...
08/06/2025

👏👏QUE BONITA SEMANA👏👏

👨‍👩‍👦‍👦👨‍👩‍👧‍👧As casas NIÑO dá comarca de Monterrei deronse cita en Laza para compartir unha xornada de convivencia.😀🤣

🥰👍50 nenos e as súas familias acompañados das coidadoras das casa NIÑO g***ron da hospitalidade do Concello de Laza, nunha xornada de lecer e convivencia na que g***ron dos medios e instalacións do concello de Laza.🏫🏞

✌️🚒Demostración e exhibición de medios do Servizo de Emerxencias do Concello de Laza, ademais de ver demostracións e coñecer os equipos puideron manexalos e utilizalos para sentir novas sensacións e experiencias.🚑🚕

👏Unha xornada de contacontos para rematar, gracias o gran Fran Guede, como sempre facendo as delicias dos pequenos.👍

🤝🫅Grazas ás casas NIÑO dos diferentes Concellos, por elixir o noso concello como lugar de visita, grazas a todos os que traballaron para organizar este convivencia especialmente como sempre aos membros do GES de Laza que tanto fixeron g***r aos nenos e as súas familias.👩‍🚒👨‍🚒

Quedamos emprazados para outra.

😃😃Aínda que non o pareza nalgunha foto, detrás do uniforme hai un neno, QUE FELICIDADE.🧚🌳

Dirección

Rúa Castiñeiro, 4
Laza
32620

Horario de Apertura

Lunes 08:30 - 14:30
Martes 08:30 - 14:30
Miércoles 08:30 - 14:30
Jueves 08:30 - 14:30
Viernes 08:30 - 14:30

Teléfono

+34988422002

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello de Laza publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Concello de Laza:

Compartir