Concello Larouco

Concello Larouco Larouco es un municipio español de la Comarca de Valdeorras provincia de Orense en Galicia.

Hoxe Feira do ano en Larouco.🛍️ Mercadiño 🐙 Polbo á feira 🍷Bo viño
14/08/2026

Hoxe Feira do ano en Larouco.

🛍️ Mercadiño 🐙 Polbo á feira 🍷Bo viño

Boas tardes a todos e a todas.Hoxe volveremos a xuntarnos no Castrillón, para vivir unha tarde moi especial.Hai un ano, ...
13/08/2026

Boas tardes a todos e a todas.

Hoxe volveremos a xuntarnos no Castrillón, para vivir unha tarde moi especial.

Hai un ano, esta terra viviu momentos moi difíciles. O gran incendio marcou as nosas vidas, deixou feridas, levou consigo paisaxes que queriamos e que formaban parte da nosa memoria, e puxo a proba a todos e todas nós.

Por iso hoxe non estamos aquí para celebrar aquel incendio, nin para esquecer o que pasou. Estamos aquí para lembrar. Para mirar cara atrás con respecto, con emoción e tamén con gratitude.

Gratitude, en primeiro lugar, por todas as persoas que estiveron aí cando máis falta facía: quen apagou o lume, quen axudou, quen abriu as portas das súas casas, quen veu doutros concellos, quen acompañou os veciños e as veciñas, quen simplemente estivo.

E tamén gratitude por algo que ás veces esquecemos: porque despois do lume, a vida continúa. E continúa porque hai unha xente que quere a súa terra, que a coida e que non se rende.

Hoxe queremos vivir esta tarde doutra maneira. Con emoción, pero tamén con esperanza. Con música, con cultura, con amizade e coa compañía de todos vós.

E que mellor maneira de facelo que coa música de Susana Seivane, unha música que nace das nosas raíces, da nosa identidade e desa maneira tan nosa de sentir e de expresar o que levamos dentro.

Que este concerto sexa tamén unha mensaxe: que o lume pode deixar cicatrices, pero non pode apagar o corazón dunha comunidade.

Que sigamos coidando a nosa terra, reconstruíndo, lembrando e mirando cara adiante.

Hoxe non celebramos o que pasou. Hoxe celebramos que estamos aquí.

Que estamos xuntos.

Que seguimos vivos.

E que seguimos tendo motivos para soñar cun futuro mellor para esta terra que tanto queremos.

Moitas grazas por estar aquí, por acompañarnos e por compartir esta tarde.

E agora si: que fale a música.

Que fale Galicia.

E que desfrutemos, ás oito e media da tarde, de Susana Seivane neste marco tan fermoso do Castrillón.

Patricia Lamela Rodriguez.
Alcaldesa do Concello de Larouco.

Nunhas horas,vai facer un ano ,que vivimos uns dias moi difíciles de esquecer para todos.Comezaba no noso Concello uns d...
13/08/2026

Nunhas horas,vai facer un ano ,que vivimos uns dias moi difíciles de esquecer para todos.

Comezaba no noso Concello uns dos maiores incendios da historia de España.

Foron 6 dias de cansancio,nervios,durmir pouco... pero crearon unha gran unión veciñal.
Maña imos a ter a oportunidade de falar de todo isto nesta iniciativa gratuita grazas os nosos veciños Ana e Jose Manuel .

AGARDÁMOSTE!!!

Hai lugares nos que a música soa diferente. O Castrillón de Larouco é un deles: historia e unha acústica natural que con...
09/08/2026

Hai lugares nos que a música soa diferente. O Castrillón de Larouco é un deles: historia e unha acústica natural que converten cada nota nunha experiencia.

O 13 de agosto, ás 20:30 h, recibimos a unha artista de altura: Susana Seivane, a nosa gaiteira que leva a música e a cultura galegas por escenarios de todo o mundo.

🎟️ Entradas á venda:
- Concello de 8:30 a 14:00
- Ton y Son e Ataquilla.com.

O 14 de agosto, Larouco Vivo convídate a presentación do libro *Ave Fénix: La Tierra Renace*, cuxa recadación contribuir...
03/08/2026

O 14 de agosto, Larouco Vivo convídate a presentación do libro *Ave Fénix: La Tierra Renace*, cuxa recadación contribuirá á reforestación das nosas montañas, e deseguido unha emocionante experiencia de playback teatral onde se xuntan cultura e o respecto pola nosa terra.

Agardámoste no Atrio da Igrexa de Larouco para compartir un día que nos lembre que sempre florece un novo futuro.

Dirección

Calle Comercio, 10
Laroco
32358

Horario de Apertura

Lunes 08:00 - 15:00
Martes 08:00 - 15:00
Miércoles 08:00 - 15:00
Jueves 08:00 - 15:00
Viernes 08:00 - 15:00

Teléfono

+34988348002

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello Larouco publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Concello Larouco:

Atajos

Compartir

Categoría