07/09/2026
🎊 Mañá, 8 de setembro, Día dos Milagres e festivo local no concello da Laracha! Comezan os actos lúdicos e recreativos das Festas con este cartel organizado pola Comisión de festas de Caión coa colaboración do Concello.
🕖 Ademais da sesión vermú e a verbena, tamén propoñemos o espectáculo de monicreques "Os monifates" para o público infantil e familiar, ás 19:00 h na praza Eduardo Vila Fano (en caso de chuvia, no Centro Sociocomunitario).