CastroDeza

CastroDeza Benvid@s a Castrodeza (Gastrodeza), un espazo orientado á conservación, divulgación e posta en va

13/08/2024
💥O recinto do castro de Palmou   foi alterado ó longo do tempo polas labores agrícolas, intensas na zona. Con todo, a xe...
10/08/2024

💥O recinto do castro de Palmou foi alterado ó longo do tempo polas labores agrícolas, intensas na zona. Con todo, a xente que traballaba nos arredores non as debía ter todas consigo xa que contan que...
“Hai enterradas tres trabes: unha de ouro, outra de prata* e outra de “lume de alcatrán” e as tres van beber ao río. Si se descobre primeiro a de ouro, un farase inmensamente rico; si se descobre a de prata* tamén, pero menos; e si se descobre primeiro a de “lume de alcatrán” producirase tal explosión e lume que os anacos dun mesmo poderían quedar espallados ata o castro de A Veiga ou de A Goleta, que son os máis próximos. Ata agora, con ese medo ninguén se atreveu buscar nas tres trabes.”

*Noutra versión a segunda viga é de marfil.

Recollida a Mª Eugenia Gil Pallares (Silleda, 2012) por Xoán Carlos García Porral no libro De Mouros, Mouras e Tesouros. A Comarca de Deza (Ed. Fervenza, 2017)

💥Por Galicia adiante é habitual atribuír os petróglifos con forma de ferradura á pegada do cabalo do Apóstolo Santiago. ...
25/07/2024

💥Por Galicia adiante é habitual atribuír os petróglifos con forma de ferradura á pegada do cabalo do Apóstolo Santiago. Como non podía ser doutra maneira, en tamén tivemos a súa visita. Na parroquia de Salgueiros, en , Daniel González Alén e Armando Vázquez recolleron a seguinte historia:
“Xunto aos castros de Pena Caravilla, os mouros saían a levar as bestas a beber á Fonte de Lareo, pero o Apóstolo Santiago veu loitar con eles, e o seu cabalo🐎deixou as ferraduras marcadas na pena.”

👉É ben sabido que o abandono dos castros foi por causa da intervención do Apóstolo⚠️🔍, tal como Antonio Presas recolleu en Cadrón, Concello de LALÍN :
“Os Castros eran sitios onde se refuxiaba a xente cando había guerras. Aquí tamén sucedeu iso, pero Santiago Apóstolo botou os mouros fóra de España. Dese xeito os castros deixaron de estar ocupados.”

Feliz !

⚠️🔍: Por se alguén non sabe, os mouros son os construtores e habitantes mitolóxicos dos castros e non teñen que ver cos mouros históricos, pero ás veces hai certa confusión. Tamén é ben sabido que hai castros nos que seguen habitando os mouros, aínda que non os vexamos....

💥Unha veciña de Larazo   contounos que a súa avoa lle dicía que se se atopaba cunha moura non debía mirarlle ós ollos👁️👁...
17/07/2024

💥Unha veciña de Larazo contounos que a súa avoa lle dicía que se se atopaba cunha moura non debía mirarlle ós ollos👁️👁️. Tamén que se lle daba algo💰que o gardara no peto e non o mirara antes de chegar á casa porque do contrario converteríase en borralla...

💥Lenda da Pena do MuíñoNa   hai recollidas máis de 500 lendas pero é unha ledicia cando podemos recoller unha máis, part...
10/07/2024

💥Lenda da Pena do Muíño

Na hai recollidas máis de 500 lendas pero é unha ledicia cando podemos recoller unha máis, particularmente nunha parroquia na que non había recollida ningunha. É o caso de Moneixas, ́n .
Nunha visita dentro das actividades que a Cruz Vermella organiza para os nosos maiores, dúas visitantes faláronnos dun penedo e das súas lendas, así que avisamos a Xoán Carlos García Porral para recollela máis polo miudo e incorporarala na súa páxina https://lendasdamourindadedeza.blogspot.com/2016/11/mapa-das-lendas-da-mourindade-na.html

👉A lenda: “A Pena do Muíño tiña forma de copa de champán, das de antes. Coma se fora un paraugas. De feito, cando chovía, acolliámonos debaixo dela. Intentaron derrubala con dinamita, pero non deron. A ela subiamos de nenos para xogar. Dela saía unha “muchacha” (moura) encantada seguida dunha galiña con pitiños. Tamén había unha serpe que saída da pena, poñía o rabo na congostra e, co impulso, pasaba para o prado que había do outro lado. Iso veuno meu avó."
Informante: Luisa Núñez Neira (Moneixas)

🕵️‍♀️E fomos ver de atopar o penedo...
O penedo é bo de atopar, ata está sinalizado, pero xa non está no estado que dou lugar ás lendas. Afortunadamente queda o patrimonio inmaterial, eses bens intanxibles que conforman a nosa identidade e a nosa alma.

Como curiosidade, nun caderno da Xeira de Deza de 1928 do Seminario de Estudos Galegos, conservados no Museo de Pontevedra consta a seguinte anotación: "Pena do Muiño (ou do encanto). Lenda moderna"
https://museo.depo.gal/-/xeiras-do-deza-moneixas

Dende aquí o noso agradecemento ás informantes e ó persoal de Cruz Vermella que nos axudou a localizalas.

08/07/2024

O proxecto da Deputación Pontevedra compón unha ruta arqueoturística integrada por 17 xacementos galaico-romanos da provincia de Pontevedra

De cada un deles tes información en detalle e curiosidades en 👉https://www.trazas.turismoriasbaixas.com/gl/inicio

💥Hoxe estase a desenvolver no Consello Da Cultura Galega a xornada “AS RODAS DO BRONCE FINAL EN GALICIA: ENTRE OS MORTOS...
04/07/2024

💥Hoxe estase a desenvolver no Consello Da Cultura Galega a xornada “AS RODAS DO BRONCE FINAL EN GALICIA: ENTRE OS MORTOS E PARA OS VIVOS” nas que entre outras moitas intervencións haberá a de Árbore Arqueoloxía e Restauración S. Coop. Galega sobre o xacemento de Outeiro Grande no Concello de LALÍN Lembrade que podedes seguir as intervencións en directo (ou en diferido) na canle de YouTube do Consello da Cultura:

XornadaAs rodas do Bronce Final en Galicia: entre os mortos e para os vivos4 de xullo de 2024 Santiago de Compostela As «rodas» son un tipo de xacemento de r...

💥O verán esta aquí!  O sol 🌞aínda non se decatou e para recordarllo volvemos ao horario estival😎:👉De luns a sábado (domi...
30/06/2024

💥O verán esta aquí! O sol 🌞aínda non se decatou e para recordarllo volvemos ao horario estival😎:

👉De luns a sábado (domingo cerrado)
👉De 10:00 a 15:00
👉Visitas guiadas ás 12:00

Planazo!
30/06/2024

Planazo!

💥Non sabes que facer na noite/día de San Xoán? O normal sería que saltaras o lume un número impar de veces nas moitas ca...
23/06/2024

💥Non sabes que facer na noite/día de San Xoán? O normal sería que saltaras o lume un número impar de veces nas moitas cacharelas da ...ata hai un barrio en Lalín coñecido como A Cacharela!
Pero... e se tes pirofobia🔥😱? Pois temos unha chea de encantadoras alternativas para ti!!

✅No Concello de LALÍN podes probar fortuna e acadar riqueza se escolles o obxecto adecuado da tenda que unha moura pon ese día no Castro de Cotarelo, en Goiás. Aínda que ás veces é un home que regala uns carbóns...ou se cadra non son carbóns.

✅Pola noite na Pena do Castro,en Castro de Cabras, vai comprobar se a moura que quedou escondida nunha cova cando botaron del ós mouros fai fume entre os penedos. No de Cristimil se cadra podes ver á moza que se transforma en cobra para ir tomar o sol e baixar beber ó río...a non ser que teña que gardar a súa galiña con pitiños de ouro!

✅No interior do Castro do Penedo en Doade podes escoitar o son dos muíños que os mouros botan a andar a partir da media noite. Non marches de alí porque se cadra este é o ano no que ó amencer, como ocorre cada 25 anos, aparece a súa moura seguida da súa galiña cos seus pitos. Tamén cada 25 anos aparece a galiña e os pitos de ouro entre as silveiras ó lado do Castro de Vilatuxe. Serás quen de atrapalos? Proba a túa puntería no de Riobó en Concello de Rodeiro , se consegues cuspir nos pitos brancos volveránse de ouro!

✅En Pazos no Concello de Silleda , tamén á media noite síntese gradar ós mouros cunha grade de ouro e uns bois encantados. Se te achegas á súa famosa fervenza antes de nacer o sol pode que vexas os bois de ouro co seu xugo, soliño e grade, tamén de ouro! De alí podes ir ó Castro de Cartimil en Siador a ver a galiña con pitos, ou á Peneda do Encanto no que a galiña con pitos indica que hai un tesouro enterrado.

✅Tés un colega cura que saiba ler e desler? Co escrito adecuado e resolución poderá desencantar o boi de ouro do Castro da Ponte – A Veiga. No Castro de Gresande proba a desencantar a muller que aparece en forma de cobra levándolle unha bica recién saída do forno. Lembra non nomear a Deus, á Virxe nin ós santos!

✅Na Pena da Frisca, en Toiriz , a galiña e os pitos saen por un burato da cova na que viven os mouros.

✅E que mellor que rematar mirando bailar o sol no Pico Mirón, entre Ollares e Carbia, onde no Coto das Catro Cornas o xefe dos mouros ten unha cadeira de pedra!
Para máis información destes e outros encantos da comarca:

https://lendasdamourindadedeza.blogspot.com/2016/11/mapa-das-lendas-da-mourindade-na.html

Dirección

Praza De Galicia 1
Lalín
36500

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando CastroDeza publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir