PSdeG-PSOE Lalín

PSdeG-PSOE Lalín Canle de Facebook da Agrupación Socialista de Lalín

Velaquí o Tempo de Lalín de agosto! Bótalle un ollo
01/09/2026

Velaquí o Tempo de Lalín de agosto! Bótalle un ollo

Mantivemos un encontro coa Sociedade de Caza e Pesca para coñecer de primeira man o seu traballo. Destacamos o seu compr...
01/09/2026

Mantivemos un encontro coa Sociedade de Caza e Pesca para coñecer de primeira man o seu traballo. Destacamos o seu compromiso co medio ambiente, a repoboación dos ríos e a labor fundamental das súas cuadrillas no control do xabaril para protexer a gandería. É urxente que as Administracións lles brinden máis apoio para que poidan seguir traballando.

31/08/2026

Quedan moitas cuestións sen resolver na crise da auga e nada garante que se poida repetir. Por iso, seguimos vendo necesaria a auditoría independente e que aclare que pasou para evitar que se volva s producir.

28/08/2026

O PP acaba de votar en contra da nosa proposta para impulsar un plan municipal para adaptar Lalín á calor, con máis espazos con sombra, máis fontes e espazos de acougo climático.

O seu principal argumento foi dicir que “Lalín xa ten moitas zonas verdes”. Tivo que explicarlle Alba Forno a diferenza entre zona verde e sombra.

Levamos xa tempo recibindo queixas ante o estado do paseo do Pontiñas, posto que acumula meses de deterioro, con pontes ...
27/08/2026

Levamos xa tempo recibindo queixas ante o estado do paseo do Pontiñas, posto que acumula meses de deterioro, con pontes rotas, zonas pechadas e elementos de descanso deteriorados que poden supoñer un risco para as persoas usuarias.

Pedimos que o Goberno acometa de inmediato as reparacións necesarias e porque este espazo ten que estar coidado, ser seguro e presentar a imaxe que merece Lalín.

Propoñemos un Plan de Sombra, Arborado e Acougoa Climáticos para Lalín. 🌳A moción que levaremos ao Pleno deste mes propó...
26/08/2026

Propoñemos un Plan de Sombra, Arborado e Acougoa Climáticos para Lalín. 🌳

A moción que levaremos ao Pleno deste mes propón facer un diagnóstico dos espazos públicos, identificar as zonas con maior exposición á calor e actuar con máis arborado, zonas verdes, estruturas de sombra, fontes e puntos de auga.

Tamén propoñemos crear unha rede municipal de acougos climáticos e que, a partir de agora, as novas obras, humanizacións e reformas incorporen criterios de adaptación ás altas temperaturas.

📍 Espazos como a Praza Europa amosan ben a necesidade de actuar.

Os veráns están cambiando. Toca preparar Lalín para eles.

❤️💛💜 A Asociación Manuel Ferreiro celebra a súa tradicional xuntanza en recordo do alcalde de Lalín asasinado no 36 polo...
24/08/2026

❤️💛💜 A Asociación Manuel Ferreiro celebra a súa tradicional xuntanza en recordo do alcalde de Lalín asasinado no 36 polos golpistas o sábado 5 de setembro. Anotade a data e inscribídevos:

🕢 13.30 H na Igrexa de Soutolongo
🍽️ 14.15 H Xantar na Carballeira do Rodo

📞 Reservas. 601 006 663 | 625 441 961

𝗖𝗢𝗠𝗨𝗡𝗜𝗖𝗔𝗗𝗢 𝗗𝗢 𝗣𝗦𝗢𝗘 𝗗𝗘 𝗟𝗔𝗟𝗜́𝗡 𝗦𝗢𝗕𝗥𝗘 𝗔 𝗚𝗥𝗔𝗩𝗘 𝗖𝗥𝗜𝗦𝗘 𝗡𝗢 𝗔𝗕𝗔𝗦𝗧𝗘𝗖𝗘𝗠𝗘𝗡𝗧𝗢 𝗗𝗘 𝗔𝗨𝗚𝗔O PSOE de Lalín considera que o acontecido este...
21/08/2026

𝗖𝗢𝗠𝗨𝗡𝗜𝗖𝗔𝗗𝗢 𝗗𝗢 𝗣𝗦𝗢𝗘 𝗗𝗘 𝗟𝗔𝗟𝗜́𝗡 𝗦𝗢𝗕𝗥𝗘 𝗔 𝗚𝗥𝗔𝗩𝗘 𝗖𝗥𝗜𝗦𝗘 𝗡𝗢 𝗔𝗕𝗔𝗦𝗧𝗘𝗖𝗘𝗠𝗘𝗡𝗧𝗢 𝗗𝗘 𝗔𝗨𝗚𝗔

O PSOE de Lalín considera que o acontecido estes días co abastecemento municipal de auga constitúe un dos episodios máis graves na xestión dos servizos públicos municipais dos últimos anos. Por iso, unha vez coñecida a dimensión do sucedido, queremos apuntar as seguintes cuestións:

1️⃣ 𝗗𝗲𝘀𝗱𝗲 𝗼 𝗽𝗿𝗶𝗺𝗲𝗶𝗿𝗼 𝗺𝗼𝗺𝗲𝗻𝘁𝗼 𝗲𝘀𝘁𝗶𝘃𝗲𝗺𝗼𝘀 𝗮𝗼 𝗹𝗮𝗱𝗼 𝗱𝗮 𝘃𝗲𝗰𝗶𝗻̃𝗮𝗻𝘇𝗮.
Desde que comezaron os problemas, o Partido Socialista actuou con responsabilidade. Estivemos en contacto coa veciñanza, recollendo información das diferentes zonas afectadas, trasladando a información dispoñible e mantendo unha actitude responsable ante unha situación especialmente delicada.
Tamén mantivemos a man tendida ao Goberno municipal porque, cando está en risco un servizo esencial, o primeiro é contribuír a resolver o problema. Pero exercer unha oposición responsable tamén significa fiscalizar a xestión cando algo falla desta maneira. E o sucedido é demasiado grave como para pasar páxina simplemente porque a auga comece a volver ás billas.

2️⃣ 𝗢 𝗖𝗼𝗻𝗰𝗲𝗹𝗹𝗼 𝗻𝗼𝗻 𝗽𝗼𝗱𝗲 𝗮𝗴𝗼𝗰𝗵𝗮𝗿 𝗮 𝘀𝘂́𝗮 𝗿𝗲𝘀𝗽𝗼𝗻𝘀𝗮𝗯𝗶𝗹𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲 𝗱𝗲𝘁𝗿𝗮́𝘀 𝗱𝗲 𝗔𝗾𝘂𝗮𝗱𝗲𝘇𝗮.
Aquadeza é a empresa concesionaria, pero o titular e responsable último do servizo público de abastecemento é o Concello de Lalín.
Por iso resulta insuficiente que o goberno municipal trate agora de situarse como un simple espectador que pide un informe á concesionaria. O que os veciños teñen dereito a saber é que mecanismos de control exercía o Concello, quen supervisaba o funcionamento do servizo e como foi posible chegar ao desabastecemento sen que se actuase antes.
Unha auditoría é necesaria e pode determinar as responsabilidades técnicas, pero non elimina as responsabilidades políticas pola supervisión dun servizo municipal esencial. Imos esixir que se depuren responsabilidades dentro do goberno local.

3️⃣ 𝑼𝒏 𝒎𝒊𝒍𝒍𝒐́𝒏 𝒆 𝒎𝒆𝒅𝒊𝒐 𝒅𝒆 𝒍𝒊𝒕𝒓𝒐𝒔 𝒑𝒐𝒓 𝒓𝒊𝒃𝒂 𝒅𝒐 𝒉𝒂𝒃𝒊𝒕𝒖𝒂𝒍 𝒆 𝒏𝒊𝒏𝒈𝒖𝒆́𝒏 𝒔𝒂𝒃𝒆 𝒆𝒙𝒑𝒍𝒊𝒄𝒂𝒓 𝒐𝒏𝒅𝒆 𝒇𝒐𝒓𝒐𝒏.
O Concello recoñece un incremento extraordinario do consumo 1.500.000 litros adicionais sobre unha xornada habitual. Dous días despois seguimos sen saber onde se produciu ese consumo extraordinario. Iso é inadmisible. É o momento de dar resposta ás dúbidas de veciños/as. Claramente o sistema non funciona e o que máis nos preocupa é que poidan volver desaparecer nuns días 1,5 M de litros.
Queremos coñecer onde foron eses 1.500 m³, a que horas se produciu o incremento, cando foi detectado, cando foi informado o Concello e que grandes consumos se rexistraron durante esas horas.

4️⃣ 𝑶𝒖 𝒏𝒐𝒏 𝒔𝒆 𝒅𝒆𝒕𝒆𝒄𝒕𝒐𝒖 𝒐𝒖 𝒏𝒐𝒏 𝒔𝒆 𝒓𝒆𝒂𝒄𝒄𝒊𝒐𝒏𝒐𝒖. 𝑨𝒔 𝒅𝒖́𝒂𝒔 𝒑𝒐𝒔𝒊𝒃𝒊𝒍𝒊𝒅𝒂𝒅𝒆𝒔 𝒔𝒐𝒏 𝒈𝒓𝒂𝒗𝒆𝒔.
Se un consumo extraordinario de 1,5 millóns de litros pode producirse sen que os sistemas permitan detectalo e reaccionar antes de que os depósitos cheguen a niveis críticos, o sistema de control fallou.
E se foi detectado e non se actuou a tempo, fallou a resposta. Ou non se enteraron ou non reaccionaron. En calquera dos dous casos necesitamos saber que pasou, porque se non sabemos por que ocorreu, tampouco podemos saber se pode volver ocorrer mañá.

5️⃣ 𝗖𝗮𝗿𝗲𝗻𝗰𝗶𝗮𝘀 𝗱𝗼 𝗻𝗼𝘃𝗼 𝗰𝗼𝗻𝘁𝗿𝗮𝘁𝗼 𝗱𝗲 𝗮𝗯𝗮𝘀𝘁𝗲𝗰𝗲𝗺𝗲𝗻𝘁𝗼
Cando en 2022 se tramitou e adxudicou a nova concesión do servizo municipal de abastecemento e saneamento, o Partido Socialista non apoiou a adxudicación e advertiu das carencias dun contrato que ía determinar durante anos a xestión dun servizo absolutamente esencial para Lalín.
Entre outras cuestións, reclamamos unha auditoría da rede de abastecemento, sistemas que permitisen monitorizar e detectar as perdas, unha maior dixitalización do servizo e a modernización das infraestruturas. Esas medidas non se incorporaron como reclamabamos. Agora vemos as consecuencias.

6️⃣ 𝗤𝘂𝗶𝗻𝗰𝗲 𝗵𝗼𝗿𝗮𝘀 𝗱𝗲 𝘀𝗶𝗹𝗲𝗻𝗰𝗶𝗼 𝗰𝗮𝗻𝗱𝗼 𝗮 𝘅𝗲𝗻𝘁𝗲 𝗻𝗲𝗰𝗲𝘀𝗶𝘁𝗮𝗯𝗮 𝗶𝗻𝗳𝗼𝗿𝗺𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻
Á crise da auga sumouse unha grave crise de información. Durante horas, os veciños e os negocios abrían as billas e non tiñan auga ou apenas tiñan presión. Mentres, o alcalde totalmente desaparecido e o Concello, tan áxil para publicar propaganda, permaneceu en silencio.
Levamos tempo denunciándoo: as canles municipais non poden funcionar como escaparate propagandístico do Goberno e desaparecer cando realmente son necesarias como servizo público.

7️⃣ 𝗢 𝗿𝘂𝗿𝗮𝗹, 𝗼𝘂𝘁𝗿𝗮 𝘃𝗲𝘇, 𝗲𝗻 𝘀𝗲𝗴𝘂𝗻𝗱𝗼 𝗽𝗹𝗮𝗻𝗼
Numerosas zonas do rural sufriron tamén cortes ou problemas de abastecemento durante horas e a recuperación do servizo foi máis lenta que no casco urbano. Porén, o reparto de auga embotellada concentrouse no casco urbano.
Queremos saber que alternativa se ofreceu ás persoas do rural que permaneceron sen abastecemento, especialmente ás persoas maiores ou con dificultades para desprazarse.

8️⃣ 𝗟𝗮𝗹𝗶́𝗻 𝗻𝗲𝗰𝗲𝘀𝗶𝘁𝗮 𝗻𝗼𝘃𝗮𝘀 𝗽𝗼𝗹𝗶́𝘁𝗶𝗰𝗮𝘀 𝗱𝗮 𝗮𝘂𝗴𝗮
A seca deixou de ser unha situación excepcional. O cambio climático está facendo máis frecuentes os períodos prolongados sen precipitacións, as altas temperaturas e os episodios de estrés hídrico.
Crespo segue respondendo cando o problema xa está enriba da mesa.
O PSOE leva anos reclamando planificación: control e monitorización das perdas da rede, recuperación das traídas veciñais, mellora das reservas, planificación ante períodos de seca e unha política da auga adaptada á nova realidade climática.
O Goberno do PP continúa priorizando outros investimentos, como os consistentes en desembolsos millonarios para mercar casas, mentres non existe unha resposta estrutural suficiente para un problema que se repite cada verán.

Dirección

Lalín
36500

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando PSdeG-PSOE Lalín publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a PSdeG-PSOE Lalín:

Atajos

Compartir