07/08/2026
O ALCALDE DAVID CARRERA VISITA OS NENOS E NENAS DO CAMPALAMA NA FESTA A ESCUMA DO CAMPAMENTO DE VERÁN
O alcalde da Lama, David Carrera, visitou este venres os nenos e nenas participantes no Campalama 2026 durante a Festa da Escuma celebrada no campo municipal de fútbol de Racelo. O rexedor estivo acompañado polo presidente da A Lama S.D., Marcial Peso, e pola concelleira de Igualdade e Servizos Sociais, Trinidad Fernández Oubiña.
A xornada, organizada pola A Lama S.D. coa colaboración do Concello da Lama, incluíu unha festa da escuma e diferentes inchables, que permitiron aos participantes g***r dunha mañá marcada pola diversión, os xogos e a convivencia.
A esta actividade acudiron tamén os nenos e nenas que están na Ludoteca Municipal no Multiusos da Lama como xeito de ampliar a diversión a todos os nenos e nenas do municipio sen excepción.
David Carrera compartiu uns momentos cos pequenos e interesouse pola súa experiencia ao longo desta edición do campamento. O alcalde agradeceu á directiva do club, aos monitores e a todas as persoas colaboradoras “o seu traballo e dedicación para ofrecer aos nosos nenos e nenas unha alternativa de lecer saudable durante o verán”.
O rexedor destacou tamén a importancia da colaboración entre o Concello e as entidades locais para impulsar iniciativas dirixidas á infancia e favorecer a conciliación das familias. “Campalama volveu converterse nun espazo de convivencia, aprendizaxe e diversión arredor do deporte. Desde o Concello seguiremos apoiando este tipo de actividades, que dinamizan o municipio e ofrecen aos máis pequenos experiencias que lembrarán durante moito tempo”, sinalou David Carrera.