05/08/2026
A CATIVADA DA LAMA COMBATIU O CALOR DO VERÁN COS "AQUAGAMES" ORGANIZADOS POLO CONCELLO E A OFICINA MUNICIPAL DE INFORMACIÓN XUVENIL (OMIX)
Os nenos e nenas da Lama pasaron unha tarde divertida de xogos onde a auga foi o fío condutor dunha serie de entretementos nos que os cativos foron os auténticos protagonistas baixo a atenta mirada das súas familias.
A Alameda da Lama transformouse nun espazo de xogos onde a auga e a diversión foron mitigando os calores do verán a través de probas e xincanas postas en marcha polas monitoras de anim@ocio Miudos.
Os xogos de socialización, cooperación e colaboración fixeron que a tarde dun mércores festivo fora moi divertida para os máis pequenos da casa e as súas familias.
Esta actividade enmárcase dentro do Verán Cultural posto en marcha pola Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) dependente do Concello da Lama.